RedeCulturalBetanzosEBisbarra
Conta conxunta de Asociacións Culturais de Betanzos e Bisbarra: Eira Vella, Lar de Unta, Roxín Roxal, Zona Hadal, Crúa e Pesquedellas. Tamén CIEC, Lanzós, Biblos, Col. Feminista e Asociación de Amigos do Casco Histórico
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-10-06
Nova actividade impartida por Zona Hadal: o obradoiro Ñam! Elaboración dun recetario

> Mércores 15 de outubro.
> Ás 18:00 h.
> No @espazoxovebetanzos .

Ven e comparte!
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-10-06
Seguinte plenario de @queremosgalego Betanzos en Casa Paco de Zona Hadal:

> Mércores 29 de outubro.
> 20:00 h.

Todas as persoas e entidades están convidadas!
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-09-30
Nova actividade impartida por Zona Hadal: o obradoiro Estou x Ti!

> Mércores 08 de outubro.
> Ás 18:00 h.
> No local de xuventude de Betanzos.

Ven e comparte!
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-09-24
Sen plans para estas semanas? Novo carrusel de actividades da #UniversidadePopularDeBetanzos no #MuseoDasMariñas

🏰 Coñeceremos 3 arquitecturas añoradas de #Betanzos: San Francisco, a parte baixa do @parquedelpasatiempo e o Peirao, con @josepazguia, @angel.arcay e @daniellucastm

🎭 Iniciamos as clases do noso grupo de teatro con @anxeladoel

🎥 Falaremos dos medios de comunicación en #Galicia con Raquel Lema

🧠 Debatiremos moito sobre memoria histórica co arqueólogo da @armh_memoria Serxio Castro, a investigadora Elena Gutiérrez experta en patrimonialización dos campos de concentración e Nuria López, do podcast @aferidaabertano36

🌸 Retomaremos a clase de agroecoloxía con @vamboracalua

📧 Inscríbete canto antes en museodasmarinas@betanzos.net

🤍 Todo isto grazas a @zonahadal, á @rcbetanzosebisbarra e ás axudas de @culturadadeputaciondacoruna, @culturaxunta e @betanzostancerca
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-09-24
Empezamos unha nova aventura na #UniversidadePopularDeBetanzos, creando o noso propio grupo de teatro do #MuseoDasMariñas

👩‍🏫 Da man de Ángela Fernández coñeceremos os segredos da profesión e adentrarémonos no oficio de maneira divertida

🤹‍♀️ Non hai que ter coñecementos previos, só ganas de aprender e de gozar do #teatro

📅 Empezaremos con reunións os martes e xoves de outubro e novembro, de 19:30 a 21h, en #Betanzos

🤡 Anímaste? É de balde e para todas as idades!
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-09-18
Xogos Florais 2025 - sábado 27 de setembro

💐Viva, viva quen me leva,
a máis quen m'ha de levare,
vivan os da miña terra
a mailos do meu lughare💐

Pois xa van 5 edicións dos Xogos Florais! 💐
Pareceunos oportuno dedicarllos ás compañeiras, ás veciñas, ás do noso lughare.
Non pode faltar o noso Slam de poesía, coma sempre, no Lanzós (@(@cafelanzos ).
Seguiremos a xornada, tomando o vermú coas Tocadoras do Alprende (@(@tocadoras_alprende ), porque se hai un sitio onde teñen orghullo polo propio é en Carballo!
Para rematar a noite queremos mirar para dentro e estar ben fachendosas do ecosistema creativo e cultural que temos en Betanzos coa estrea de Balteira! (@(@balteira_musica )

🥳 Ogallá nos acompañedes nesta xornada tan especial para nós 🌸💐🌸

Grazas a Isa (@(@isa__bermudez ) por estos carteis marabillosos e que, para nós, recollen a esencia desta nova edición ✍🏼🖼️
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-09-12
📅 Na #UniversidadePopularDeBetanzos non hai volta ao cole porque non paramos nin unha semana!!

1️⃣0️⃣ Introdución ao mundo da agroecoloxía da man de Elena Pérez 🌾

1️⃣2️⃣ Conversa sobre decrecemento económico con Begoña de Bernardo 💸

1️⃣9️⃣ Conversa sobre moda xusta e obradoiro de cuchiprints con Xoana Pousa @cuchiflainas 👚

2️⃣4️⃣ Primeira viaxe polas arquitecturas añoradas de #Betanzos sobre o antigo convento de San Francisco con José Á. Paz de @77turismobetanzos ⛪️

📧 Inscríbete canto antes en museodasmarinas@betanzos.net

💪 Setembro vai forte no #MuseoDasMariñas grazas a @zonahadal e a @culturaxunta e @betanzostancerca
1w
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-09-12
Este mes na @librariabiblosbetanzos , historias de Betanzos, ficción, e diversidade 🏛️📚

📖 Mércores 10 · 19:30
@crisispato estrea “Fóra de foco” (@(@editorialgalaxia), unha obra de ficción, intimista e chea de reflexións sobre a vida moderna.

🧶 Venres 13 · 18:00-21:00
Labores entre Libros con Lucía Vidal. Fíos, lecturas e conversa nun espazo acolledor.

🏰 Martes 16 · 19:30
Presentamos “Unha historia de Betanzos” escrita por Ángel Arcay Barral e editada por Biblos, un relato que nace coa vontade de ser unha síntese do pasado brigantino.

🗣️ Mércores 17 e Xoves 18 · 19:30
Charlas arredor da historia de Betanzos con Julián Ferrer e Antonio González López. A cidade que fomos para entender a que somos.

📚 Venres 19 · 19:30
Coloquio entre Noemí Sabugal e Xesús Fraga, dentro do programa Afinidades Electivas.

🌈 Xoves 25 · 20:00
@carloscallon fala sobre Vidas e historias LGBT da Idade Media (@(@xerais). Diversidade e historia nun tempo que semella alleo.

♀️ Venres 26 · 19:30
Nova xuntanza do @clubedelecturafeminista, con Teresa Veiga, aberto a novas incorporacións.

📖 Martes 30 · 19:30
Reunión mensual do Club de Lectura Biblos, dirixido por X.L. Mosquera Camba.
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-08-26
Sacade a axenda, que setembro ven forte:

🥧 Luns 1 - 10h - Elaboremos un receitario comunitario - Trae a túa receita favorita e compartiremos trucos de cociña con Paula e Lolo

🚢 Mércores 3 - 10h - Coñece a arquitectura do río Mandeo a través da economía do viño - Viaxe en barco para coñecer os segredos do noso río e dos viños de #Betanzos, con Enrique Seoane e Luís Sande

📉 Venres 12 - 18h - Faladoiro de decrecemento económico - Ven coñecer este movemento e debatir con Begoña de Bernardo

🥳 Sábado 13 e domingo 14 - De 11 a 14 e de 17 a 20 - FESTIBAM 2025 - Actividades para toda a familia, feira de artistas e artesáns, música, teatro e libros durante unha finde de portas abertas no #MuseoDasMariñas (Inscríbete nas actividades do #FESTIBAM a partir do 1 de setembro)

💟 #UniversidadePopularDeBetanzos #Gastronomía #Economía #BlancoLexítimo
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-08-26
Exposición de caricaturas de Antonio Pallas.

Durante o mes de setembro de 2025, entre os días 5 e 30, terá lugar na sala de exposicións Jesús Núñez do edificio Arquivo unha exposición de caricaturas do artista betanceiro Antonio Palla.
A Asociación Cultural Eira Vella organiza esta mostra, coa colaboración do Concello de Betanzos, que se poderá visitar en horarios de 10:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas de martes a venres, e de 11:30 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas os sábados. A inauguración da mesma terá lugar o venres 5 de setembro de 2025 ás 20:00 horas.

Antonio Palla compaxinou o seu labor docente, do que está xubilado, con diversas actividades artísticas, entre as que destaca principalmente a caricatura.

Máis información:

https://eiravellaac.gal/archivos/exposicion-de-caricaturas-de-antonio-palla
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-08-15
✂️ Nova actividade da #UniversodadePopularDeBetanzos para os máis peques da casa

🎈 Vide facer o voso propio #GloboDeBetanzos, decorado e en miniatura, que logo quedará pendurado no #MuseoDasMariñas

🖌 Terán que estar acompañados en todo momento dun adulto!

⌚️ 22 de agosto ás 10:30. Inscrición en museodasmarinas@betanzos.net
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-08-02
Máis actividades da #UniversidadePopularDeBetanzos para o mes de agosto.

👄 Trátase do obradoiro Corpo e territorio, impartido por Ara Romero.

👃 Trátase de realizar unha cartografía corporal relacionando o noso corpo co lugar onde vivimos

👁 Queremos analizar os alimentos, as violencias, as vivencias... e ver como todo o noso contexto afecta ao noso corpo

✉️ Inscribete canto antes en museodasmarinas@betanzos.net ou por mensaxe directa
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-07-24
Anotade estas actividades para o mes de agosto! A #UniversidadePopularDeBetanzos non pecha polas festas. Seguimos co curso de introdución á #HistoriaDaArte e engadimos estas pequenas excursións pola #ArteBetanceira:

🧲 Mércores 6 ás 10:30 - Os ferros que nunca miraches - Por Daniel L. Teijeiro e Xesús Fraga

⛪️ Mércores 13 ás 19:00 - As viaxes agochadas de Santa María do Azogue - Por Julián Ferrer

🩱 Mércores 20 ás 10.30 - A invención dos pololos. Traxe folclórico, tradicional e cosmopolita no #MuseoDasMariñas - Por Sara Fraga

🖼 Xoves 21 ás 10.30 - Artes e artistas en #Betanzos - Por Ángel Arcay

✉️ Podes inscribirte nas que che apetezan, de balde, mandando un correo a museodasmarinas@betanzos.net ou por medio dunha mensaxe privada.
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-07-12
Siiii, dende a #UniversidadePopularDeBetanzos do #MuseoDasMariñas imos
facer un curso de introdución á #HistoriaDaArte

👨‍🏫 Con dous mestres excepcionais: Pedro Galilea, director da @fundacion_ciec , e Xosé Luís Mosquera, profesor de #HistoriaDelArte no @iesfcoaguiar

🖼 Serán catro sesións, con clases dinámicas e sinxelas de seguir. Non é necesario ter coñecementos previos, só vontade de aprender.

✏️ A inscrición é independente a cada unha das sesións...pero recomendamos que veñas a todas!

🏘 E as clases estarán repartidas por todo #Betanzos, no #museo, na igrexa de Santiago e no #CIEC.

📧 Inscríbete canto antes!

💞 Gracias aos profes pola colaboración (@(@peterpansoy ) e a @san.per.gon e á Unidad Pastoral de #Betanzos
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-07-12
Mapeamos xuntos?

👭 Antía e Ara ofrecen a súa axuda para ensinarnos a mapear un territorio e da súa man camiñaremos por #Betanzos

🤓 Veremos a cidade con outros ollos ao tempo que imos compartindo historias, experiencias e propostas de mellora dun espazo que queremos habitar e facer máis habitable.

🥰 Ven descubrir as posibilidades do mapeo colectivo ao #MuseoDasMariñas, da man da #UniversidadePopularDeBetanzos

📅 Xoves 17
⌚️ De 5 a 8 da tarde
📧 Inscrición obrigatoria en museodasmarinas@betanzos.net
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-07-03
Tes ideas na cabeza pero non sabes como comezar a escribilas? ✏️✍🏽 En agosto, ao fresco da @librariabiblosbetanzos, haberá un obradoiro para ti. “Da idea ao papel” é unha sesión práctica onde aprenderás os primeiros pasos para darlle forma ás túas propias historias.

Non fai falta experiencia previa, só ganas de contar cousas e probar. Anímate a dar o paso e reserva a túa praza.

📅 8 de agosto - 18-20h
👤 Para todas as idades
💰25€
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-06-28
Luceees! Cámaraaaas! Acción!!

🎦 En xullo empeza o #CineClubBalteira da #UniversidadePopularDeBetanzos

🎞 Coordinado por @zonahadal terá lugar todos os mércores de 18 a 19:30h.

🎥 Mergúllate no mundo do cine sen sair de #Betanzos, o #MuseoDasMariñas e o @cinealfonsetti

📧 Inscríbete canto antes en museodasmarinas@betanzos.net
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-06-28
Nova actividade da #UniversidadePopularDeBetanzos, desta volta con @mesdexullo

📰 Ven aprender os segredos do collage e deixa voar a túa imaxinación entre tesoiras, papeis e pegamento.

🗳 Será un obradoiro de collage de temática política, para que poidades construir cas vosas obras un mundo mellor do que temos

📅 8 de xullo
👪 12 prazas
💲 De balde
⌚️ De 5 a 7 da tarde
📧 Inscrición en museodasmarinas@betanzos.net
🚩 No #MuseoDasMariñas de #Betanzos
🤗 @zonahadal
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-06-10
Nova actividade da #UniversidadePopularDeBetanzos

Desta volta centrándonos no noso patrimonio natural

Partindo do #MuseoDasMariñas faremos unha pequena saída identificando e recolectando herbas e plantas de #Betanzos

Regresaremos ao #museo para deixalas a secar e unha semana despois crearemos o noso herbario.

A actividade estará dirixida por Elena, Begoña, Bea e as amigas de @zonahadal

11 e 17 de xuño, de 17 a 20h
Info e inscrición en museodasmarinas@betanzos.net
Prazas limitadas!
RedeCulturalBetanzosEBisbarraRCBetanzos@pixelfed.social
2025-05-22
Finalmente estreamos 'L'archéologue' ('O arqueólogo ') en Betanzos! A curta documental (30 min.) que forma parte do noso proxecto 'Cru: memoria coruñesa sobre o Mar Exeo, pódese ver en Trailer neste enlace de Mastodón https://mastodon.gal/@RedeCulturalBetanzosEBisbarra/114552822225031652 '.

> Venres 20 de xuño ás 20:30h.
> No cine Alfonsetti de Betanzos.
> De balde!

Coa presenza do protagonista, o artista @emilegireauescultor , e de Zona Hadal!

#OArqueólogo #Cru #EmileGireau #Cine #ZonaHadal

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.07
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst