#CMVMC

2025-09-13

Xa se achega o tempo dos cogumelos. En Galicia onde temos unha normativa específica, existen cada vez mais exemplos de Comunidades de Montes que autoxestionan este recurso endóxeno. #cogumelos #micoloxia #montesveciñais #cmvmc #collectiveaction #mushrooms #fungi + info sobre os coutos micolóxicos nos montes veciñais: sciencedirect.com/science/arti

Na imaxe vese un bonito exemplar de boletus cunha retícula moi vistosa
2025-07-16

Mentres a política forestal da Xunta de Galicia segue a estar ao servizo das celulosas varias (que non da aldeanía ou da cidadanía) e andan a tentar criminalizar as #CMVMC como responsableis dos lumes forestais, esta é a súa xestión paliativa: matar de fame aos e ás brigadistas arriscando as súas vidas.

galiciapress.es/articulo/polit

#lumes #Xunta #brigadistas

2024-11-15

Galicia Puteada... Esta era a temática central do exemplar número dous da revista El Ecologista , de decembro do ano 1979. Pode sorprender (ou cecais non) que moitas das problemáticas que aparecían neste número da revista sigan estando totalmente vixentes na actualidade (celulosas, defensa dos montes veciñais, alúmina, repoboacións forestais con especies de crecemento rápido, etc). O exemplar pódese consultar nesta ligazón: ecologistasenaccion.org/public #cmvmc #conflitoambiental #defensadoterritorio

Portada do número dous da revista el Ecologista de decembro de 1979 titulada Galicia Puteada
2024-11-15

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coruxo (Vigo) é un interesante exemplo de multifuncionalidade nas súas actuacións. As comuneiras e comuneiros desta comunidade de montes desenvolven diversas actividades desde o paradigma da sustentabilidade que se poden coñecer na súa páxina web. Organizan diversos cursos e actividades de voluntariado, por exemplo para o control das especies invasoras. Unha comunidade de montes ben interesante! comunidademontescoruxo.com/ #cmvmc #sustentabilidade

Aparece a portada principal da páxina web da Comunidade de Montes de Coruxo. Nesa web pódense coñecer as actividades que desenvolven desde a Comunidade
2024-11-10

Os Montes Veciñais en Man Común de Galicia e os Baldios de Portugal son propiedades comunitarias que contan con traxectorias sociais, económicas e ambientais moi semellantes. Velaquí o artigo "Montes Veciñais en Man Común e Baldios: Unha análise comparativa das propiedades comunitarias de Galicia e Portugal" no que se comparan ambas figuras de xestión colectiva do monte revistas.usc.gal/index.php/sem #cmvmc #accioncolectiva #montesveciñais #ostrom #recursosdeusocomun #comunidadesdemontes

Mapa no que se mostra a superficie de montes veciñais en man común de Galicia e a de baldios de Portugal
2024-10-20

Sempre é bo momento para lembrar os procesos de loita que tiveron lugar para a recuperación, desde finais dos anos setenta do século pasado, da propiedade do montes veciñais por parte das comunidades locais. O documentario de "O monte é noso" é o libro do mesmo título son bos materiais para facer esta lembranza. Pódese ver o documentario de Llorenç Soler do ano 1978 nesta ligazón: #accioncolectiva #montesveciñais #conflitosocial #cmvmc youtube.com/watch?v=XIVjPnQkE_

Aparece parte da carátula do documentario "o monte é noso" de  Llorenç Soler. Amósase unha manifestación que pide a recuperación do monte para a veciñanza

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.07
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst