#vivenda

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-10-20

Outro dos problemas que tamén ten que ver coa especulación. A compra de vivendas por persoas estranxeiras non residente como forma de investimento. É algo que tamén ten que rematar. A #vivenda é un dereito, non pode estar suxeito á especulación.

praza.gal/acontece/a-compra-de

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-10-20

Xa hai solución, que chame ao 047, o teléfono da vivenda que anunciou a Ministra. Con iso xa está solventado o problema da #vivenda

elespanol.com/quincemil/econom

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-10-20

É un exemplo máis do que dicimos: A #vivenda utilízase como se fora un fondo de investimento. O problema d ebase é este.
Sempre foi así, pero na última década disparouse por varios motivos. Calquera solución pasa por impedir a especulación coa vivenda.
Imaxinade que especularan coa auga. Pois é o que están a facer coa vivenda que, non o esquezamos, é un ben básico para poder vivir dignamente.

negocios.com/articulo/actualid

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-08-28

Unha proba máis da xentrificación do barrio de Monte Alto iniciada hai máis dunha década polos intereses inmobiliarios de Inditex. Era un barrio obreiro, "koruño", onde podías vivir a prezos razoables. Agora pisos a 1000€, vivenda á venda a 350.000€ con máis de 50 anos de antigüedade e VUT que asolagan o barrio.

O peor é que tampouco podes ir a outro barrio porque o prezo da #vivenda está polas nubes en toda a cidade.

lavozdegalicia.es/noticia/coru

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-07-29

#acoruna é zona tensionada da #vivenda. É unha medida positiva, pero non abonda para solventar o grave problema da vivenda que temos na cidade e no resto do estado. Ten que haber políticas de promoción de vivenda pública, limitar as VUT en toda a cidade, penalizar a vivenda baleira, cantos máis anos baleira, máis penalización, machacar a impostos a grandes tenedores de vivenda e, en definitiva, facer que non sexa un caramelo especular coa vivenda.

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-07-23

Medidas xenéricas, sen concretar, que xa veremos se realmente axudan a paliar a situación actual da #vivenda na cidade.

elespanol.com/quincemil/a-coru

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-06-30

Hoxe tivemos asemblea no Campo da Leña, na #Coruña. Falamos de #vivenda e das propostas que temos para seguir traballando para defender un dereito fundamental.

Pouco a pouco imos medrando.

Fotografía en cor da asemblea da Plataforma. Un grupo de persoas reunida en círculo baixo unhas árbores do Campo da Leña na Coruña.
Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-06-30

Hoxe temos asemblea aberta no Campo da Leña. Será ás 20.00 onde están as gradas.
Levamos ás asembleas á rúa para poder falar directamente coa xente sobre a problemática da #vivenda. Ven e falemos. Temos que revertir esta situación.

Cartaz no que pode lerse "lembras cando podías alugar no barrio? Ven, falemos. Asemblea aberta. Luns 30 de xuño ás 20.00 no campo da leña."
Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-06-11

Hoxe presentamos "oficialmente" a nosa plataforma. Foi no local da CGT, a quen agradecemos a cesión do espazo.
Temos que seguir medrando e collendo forza para poder revertir a situación actual da #vivenda
laopinioncoruna.es/coruna/2025
lavozdegalicia.es/noticia/coru

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-06-01

Mañán temos nova asemblea. Son espazos para encontrarnos e falar do que podemos facer para coller cada vez máis forza para defender o dereito á #vivenda. Será no local da @CGTACoruna
ás 20.00. Rúa Entrepeñas 6 baixo. #ACoruña.
Son abertas, trátase de participar e construir un movemento masivo para rematar coa especulación dun dereito fundamental como é a #vivenda.

Cartaz de convocatoria a unha nova asemblea da Plataforma Pola Vivenda. No cartaz pode lerse "Lembras cando podías alugar na Agra? Ven, falemos. VII ASemblea, local da CGT, Luns 2/06 ás 20.00. Rúa Entrepeñas 6 A Coruña. Taménb sae o logo da plataforma, un debuxo esquemático dunha casa cun puño entrando e un círculo vermello de fondo.
Chuso Pérezchuso@mastodon.gal
2025-05-26

Tamén en Centro Inmobiliaira (Inmocentro) intentaron que comprase unha casa sen licencia en solo protexido.

#Vigo #vivenda #inmobiliarias

Chuso Pérezchuso@mastodon.gal
2025-05-26

Coidado con Broullon Asociados de Álvaro Broullón en #Vigo: déronme información falsa sobre varios temas da casa que me estaban a mostrar.

Empezando polas fotos do interior da casa no anuncio, que eran doutra casa. E tamén cando lles preguntei pola clasificación do solo, que responderon con evasivas e información incorrecta para non dar unha resposta.

#vivenda #inmobiliarias

2025-05-25

La hidra de la lucha por la vivienda

La hidra de la lucha por la vivienda #vivenda #fons_inversió #propietaris #Sindicat_de_Llogateres

elsaltodiario.com/opinion/hidr

o ifrit caduco 🦔🫚🪾⛈️🐌🌰🍛ifrit@masto.ai
2025-05-22

No Estado Espahol há 2 450 000 pessoas que cobram o SMI (sem contar as que cobram menos ou não cobram nada).

Segundo um estudo da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin), atualmente, em todo o Estado, só há 583 vivendas ofertadas por menos de 400 ouros/mês (o 30% do salário é o máximo que se deveria pagar de alugueiro para que seja financeiramente sustentável), o 0'75% da oferta total (um 1'15% na Galiza).

A #vivenda é dos direitos mais básicos, não pode ser um negócio. Isto é insostível!

Captura de nova do jornal El Correo Gallego. "Sin oferta de alquiler en Santiago para los salarios mínimos: «Ahora tienen problemas hasta los que ganan 1.500 euros»
En toda Galicia apenas el 1,15% de las casas que se ofertan cuesta menos de 400 euros"
Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-05-12

Pouco hai que engadir ao que di esta nova. 80% de suba do aluguer en 10 anos en Galiza, nalgúns casos ata do 100%. Isto fai imposible para calquera persoa de clase traballadora, poder acceder a unha vivenda digna sen pagar un prezo inasumible ou tendo que partillar piso.

A #vivenda é básica para a vida, non pode estar sometida á especulación porque é especular coa propia vida.

eldebate.com/espana/galicia/20

2025-05-12

El “alquiler social” de la Xunta en A Coruña: rentas de hasta 975 euros al mes

“La Xunta hace una labor estupenda: pone unos terrenos a favor de una empresa privada, como es la cooperativa, sin apenas cobrarle nada”,

elpais.com/espana/galicia/2025

#vivenda #Xunta

Polo Dereito á Vivendadefensavivenda@mastodon.gal
2025-05-10

En Compostela fan o que poden para defender o dereito á #vivenda Non o teñen doado, pero nótase que queren ir nesa liña. Na #coruña , o Concello mira para outro lado. Ten ferramentas para frear a desfeita, pero o camiño que elexiron é a especulación urbanística, o turisteo cosmopailán e as festas de moda.

Temos que facer máis grande esta plataforma para poder meter máis presión.

nosdiario.gal/articulo/politic

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.07
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst