Catálogos de Xusto Moreda
Catálogos de Xusto Moreda
Esta é unha entrada de documentación sobre Xusto Moreda. Por Mati, accedín ós catálogos de Xusto Moreda que adxunto, e tras considerar que no blog estarían de novo a disposición de quen quixera darlles unha ollada ou facerlles un estudo máis en profundidade, aquí quedan, xunto con algún curto comentario meu:
Xusto Moreda Homenaxe Dionisio Gamallo 19780817.pdf from
Antonio Gregorio Montes Exposición de
Xusto Moreda no Forte de San Damián patrocinada polo concello de Ribadeo en 1978. Catálogo cun texto de
Dionisio Gamallo Fierros.
Xusto Moreda Sala Municipal Coruña 198711.pdf from
Antonio Gregorio Montes Catálogo da exposición de óleos de Xusto Moreda na Sala Municipal de Exposicións de A Coruña, a finais de 1987. Textos de Laureano Álvarez e Xavier Seoane, xunto cun listado de exposicións e bibliografía. Formato extendido 20 cm x 59,5 cm.
Xusto Moreda Ceibe A Coruña 19781020.pdf from
Antonio Gregorio Montes Catálogo da exposición na Galería de arte Ceibe de a Coruña no outono de 1978. Textos de Dionisio Gamallo Fierros e Manuel Lourenzo.
Xusto Moreda Arracada Cor. 19850604.pdf from
Antonio Gregorio Montes Exposición na Galería Arracada de A Coruña no 1985. Catálogo con texto de Antón Avilés de Taramancos, Lino Braxe, Titina Ordóñez, Darío Xohán Cabana, Miguel Anxo Fernán-Bello, Miguel D. Mato Fondo e Xavier Rodríguez Baixeras.
Xusto Moreda Carlos Santamaría Obelisco ____0904.pdf from
Antonio Gregorio Montes A modo de tarxeta postal. Xusto con óleos e Carlos coa exposición ‘Galicia en Acuarelas’, en salas separadas. Non aparece a data.
Xusto Moreda Catro A Coruña 19831014.pdf from
Antonio Gregorio Montes Exposición de 1983 en A Coruña con textos de Darío Xohán Cabana e Salvador García-Bodaño.
Xusto Moreda de Ribadeo a Corcubión 199008.pdf from
Antonio Gregorio Montes Exposición en 1990 en Corcubión. Catálogo con textos de Ana Vasco e Carlos Álvarez Lebredo.
Xusto Moreda Óleos Voar-Coruña 199809.pdf from
Antonio Gregorio Montes Na Coruña a exposición foi en setembro de 1998, na Galería Obelisco. O Díptico ten un texto de Pepa Cerviño Lago. Con posterioridade, houbo unha exposición no Hotel Voar en Ribadeo, co mesmo díptico polo que parece co cruño do hotel.
#cultura #Slideshare