#Medio

2026-02-27

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES SOBRE RISCO DE ELECTROCUCIÓN NO PARQUE INFANTIL DE RIBADEO

O pasado martes, 24 de febreiro, sobre as 13 horas, un membro desta plataforma observou que tres pícaros estaban agachados xunto dun portelo aberto na base do quiosco da música e que xa ían meter a man nunha instalación eléctrica con diversos elementos e cables espidos, seguramente para a iluminación do quiosco ou outros elementos eléctricos da zona. Inmediatamente avisou aos pais para que vixiaran aos cativos, pechou a portiña e chamou por teléfono á policía municipal, que amablemente tomou nota e dixo que xa avisaba a quen correspondese. O tema comentouse no noso chat, pero como demos por suposto que o concello actuaría inmediatamente non fixemos nada por divulgar o que podería ser un fallo humano sen máis. Pero hoxe venres 27, ás dez trinta da mañá, dando por suposto que o fallo estaría resolto fomos comprobalo e puidemos constatar que a portiña sigue coa pechadura pasada pero sen cerrar de chave, o cal significa que un cativo ou calquera persoa pode abrila e meter a man coas correspondentes consecuencias, maiormente hoxe que choveu e hai humidade no terreo. Non imos facer comentario algún, porque non queremos ofender a intelixencia da persoa observadora, pero tres días sen amañar este risco real de electrocución demostra como funcionan algúns.

PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

Ribadeo, 27 de febrero de 2026, 11.26 h.

#Medio #sociedade
2026-02-22

◾ECOLOGISTAS EN ACCIÓN INFORMA QUE LA NUEVA FÁBRICA DE YESOS EN CALAHORRA INCLUYE UNA CHIMENEA DE CALCINACIÓN DE 50 METROS DE ALTURA
Más información en: is.gd/a1JuoJ
AMBIENTE
▪ Visitenos también en la web lanoticia.es
- Facebook: bit.ly/2TG8sGw
- Twitter: bit.ly/35zj27v
- Instagram: bit.ly/2oMFCJ9

2026-01-31

165 incendios en Ribadeo dende 1983 a 2020

Si, ten habido 165 incendios en Ribadeo dende 1983 a 2020. Ao menos, ese é o número rexistrado na web https://servicio.mapa.gob.es/incendios/Search/PublicoPag?page=1&sBusqueda=soypm%3D0%26CA2%3D3%26Pr2%3D27%26Mu2%3D27%257c51%26ZIF%3D%26TI%3D%26AEP%3D-1&NumPag=100 do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

A ligazón que puxen, se alguén a mira en papel, é longa de máis, pero a correspondente á portada, non tanto: https://servicio.mapa.gob.es/incendios . Claro que indo á portada, hai que pasar por unha inscrición antes, pero tamén se ten acceso a unha procura máis pormenorizada. O malo é que o listado incendiario só vai do 1983 a 2020, no que respecta a Ribadeo e ao menos polo momento, aínda que permita poñérselle de 1964 a 2026.

En fin, moitos datos consultables aínda que non sexan dun manexo doado. Datos que inclúen, como se ve nas dúas ilustracións do primeiro e último incenio que aparece, a superficie total queimada e a parte de monte, a localización, a data, hora e duración, a causa do incendio e a ‘motivación’:

#Medio #sociedade
2026-01-28

Dende o Amazonas a Ribadeo

Dende o Amazonas a Ribadeo

Unha das frases moi citadas hai un tempo foi unha variante desta: se unha bolboreta move as ás no Amazonas, remata habendo un furacán en Ribadeo. Ben, a frase orixinal coido que se refería a Texas, e ocultaba que as probabilidades son moi pequenas, incidindo polo contrario en que existe a probabilidade, aínda que nos pareza imposible, un fenómeno sen control, que se nos escapa. E é que si, a frase só tenta poñer en coñecemento da xente un tema científico, nomeado como a teoría do caos.

Volvendo ó Amazonas, todo o mundo sabe que é o visible pulmón verde do planeta, e que pola deforestación está pouco a pouco deixando de selo. En maior ou menor medida, segundo o goberno que lle toque, pero hai moito tempo que está a perder superficie arborada a un ritmo grande, que se non lembro mal se chegou a cuantificar como varios campos de fútbol por minuto, ou algo así. A cifra concreta é variable co tempo e é o de menos, a cantidade asusta de calquera xeito e os efectos sobre o pulmón tamén. Tanto que, sen chegar a parar os cortes de árbores, tense tentado frear de diversos xeitos, e é motivo de crítica mundial. Máis aínda cando se está a revelar que debido a procesos asociados coa corta está a deixar a ser o pulmón planetario para pasar a ser un consumidor neto de osíxeno. Algo para nós imaxinable como un cancro de pulmón, o que provoca críticas fortes e acusacións xa non só a quen deforesta de xeito directo, senón ó goberno como representante de todo o país que acubilla a maioría do Amazonas, Brasil. É unha monstruosidade que afecta ó futuro de todos, e quen explota a selva e contribúe a ese desastre ambiental cóidase ben de tentar axitar boas causas para tentar compensar a imaxe do que está a facer, consciente de que está a facer mal para encher os seus petos.

A uns sete mil quilómetros da capital do estado de Amazonas (por poñer unha referencia na selva aínda hoxe inmensa de varios millóns de quilómetros cadrados) un pequeno pobo, Ribadeo, está facendo algo semellante ó que remato de describir. Cortas continuadas no seu arborado. Mesmo en proporcións moito maiores que no Amazonas: no Amazonas levan máis de medio século a toda máquina e as calvas, vistas por satélite, son evidentes, pero aínda unha proporción moderada de espazo. En Ribadeo, diminuto en comparación, dous anos abondan para que o arborado público se vexa notablemente minguado. Mais o proceso é semellante. Córtase e alégase de que é por un ben, mentres queda a superficie pelada, a terra á vista, os penedos listos para producirse desprendementos. Claro que as diferenzas, debidas a varios factores, dende a xa mencionada extensión dun e outro lugar á densidade de poboación, tamén son evidentes. Quizais o máis evidente sexa que no Brasil é a iniciativa privada quen corta, mentres os poderes públicos máis ben miran para outro lado. En Ribadeo son os poderes públicos os que se encargan de cortar, mentres a iniciativa comunitaria se enfronta á corta. E claro, en Ribadeo, é dicir, a moi pequena escala, considéranse máis cousas como a beleza ou a sombra que a cantidade de osíxeno producido, aínda que a incidencia no clima, o seu cambio e a mitigación do mesmo, estean aí.

E, no medio da emerxencia climática, novas enfermidades afectan ós xigantes verdes. É o caso das palmeiras, que quizais por ser vistas como o futuro dunha terra de sol no reino da chuvia e turismo motor da xentrificación, librábanse da corta…

#Medio
2026-01-26

◾ECOLOGISTAS EN ACCIÓN DENUNCIA LA MUERTE DE ESPECIES DEL MEDIO ACUÁTICO POR EL VACIADO DEL EMBALSE DE EL PERDIGUERO
Más información en: is.gd/PcicZI
AMBIENTE
▪ Visitenos también en la web lanoticia.es
- Facebook: bit.ly/2TG8sGw
- Twitter: bit.ly/35zj27v
- Instagram: bit.ly/2oMFCJ9

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.07
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst