#Sociedade

2025-06-17

PJ detém seis neonazis, incluindo um chefe da PSP. Encontradas armas 3D, algo inédito | Crime

A Polícia Judiciária (PJ) deteve seis pessoas esta terça-feira, 17 de Junho, por ligações ao grupo de extrema-direita…
#Portugal #PT #Europe #Europa #EU #abreconteúdo #Crime #Emdestaque #justiça #MinistérioPúblico #noticias #PolíciaJudiciária #portugal #sociedade
europesays.com/2170574/

2025-06-16

Un acto máis de irmandade

Adxunto nota de prensa:

VELEIROS DE LOKTUDI VISITARON RIBADEO

Tres barcos veleiros e un catamarán de Loktudi, a localidade bretoa irmandada con Ribadeo, recalaron o pasado mércores 11 á tarde ao porto deportivo de Ribadeo, de onde partiron o domingo 16 á mañá.

Durante a súa estancia estiveron acompañados por membros da Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi, que lles axudaron nas xestións para resolver a avaría dun deles, motivadora do abandono do mastro da embarcación no Golfo de Biscaia, e que lles mostraron os puntos máis emblemáticos da vila e do concello en xeral.

A visita finalizou cun pequeno convite de despedida, que serviu para establecer novas relacións entre as xentes de ambas vilas irmandadas, e para quedar emprazados para un novo reencontro, esta vez en Loktudi, durante a viaxe que os membros da nosa asociación realizaremos do 1 ao 9 do próximo mes de xullo.

Aproveitamos para sinalar que, por razóns de última hora, aínda dispoñemos da posibilidade de incorporar a algunha persoa máis no noso grupo, polo que invitamos a todas as persoas que poidan ter algún tipo de interese nesta iniciativa a informarse chamando ao 629 47 52 99.

ASOCIACIÓN DE IRMANDADE RIBADEO-LOKTUDI

  • Algunha cousa máis sobre a irmandade Ribadeo-Loktudi:
  • Exposición ‘A Bretaña que hai en nós’: 1 e 2

#sociedade

Escola Linuxescolalinux
2025-06-14

🎬 Tecnologia e Sociedade: Reflexões Através do Cinema 🤖🌐

Como o cinema e as séries retratam os avanços tecnológicos e seus impactos na sociedade? De Matrix a O Dilema das Redes, explore produções que provocam grandes reflexões sobre inovação, ética e o futuro.

Confira nossa seleção no blog 👉 nova.escolalinux.com.br/blog/t

2025-06-13

Sobre a andaina cívica entre centros de saúde en Ribadeo

Remato de recibir unha nota de prensa de hai un par de días, feita despois da andaina entre o centro de saúde actual de Ribadeo e o lugar do pretendido novo centro de saúde, é dicir, unha andaina relacionada coa sanidade en Ribadeo:

NOTA DE PRENSA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ARBORES

        O pasado luns, 9 de xunio, celebrouse unha xuntanza ordinaria para debater os resultados da Andaina Cívica convocada o sábado día 31 de maio e propoñer novas actividades para o sucesivo. 

        Tod@s @s @sistentes estiveron de acordo en que a andaina foi un éxito pese a non ter un prantexamento de manifestación e non ser unha convocatoria masiva. Xuntáronse sobre sesenta persoas, moitas delas incorporadas sobre a marcha sen previo aviso.

         Como proxecto a curto prazo acordouse redactar unha nota informativa sobre os inconvintes e posibeis vantaxes de pechar o actual Centro de Saúde e levalo a un punto tan lonxano como é a zona da estación de servizo, facendo fincapé en que o problema actual é a falta de persoal e non o estado do edificio que ben pode ser reparado e mellorado. En segundo lugar dirixirase un escrito ao Sr. Alcalde de Ribadeo preguntando se se tiveron en conta oos atrancos e inconvintes da nova ubicación que pretende a Xunta de Galicia e que apoia o concello. E en terceiro lugar convocarase unha charla informativa presencial ademais de seguir informado polos medios de comunicación e as redes sociais.

          Darase comprida información nos proximos días.

          Ribadeo, 11 de Xuño de 2025

#sanidade #sociedade

2025-06-08

Que é democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti.

Parafraseando a segunda parte dunha célebre poesía de Bécquer, podemos preguntarnos: ‘Que é democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti’.

A resposta anterior, que leva aparellada unha carga de dereito, tamén leva unha carga de deber, coa súa responsabilidade. E é ambigua no sentido de que o uso que se faga dela pode ser ‘para ben’ ou ‘para mal’, entendidas ambas opcións nun sentido amplo. Collamos así por unha banda o actual presidente norteamericano ou outro semellante, e por outra un defensor dos servizos públicos que pode ser o teu veciño. O primeiro arrógase algo parello ó que pretendía o rei Sol francés: ‘o estado son eu’. E tenta facer e desfacer ó seu antollo saltando por riba do que e de quen sexa, mesmo por riba da lei, como un vulgar facineroso con moito poder ou un vulgar rei aproveitado, destruíndo (ou tentando facelo) a quen se lle opón. A idea é sinxela: el é a democracia e non hai máis democracia que a súa. Polo tanto, el define o que é corrupción ou o que implica a defensa dos intereses dos EUA a máis de cales son, e pode cambiar de criterio segundo os seus propios intereses, como un propietario e director plenipotenciario dunha empresa privada nun entorno anarcoliberal. O segundo, ese veciño teu que loita polos dereitos de todos, tamén está encarnando nel a democracia. Pero neste caso, el non é o estado, senón o defensor do común. Non atopa unha frase tan impactante e rimbombante como a de ‘o estado son eu’, por máis que se achegue a aquel ‘unídevos, parias da terra’ da Internacional. Tampouco anda na súa procura. Nin se lle pasa pola cabeza facer e desfacer el só ó seu antollo destruíndo a quen se lle opoña. Non quere, non vai con el, pero tampouco podería, ou ó menos, resultaríalle abondo máis complicado que a Trump. A súa idea tamén é sinxela, atada ó universal ‘todos somos iguais baixo a lei’, unha lei que trate a todos igual e á que é o primeiro en someterse se o cumpre. Non está só, son lexión. Quizáis podamos dicir, ti máis eu, ‘somos’ lexión.

Tentei comparar no parágrafo anterior dous personaxes que pouco máis teñen en común que pertencer á raza humana e respirar no mesmo planeta. Teño claro que un é un ególatra detestable a quen lle importas ti o mesmo que o planeta enteiro, pois non existes mentres non te entrometas no seu camiño e non poda usarte e manipularte. O outro, podemos chamalo idealista, sabe que non está só e teno integrado nos seus xenes, polo que te considera aínda que non te coñeza e mesmo aínda que moitas veces saiba, co fastidio e contradicións internas correspondentes, que terá que enfrontarse a ti para ter o mellor para todos.

As imaxes que se pretenden nunca reflicten exactamente a realidade, e deixan fóra unha ampla gama intermedia. Pero dan iso, unha imaxe, que podemos manexar mentalmente para facernos cargo da situación. Para facérmonos nós, e non deixar ‘a situación’ en mans doutros, como se foramos seres privados do noso eu, viviramos nos ‘mundos de yupi’ de propagandas e desinformacións diversas, ou como se puidéramos illarnos nunha burbulla na que, á nosa escala, mandar como o presidente norteamericano ou calquera dictadorciño á súa escala particular.

#filosofía #política #sociedade

2025-06-07

Nota de prensa de amarinha.gal: Soberanía Dixital V, o Debate

amarinha.gal

Nota de prensa

20250607

Conforme foi anunciado, este venres 6 de xuño tivo lugar o debate Soberanía Dixital V: Intelixencia Artificial. Oportunidades e perigos. A biblioteca pública Viejo Pancho de Ribadeo acolleu un nutrido grupo de persoas para presenciar e participar no debate entre Mario Penelo e José Manuel Ventoso. Un debate que resultou áxil e interesante baixo a coordinación de Lucía Ferro. Nel tratáronse, cun sistema de quendas, diversos temas fundamentais relacionados coa IA, rematando nun coloquio que alongouse pola intervención do público. Asemade estaban na sala Adrián Rodríguez Sanjurjo e Inma Gregorio, autores de contribucións ó fanzine especial (8 páxinas, oito artigos, contando con artigos de, a máis dos citados, Alberto Gregorio Gómez, Xabier Irastorza e meu, Antonio Gregorio Montes) repartido no evento e que tiveron tamén unha pequena intervención. Asemade, Andrea Lombardía achegouse ó ordenador para amosar algún detalle de particulares creacións artísticas. Co interese suscitado, o acto alongouse máis do previsto. Pódese seguir en diferido na ligazón https://youtu.be/c3mhEnBri6c en vídeo (a excepción da rolda de preguntas) e en https://shorturl.at/eCBGc en audio [ambos, en baixo], e acceder a calquera dos fanzine xa editados en https://blogs.amarinha.gal/

Cara ó futuro, dicir que os eventos de Soberanía Dixital terán continuidade o próximo mes co tema do Dominio Público, dando unha visión xeral sobre a propiedade no mundo dixital e o uso público das ideas e creacións.

E lembrar que os documentos de anteriores encontros pódense atopar en https://blogs.amarinha.gal

https://youtu.be/c3mhEnBri6c

#blog #cultura #educación #sociedade

Escola Linuxescolalinux
2025-06-02

🎬 Tecnologia e Sociedade: Reflexões Através do Cinema 🤖🌐

Como o cinema e as séries retratam os avanços tecnológicos e seus impactos na sociedade? De Matrix a O Dilema das Redes, explore produções que provocam grandes reflexões sobre inovação, ética e o futuro.

Confira nossa seleção no blog 👉 nova.escolalinux.com.br/blog/t

ICL Notícias - Jornalismo Independenteiclnoticias.com.br@web.brid.gy
2025-05-31

TCU abre inscrições para concurso com 60 vagas e salários de até R$ 15 mil

fed.brid.gy/r/https://iclnotic

2025-05-29

Preparada a feira da ciencia de Ribadeo!

A trixésima edición da Feira da Ciencia en Ribadeo está xa preparada para o 11 e 12 de xuño. Eis o cartel:

Como complemento da entrada, as ligazóns á Galipedia para as biografías de Rosalind Franklin, Francis Crick, e James Watson.

As feiras de ciencia neste blog

As feiras de ciencia na versión vella do blog

As feiras de ciencia en FQ Ribadeo

#ciencia #sociedade

2025-05-29

Palabra e memoria en Viveiro

A iniciativa de educación social  “Palabra e Memoria”,  exposición fotográfica que recolle diferentes epitafios de cemiterios da Mariña; Inaugurada en Burela no mes de xuño de 2009, por iniciativa do cura Ramón Marful e con fotografías da fotoxornalista Pepa Losada, a mostra ampliouse con fotos de María Mon Geada e Aida López e percorreu varias localidades da Mariña antes de pasar polo Museo do Pobo Galego e polo Museo Provincial do Mar de San Cibrao.Por iniciativa dos emigrados de Mondoñedo en Buenos Aires, en 1921 o idioma galego foi gravado en pedra para o recordo eterno ao médico e escritor Manuel Leiras Pulpeiro. O novo modelo non tivo grande eco social e tiveron que pasar varias décadas para que reaparecese en Viveiro para a lembranza doutro escritor: Noriega Varela. Precisamente no ano en que lle foi dedicada a celebración das Letras Galegas ao “poeta da Montaña”, un estudante de Maxisterio de Vilameá -na Pontenova- deu o paso a plasmar por escrito palabras galegas en recordo de súa nai. Quen en 1969 rompía o tabú era o futuro pedagogo e escritor Xosé Lastra Muruais, pai de Xiana Lastra, a voz da “Banda da Loba”. Un decenio máis tarde, chegaría o célebre “Aquí xaz alguén que coa sua obra fixo que Galicia     durase mil primaveras máis”, en recordo de Álvaro Cunqueiro.INICIATIVA DE EDUCACIÓN SOCIALA localización e estudo destes textos comezou en cemiterios dos concellos de Burela, O Valadouro e O Vicedo, onde tamén se celebraron exposicións sobre esta mesma temática que tamén estivo presente na Casa da Administración de Sargadelos (2012) e na Escola de Arroxo (Lourenzá), en 2024. A iniciativa de educación social Palabra e Memoria, incluída dentro do Modelo Burela, promoveu un proceso de recuperación “desde cero”, ao estilo ave Fénix. Aínda que desde o final do século pasado se fixeron iniciativas de sensibilización, os resultados só comezaron a mellorar substancialmente nestes últimos dez anos (entre 2015 e 2025). A visión panorámica está agora “en aberto” nun mapa elaborado polo xornalista David Canto Veiga e divulgado en outubro de 2024 polo Consello da Cultura Galega. Desde ese momento, unha auténtica “selección galega de visualización” formada por máis dun cento de persoas percorre Galicia con libreta, bolígrafo e teléfono,  realizando un auténtico "paseo investigador" polos cemiterios locais. O seu obxectivo: visualizar os epitafios, facer recollida dos máis chamativos e plasmar a información nun breve informe para poder realizar máis tarde un estudo en detalle dos materiais recollidos.Despois da recollida de datos de case 75 000 familias, repartidas por 200 concellos, a porcentaxe de inscricións funerarias en que aparecen as palabras "muller", "home", "fillos" ou "netos" está en tendencia emerxente. O cambio débese ao relevo xeracional e á mellora na atención das empresas funerarias. Persoas alfabetizadas en galego nos primeiros anos da etapa democrática pasan agora a ocuparse do coidado do lugar en que respousan definitivamente os seus parentes (co cambio de xeración das persoas, cambia tamén a valoración e o uso do idioma) e pasan tamén a ter cargos de responsabilidade nas empresas do sector, o que facilita a superación de vellos obstáculos.INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA1)    Primeira exposición (Burela, 2009):2)    Cartografía realizada por colaboración popular:3)    Aplicación en Ribadumia:4)    Bande, 1924: https://www.youtube.com/shorts/HpapCAyMmn8-Proxecto Neo - Modelo BurelaIES PERDOURORúa do Instituto s/n. 27880 Burela -Lugo-Tlf:   +34 982 87 01 02  Fax: 982 870112http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro

#lingua #sociedade

ICL Notícias - Jornalismo Independenteiclnoticias.com.br@web.brid.gy
2025-05-29

Anvisa suspende suplementos vitamínicos vendidos para sono e dor muscular; veja lista

fed.brid.gy/r/https://iclnotic

2025-05-21

294 000 nacementos

Chego a unha noticia na constelación Putin-Trump-Ucraína. Mais en aparencia, non ten moito que ver. En aparencia. Resulta que, en Rusia, Putin está tentando lexislar/sacar adiante normativas e axudas para aumentar os embarazos, porque os nacementos teñen caído moito: 294 000 no primeiro trimestre de 2025 para un país de 146 000 000 habitantes.
Botemos algunha conta: serían 1 174 000 ó ano, o que significa unha taxa de nacementos de algo máis do 1,55 %, cousa de un terzo máis que que a galega. Claro que Galicia non está en guerra, pero a cambio, noutra orde de cousas, aínda que relacionado coa demografía, ten unha taxa (in)migratoria netamente maior.
Botando as contas doutro xeito: a 75 anos de media de vida pola que andan en Rusia, iso significaría que, de non ter cambiado a tendencia de nacementos e mortalidade, e sen considerar posibles migracións (coido que o goberno ruso polo momento máis ben considera a xenofobia que a atracción de inmigrantes) Rusia baixaría a cousa de 90 millóns de habitantes, menos de dous terzos da poboación actual. Unha baixada grande, maior que a que é previsible que terá unha Galicia na que estamos a vivir unha onda inmigratoria aínda cunha taxa de nacementos abondo inferior. Mais, aínda así, a poboación rusa superaría de lonxe a poboación da súa contrincante guerreira Ucraína, hoxe nuns 34 millóns de habitantes despois de ter acadado os 55 millóns a xeración pasada, na hora da súa independencia. Non está mal unha perda do 40 % da poboación en tres décadas…
Ate a China ten un problema demográfico. Despois dun terzo de século dunha política de fillo único para controlar o medre da poboación, agora téntase reverter con clama, aparentemente sen tanto éxito. Será que a China pasou a formar parte do ‘norte global’?
Mentres, a India segue a medrar despois de terse convertido nesta década no país máis poboado do mundo. Lembras cando circulaba aquela pregunta de que pasaría se todos os chinos se puxeran a saltar ó unísono? [Por certo, a resposta é ‘nada’] Pois agora hai máis indios que chinos houbo nunca, e nun espazo menor da metade. E mentres, outros, como Nixeria, medran aínda máis rápido relativamente. Así, ese país, Nixeria, cando eu era pequeno, tiña unha poboación comparable á de España. Hoxe a poboación de Nixeria é moito maior: multiplica por cinco á española, case duplicando á rusa e achegándose rápido á do conxunto da UE.
O mundo está a cambiar. Evidentemente, non é só a tecnoloxía, senón tamén tecnoloxía, entre outras moitas cousas…

#estatísticas #sociedade

Escola Linuxescolalinux
2025-05-21

🎬 Tecnologia e Sociedade: Reflexões Através do Cinema 🤖🌐

Como o cinema e as séries retratam os avanços tecnológicos e seus impactos na sociedade? De Matrix a O Dilema das Redes, explore produções que provocam grandes reflexões sobre inovação, ética e o futuro.

Confira nossa seleção no blog 👉 nova.escolalinux.com.br/blog/t

2025-05-19

Desprendemento

Na baixada de Obras Públicas cara ó peirao, hai agora mesmo un desprendemento a causa da chuvia de onte e esta noite pasada (domingo 18 a luns 19 de maio). As fotos non son miñas; é máis, non sei de quen son.

O desprendemento vese que é máis aparatoso que real, implicando sobre todo, vexetación, que sae cerca de catro metros dende o pé e abrangue algo máis na horizontal.

#sociedade

2025-05-17

Escribir sobre Pepe Mujica. Chamábase Mujica, non?

Escribir sobre Pepe Mujica. Chamábase Mujica, non?

Imaxe de Pepe Mujica en Commons, D.P.

Pasou o enterro, comeza o esquecemento. Pepe Mujica seguro que o comprendería, a vida segue. Eu, enténdoo, mais cústame aceptar o ‘natural’ esquecer o que pode servir como guía, algo que ilumina, un fito na humanidade. Diferente da invención da roda ou do establecemento do dereito de igualdade entre as persoas, por suposto, pero non menos fito.

Tentarase (ese ‘impersoal se’ tento que me inclúa) frealo. Construiranse diques contra ese esquecemento, como os xa comezados na Wikipedia (https://gl.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Mujica como exemplo)…

É recente a miña sorpresa ó ver que Mujica non levaba acento, que non era ‘Mújica’. Interpreteino como unha metáfora do meu descoñecemento dunha persoa á que fun descubrindo ó tempo que admirando.

Non é tan recente en min o querer escribir algo sobre el, se ben a súa morte precipitou a acción, e aínda que decidira que para min, o ‘minuto de silencio na súa honra’ durase algo máis, ata que percibira que rematara o que se pode chamar a pompa da circunstancia. Decidín esperar a que, como teño lido nalgures, os ‘aduladores que non teñen pensado seguir o seu camiño’ comezaran a dar por rematada a obra de teatro ó seu arredor.

Por outra banda, unha vez finado, rematada a súa historia, o mesmo respecto por el fai que me dea medo defraudar a súa memoria, a súa imaxe, o que representou e representa, pero sobre todo, sinxelamente, o que el foi. Ó fin, non hai tanto tempo que pouco coñecía de Mujica máis aló de tres ou catro cousiñas soltas e toda a carga de sentimento que leva consigo unha figura coa súa valía humana, mesmo despois de ter pasado por unha época terrorista. Si, foi terrorista quen despois chegou a xefe de estado coa democracia mentres tiña claro que primeiro seguía a ser unha persoa, e logo, do pobo, antes que outras moitas cousas que o puideran cualificar. Quen chegou a xubilado e rico en ser, que non cartos. Xubilado e filósofo no sentido de sabio, non de erudito. Líder na definición que abrangue o ir primeiro dando exemplo. E xubilado pero non para os máis: non se xubilou como persoa. É dicir, sabía entón (e aínda sei) o que pode saber calquera persoa corrente; posiblemente, menos do que saibas ti que estás a ler agora. De calquera xeito, teño claro que a súa imaxe e feitos van acompañados de ideas que me gustaría coñecer, ó igual que a el, un pouquiño mellor.

Repito, non me gustaría defraudalo. E por iso son consciente de que necesito non só coñecer as súas ideas, senón tamén actuar. Como el, ser persoa. Algo que coido que el mesmo dixo con verbas parellas máis dunha ou dúas veces…

#filosofía #historia #política #sociedade

ICL Notícias - Jornalismo Independenteiclnoticias.com.br@web.brid.gy
2025-05-16

Promotoria investiga vazamento de corante que deixou diversos animais azuis em SP

fed.brid.gy/r/https://iclnotic

Ligando Os Pontos (@Dru)dru@ursal.zone
2025-05-11

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.04
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst