#engalego

Youtube en Galego 🗣🛰🎬🤖galegotube@bots.automatica.dev
2025-06-13
Youtube en Galego 🗣🛰🎬🤖galegotube@bots.automatica.dev
2025-06-11

🤖🎬 Media Laranxa acaba de publicar o vídeo "Descubre cal é árbore máis grande de España! #engalego #youtubeiras #natureza #viveiro #galicia". Dálle unha ollada en
youtube.com/shorts/_honWYyfspI #GalegoTube #Youtubeiras #ObradoiroDixital

Youtube en Galego 🗣🛰🎬🤖galegotube@bots.automatica.dev
2025-06-11

🤖🎬 Media Laranxa acaba de publicar o vídeo "Un día comigo na neve! ❄️ #galicia #ocebreiro #engalego". Dálle unha ollada en
youtube.com/shorts/GgTXW3HOsNY #GalegoTube #Youtubeiras #ObradoiroDixital

📰 «MiniTales: contos infantís diarios creados con IA»
🔗 proxy.jesusysustics.com/2025/0

Chega MiniTales, unha IA de contos personalizados creada polo galego David Pena codigocero.com/Chega-MiniTales

MiniTales é unha aplicación móbil de balde que nos ofrece un pequeno conto infantil cada día, unha ferramenta ideal para ter algo que ler ós cativos antes de deitarse. Ata ahí, todo pinta moi ben, pero quizáis o problema estea no uso de Intelixencia Artificial para a súa redacción en lugar de ter un pequeno grupo de contacontos profesional adicado a este tema.

O punto positivo do uso da IA está en que podes obter versións personalizadas tanto en valores que queres transmitir aos pequenos coma nos nomes das personaxes. Todo isto pagando unha subscripción mensual (de un euro), como xa nos teñen acostumados nesta clase de ferramentas.

Por unha banda, entendo a súa utilidade porque non todo o mundo ten a facilidade para crear historias personalizadas cada día e isto pode ser unha boa axuda. Pero, por outra, tamén implica a deshumanización de un novo nicho que debería estar moi protexido, o dos máis pequenos.

#️⃣ #Android #app #curiosidad #enGalego #herramienta #infancia #InteligenciaArtificial #iOS #paternidad #teléfonoMóvil

2025-02-27

Nas hemerotecas dixitais pódense atopar cousas curiosas e sorprendentes revisando prensa histórica. Neste caso, na imaxe temos unha nova do ano 1961 que di o seguinte ao referirse a Ponteareas: "bien podemos calificar de el edén de la región gallega por su amenidad, hermosura y delicia del paisaje que encierra. Dios no pudo poner más belleza en este trozo de tierra galaica". Por certo, había tres cines daquela no municipio #ponteareas #historiaeconomica #picaraña #engalego #prensahistorica

Nova do xornal el pueblo gallego que ten como título: Puenteareas el "edén al sur"
2025-02-10
2 fotiños tiradas nun espazo cutreiro chulo e 2 fotiños tiradas nun espazo fisno feo 💜💚🩷

A mensaxe penso que está clara así que non vou dicir máis nada 🙂‍↔️ Bon, si, que non quero traballar

#hexageradas #traballo #obreira #artivismo #engalego
Descrición da imaxe:

Nas fotos 1 e 3 saio eu, con roupa diferente, termando de produtos de Hexageradas. A foto está tirada en plan selfie no espello e o fondo é o dun piso vello de estudantes de toda a vida.
Na segunda foto saen todos os produtos dos que estou termando na primeira: dúas sacas envoltas para entregar e a miña funda de computador que leva pintadas letras como se fosen recortes de revistas. Podemos ler “non quero traballar”. O fondo é unha mesa de oficina.
Na cuarta foto sae unicamente a funda de computador sobre un fondo de herba moi verde e moi falsa.
En rodas elas intento que o foco central sexa esta funda de computador.

Fin da descrición.

📰 «Fina e os mapas: facendo pedagoxía cos mapas colaborativos»
🔗 proxy.jesusysustics.com/2025/0

Fina e os mapas – Descubrindo os mapas colaborativos mancomun.gal

Esta obra didáctica invita aos rapaces e rapazas a introducirse no mundo colaborativo a través dos mapas de OpenStreetMap e iso paréceme una iniciativa preciosa e inmellorable.

Fina e os mapas está editada pola Asociación GHANDALF e témola dispoñible para descargar en formato PDF cunha licenza Creative Commons BY-SA 4.0. A idea orixinal é de Pablo Sanxiao, as fermosas ilustracións de Iria Iglesias e o deseño/maquetación de Estudio Gnomo.

#️⃣ #adolescencia #códigoAbierto #didáctico #enGalego #infancia #mapa #OpenStreetMap

2025-01-29
🟣🏳️‍🌈🟤🏳️‍⚧️⚫️

Isto é forte. Credes que desta vez teremos un espazo no que ficar? Un espazo que non nos silencie por falar nunha lingua ou por sacar certos temas? Credes que isto pode ser o comezo de algo chulo?

Eu espero que si.

Polo de agora abrimos isto deixando claro de que imos e ao que vimos.

Artesanía, artivismo, activismo.

Protesta.

Sororidade e interseccionalidade.


#Hexageradas #artesania #artivismo #activismo #protesta #interseccional #engalego #galega
O fondo é dunha sorte de contrachapado. Enriba hai espaiadas varias “bandeiras” de causas sociais (en formato brinco): feminista, lgtbiq+, trans, bi e movemento nunca máis. Vense como anacos de tea pintados.
Fin da descrición.
Fran Leiro :flag_estreleira:franleiro@mastodon.gal
2025-01-23

@achapuza23
Benvida!!

Agora si que vai a baixar o valor dos bitcoins e vai a subir o valor dos grelos!! A Chapu está en #Mastodon !!!

Molan moito as imaxes do perfil. Se engades unha publicación co cancelo #introducción para presentarte, e que a xente sepa o seria que es (no fondo), pois xenial.

E busca cancelos e xentiña a quen seguir. Isto é como unha aldea gala(ega), e todas lle damos moito valor ao bo ambiente e á convivencia.

Benvida!!
#AltriNon
#SaudePublica
#EnGalego

📰 «Ímonos xuntas ao fediverso!»
🔗 proxy.jesusysustics.com/2025/0

Ímonos xuntas imonosxuntas.org/

Ímonos xuntas (vámonos juntas, en español) é unha proposta de mudanza colectiva a gran escala dende as redes privativas tóxicas cara ó fediverso cunha data clave: o luns 20 de xaneiro (cando Trump toma posesión).

Isto non significa que todos pechemos simultáneamente as nosas contas ese día en concreto, senón que a intención é que o movemento vaia collendo tracción en pequenas asociacións, activistas e usuarias fartas do abuso de poder, tolerencia coa toxicidade e algoritmos que a favorecen en redes sociais como Twitter, Facebook ou Instagram.

Primeiros pasos

É moi recomendable comezar na sección de axuda onde temos unha serie de recursos básicos para aquelas que desexen adentrarse no fediverso por primeira vez:

O primeiro de todo pasa por elixir unha instancia acorde cos nosos principios (persoalmente recomendo masto.es ou mastodon.gal) e presentarnos ante os demáis coa etiqueta (hashtag) #presentación.

O seguinte paso será comezar a seguir xente. Por exemplo, a conta de Ímonos xuntas ou o listado de colectivos españois no fediverso poden ser un bo punto de partida. Tamén é unha gran idea adentrarse na liña de tempo local (publicacións das usuarias da nosa instancia) para seguir contas que poidan ser do noso interese. Todo este proceso é fundamental pois, a diferencia das redes privativas, no fediverso non intentan vendernos os usuarios máis populares segundo un algoritmo escuro para converternos en consumidores adictos.

A partir de aquí, todo debería fluir: seguir a xente nova que é impulsada («retuiteada») polos teus coñecidos, aprender sobre a configuración básica ou a netiqueta da rede e, sobre todo, comezar o proceso polo que esquenceremos gran parte da toxicidade e deshumanización vixentes nas outras redes.

Como noutras redes contamos con moitas opcións se queremos acceder dende o móbil: a versión web é totalmente funcional, pero a app móbil ten máis sentido se imos facer un uso habitual de Mastodon. Ou podemos optar por outras alternativas entre as que recomendo Phanpy por ser unha webapp adaptable tanto a móbil coma ordenador.

O fediverso vai máis alá de Mastodon

Compre sinalar que o fediverso vai moito máis alá de Mastodon, pois é unha rede de redes interconectadas. Temos alternativas a:

O mellor é que dende a túa conta de Mastodon podes seguir a xente de Pixelfed ou PeerTube e viceversa.

Anímaste a acompañarme?

Eu xa levo algo máis de un par de anos desintoxicándome do meu FOMO (medo a non estar ao tanto de todo o que acontece no meu alrededor) tanto en Mastodon coma en Pixelfed (ademáis de unha pequena incursión en PeerTube grazas ao recente evento do Tetris) e estou realmente contento coa actitude máis san dos veciños virtuais. É unha auténtica volta á Internet máis humilde e amistosa na que non hai tantos egos en xogo.

Persoalmente aproveitei a campaña para eliminar as miñas contas de Facebook e Threads tras atoparme coa nova deriva de Meta e a súa LGTBIfobia. Ademáis tamén comecei o proceso de traspaso definitivo das miñas fotos de Instagram cara Pixelfeed coa intención de, polo menos, deixar a primeira totalmente baleira de contido.

Asi que xa sabes, anímate e ímonos xuntas ao fediverso!

Este contenido se publicó originalmente en El Cuaderno, el blog donde divago en profundidad sobre toda clase de temas

#️⃣ #activismo #ActivityPub #campaña #códigoAbierto #consejo #ElCuaderno #enGalego #fediverso #guía #redSocial #tutorial

NeoFalantes :verified:neofalantes@mastodon.gal
2024-12-21
NeoFalantes :verified:neofalantes@mastodon.gal
2024-12-17

Proxectos e festivais audiovisuais galegos poden optar a axudas de ata 50.000 euros #cultura #engalego #neofalantes

neofalantes.gal/os-festivais-a

NeoFalantes :verified:neofalantes@mastodon.gal
2024-12-16
NeoFalantes :verified:neofalantes@mastodon.gal
2024-12-12

Miragaia defende a creación dunha Academia da Lingua Galega do Eo-Navia. @Gconfidencial entrevista ao autor! #linguagalega #engalego #asturias

neofalantes.gal/miragaia-revin

NeoFalantes :verified:neofalantes@mastodon.gal
2024-12-12

Trabalinguas e palíndromos de Beatriz Dourado reciben o Premio Arume de #Poesia para a #Infancia este venres en @PazoDeRaxoi #poesia #engalego

neofalantes.gal/beatriz-dourad

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.04
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst