#OlegadoDeMax

2025-06-12

😿 O verán é máis cruel cos gatos maiores

💔 Mentres as camadas de gatiños enchen as redes, moitos gatos adultos e seniors quedan invisibles... e cada día que pasa conta.

👉 No verán sofren máis ca nunca:

  • máis estrés
  • máis risco de enfermidade
  • menos opcións de atopar fogar

Ti podes facer a diferenza.

Descubre como:

🔗 olegadodemax.org/o-veran-e-mai

#GatosMaiores #AdoptaUnAvóFelino #OlegadodeMax #Adopta #Gatos #ProteccionAnimal

2025-06-06

🐾 Lucía foi un regalo hai 4 anos. Hai uns días foi abandonada como quen se desfai dun moble.

Non é xusto. Non é responsabilidade.

Agora busca un fogar que a valore polo que é: unha gata adulta, tranquila e chea de amor. 🖤

✍ Toda a historia →

🔗 olegadodemax.org/a-historia-de

#AdopciónResponsable #GatosAdultos #OlegadoDeMax #BenestarAnimal #Lucía #Galicia #Carballo

Lucía  gatiña negra
2025-06-04

📣 Este domingo 7 de xuño, de 19:00 a 20:00 h, hai concentración en María Pita (A Coruña) ✊

Defendamos a profesión veterinaria como piar do benestar animal e da saúde pública.

Non ao RD 666/2023. Non ao abandono institucional.

🐕🐈🐢🦅🐇🐹🐟🐍

✍ Máis info no artigo:

🔗 olegadodemax.org/en-defensa-da

#SaúdeAnimalSenBarreiras #VeterinariaLibre #BenestarAnimal #Galicia #OlegadoDeMax

2025-05-14

Área busca unha familia!

É alegre, sociábel, mimosiña e leva xenial cos seus compis.

Ten entre 4 e 5 aniños e adáptase tanto a piso como a casa con finca.

Encántanlle os paseos e vai de marabilla con correa!

Acollida ou adopción en Carballo (A Coruña).

Está esterilizada, vacinada e lista para coñecerte.

olegadodemax.org/animais/area/

#AdopciónGalega #Cadeliñas #Carballo #OlegadoDeMax #Acollida #AdopciónResponsable

2025-05-14

Kao merece unha segunda oportunidade.

Foi abandonado xunto ao seu compañeiro, que tristemente morreu atropelado.

Kao sobreviviu, e agora só busca unha familia que o coide como merece.

É sociábel, agarimoso e moi simpático.

Está en Carballo (A Coruña) e tamén valoramos acollida temporal.

Dálle un fogar a este cachiño de pan:

olegadodemax.org/animais/kao/

#AdopciónGalega #Perruquiños #Carballo #OlegadoDeMax #AdopciónResponsable #Acollida

2025-05-14

Outro desfeito máis do chamado "ser humano"...

Queo apareceu en estado crítico: deshidratación grave, infeccións e un tumor na boca. Non tiña chip. Ninguén o reclamou.

Agora está ingresado e loitando por sobrevivir.

Axúdanos a darlle unha segunda oportunidade:

olegadodemax.org/outro-desfeit

#Gatos #AbandonoAnimal #RescateAnimal #Carballo #OlegadodeMax #Doazóns

2025-05-07

Adoptar é un acto de amor… pero tamén un compromiso para toda a vida.

En O Legado de Max explicamos que significa de verdade unha adopción responsable, con exemplos reais, consellos e preguntas clave.

Léao aquí

#AdoptaConResponsabilidade #ProteccionAnimal #OlegadoDeMax #Adopción #Galicia

2025-04-21

Novos peludiños na web!

Estamos a actualizar a sección de os nosos peludos con gatiños e canciños adorables que buscan unha segunda oportunidade.

Cada un ten unha historia única, moito amor por dar... e só precisan un fogar.

Se non podes adoptar, axúdanos a difundir!

Cada compartido conta.

#Adopta #OsNososPeludos #OlegadoDeMax #Galicia #Protectoras #AdopciónResponsable

2025-04-19

O medo non se cura con berros.

Hai animais que veñen rotos por dentro. Non é culpa súa.

E tampouco se "arreglan" con adestramento duro nin castigos.

Neste artigo compartimos unha guía para axudar a un peludo con traumas:

como acompañar con respecto, cando pedir axuda profesional, e por que adoptar a un animal con medo pode cambiarche a vida.

Lévao con calma, lévao con amor.

🔗 https://olegadodemax.org/o-medo-non-se-cura-con-berros-como-axudar-a-un-peludo-con-traumas/

#AdopciónResponsable #EducaciónCanina #Protectora #Galicia #OlegadodeMax #ViveCanino

2025-04-15

✨ Un deses casos que reconcilian coa humanidade ✨

Rodolfo é positivo a leucemia, ten epilepsia e agora tamén insuficiencia renal. Non o tiña nada fácil… ata que apareceu Nicole.

Con só 17 anos acolleuno, e agora, con 18, decidiu adoptalo oficialmente.

Con contrato, con chip, con amor e sen medo.

Grazas por dar exemplo, Nicole. Grazas tamén á túa familia.

O mundo necesita máis xente coma vós.

Ler a historia completa

#AdopciónResponsable #HistoriasReais #GatosEspeciais #OlegadoDeMax #FediversoGaliza

2025-04-14

Scarlett precisa un fogar!

Apareceu soa nun campo, cheíña de garrapatas, famenta e débil... pero aguantou, loitou e agora está recuperada e lista para atopar unha familia que a queira de verdade.

É unha gatiña de 5/6 meses, agarimosa, sociable e negativa a leucemia e inmuno.

Se queres unha compañeira doce e forte, ela é perfecta!

Adopta ou difunde, cada xesto conta!

👉 https://olegadodemax.org/animais/scarlett/

#Adopta #GatosGalegos #Scarlett #OlegadoDeMax

2025-04-11

¡Candela necesita una casa de acogida temporal!

Esta peque está en tratamiento y necesita un lugar tranquilo donde recuperarse durante 7-15 días. Debe estar aislada de otros gatos por precaución, pero es muy dulce y agradecida.

Si estás por la zona de Carballo (A Coruña) y puedes ayudar, escríbenos por correo.

➡️ Más info aquí

#Acogida #Gatos #Protectoras #Galicia #OLegadoDeMax

2025-04-11

Candela precisa casa de acollida temporal!

Esta pequena está en tratamento e precisa un lugar tranquilo onde repoñerse durante 7-15 días. Ten que estar illada doutros gatos por prevención, pero é moi doce e agradecida.

Se estás pola zona de Carballo (A Coruña) e podes botar unha man, escríbenos por correo.

➡️ Máis info aquí

#Acollida #Gatos #Protectoras #Galicia #OlegadoDeMax

2025-04-05

🐾 CASO URXENTE – Axuda para este gatiño!

Esta preciosidade leva un abandono ás costas... con só 1 ano.

A súa familia deixouno no vete con cálculos na uretra e despois quixeron deixalo nunha protectora. Agora está cedido ao veterinario, pero o estrés podería facelo enfermar de novo.

É agarimoso, bo, e está en Coruña. Precisa un fogar urxente.

👉 Máis info e contacto

#Gatos #Adopción #Galicia #Coruña #ProtecciónAnimal #OlegadoDeMax

2025-04-05

Hoxe estaremos todo o día en Tenda Animal Carballo!

Vimos con moita ilusión e ganas de coñecervos.

Temos recollida de alimentos para os nosos peludiños e un Stand Solidario cheo de cousiñas!

Se queres colaborar, este é o momento perfecto.

Cada achega conta. Cada visita anima.

#Carballo #Protectora #Solidariedade #StandSolidario #RecollidaDeAlimentos #OlegadodeMax

As imaxes son do stand cun lote de cousas para humanos e peludos.

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.04
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst