#AstroMulleres

2025-10-29

...da Sociedade de Ciencia e Enxeñaría dos Indios Americanos, entre outros.
Beverly abriu o camiño para as futuras xeracións de científicas promovendo a educación e a igualdade na astronomía e tamén loitou contra a discriminación baseada na cor.

#mulleresinstem #mulleresastrónomas #mulleres #stem #ciencia #astromulleres

Capa do libro "Dark Nebulae, Globules and Protostars".
2025-09-30

Destaca o seu empeño pola igualdade de xénero. Recibiu o Premio '''Donna XIII'' do Municipio XIII de Roma (2005) e o Premio ao Liderado de Mulleres no Sector Aeroespacial (2012). Ademais foi cofundadora da Asociación internacional Women in Aerospace Europe e desde 2013 forma parte do Global Board Ready Women.
#womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia #astromulleres

Fotografía de Simonetta Di Pippo.
2025-09-30

Forma parte do Consello Asesor da Fundación SOL, un instituto para a investigación sobre os UAPs, co obxectivo de levar a cabo investigacións académicas de vangarda sobre este fenómeno e as súas implicacións.
#womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia #astromulleres

2025-07-29

A súa carreira profesional estivo chea de desafíos debido á dobre discriminación que sufriu como muller e como afroamericana. Christine abriu o camiño para as futuras xeracións de mulleres e minorías. Aparece no libro "Hidden Figures" de Margot Lee Shetterly.
#womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia #astromulleres

Fotografía de Christine Darden na súa xuventude cun modelo aeronáutico entre os brazos.
2025-06-30

Defendeu a igualdade das mulleres e o sufraxio feminino. Foi, ademais, unha ávida practicante de deportes e opúxose ao uso de animais en experimentos científicos.

#womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia #astromulleres

2025-04-24

É membro de ECUSA-DC (Españoles Científicos en USA), que engloba á comunidade científica española nas áreas de Washington, D.C., Maryland e Virginia.

Ademais do seu traballo, a doutora Begoña Vila participa en eventos de divulgación pública e actividades para dotar de referentes e animar ás mozas cara a estudos STEM.

#MulleresAstrónomas #AstroMulleres #cientificas #womenstem #womenscience

Fotografía de Begoña Vila.
2025-02-25

Ana Ulla sempre está disposta a colaborar, participar ou axudar nas propostas de divulgación sobre astronomía que lle chegan. A paixón que transmite nas súas charlas fai que a súa audiencia viva o seu interese polas estrelas.

A nosa astrofísica sempre priorizou a perspectiva de xénero no seu traballo e na súa actividade docente e divulgativa.
#womeninstem #mulleresastrónomas #women #ciencia #astromulleres

Fotografía de Ana Ulla.
2025-01-28

Fai sensibilización sobre os efectos que a falta de escuridade ten na saúde e na biodiversidade e participa en eventos para visibilizar o papel das mulleres na ciencia. Participou en varias ocasións en actividades científicas da nosa Agrupación Coruñesa Astronómica Io.

#astromulleres #womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia

Cartel dunha conferencia de Susana Malón en decembro de 2017.
2024-12-31

#AstroMulleres Linda A. Morabito naceu en 1953 en Canadá; é a astrónoma que descubriu a actividade volcánica en Io, unha lúa galileana de Xúpiter, mentres procesaba imaxes da misión Voyager da NASA. A Unión Astronómica Internacional designou un asteroide co seu nome. En 1974 licenciouse na Universidade do Sur de California en astronomía e informática. Mentres estudaba, uniuse ao Jet Propulsion Laboratory onde máis tarde aceptou un posto no grupo de desenvolvemento de efemérides de satélites...

Fotografía de Linda Morabito.
2024-11-26

Heather Anita Couper (1949-2020) naceu en Cheshire (Inglaterra) e foi unha coñecida astrónoma e comunicadora científica. A Unión Astronómica Internacional deu o seu nome a un asteroide (3922 Heather). #AstroMulleres

Fotografía de Heather Couper.
2024-10-29

Colaborou coa Agrupación Astronómica da Coruña Ío como conferenciante do XXIV Congreso Estatal de Astronomía e participará a finais de novembro no V Encontro da Noite.

#womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia #astromulleres

Imaxe do V Encontro da Noite, cuxa segunda parte se celebrará na Coruña o 30 de novembro de 2024.
2024-09-24

Wendy Laurel Freedman nace en Canadá en 1957. É astrónoma observacional e investigou a enerxía escura, a escala de distancia extragaláctica, as supernovas, as Cefeidas e as taxas de expansión do universo, entre outros temas.
O seu interese pola ciencia xurdiu nas súas clases de física do instituto. Matricúlase en biofísica na Universidade de Toronto e gradúase en astronomía en 1979. Uniuse ao Instituto Carnegie (Pasadena, California) como bolseira postdoctoral en 1984. #AstroMulleres

Imaxe de Wendy Laurel Freedman.
2024-07-30

Reysa Bernson (Lille 1904 - Auswitch 1944) é unha científica francesa coñecida polo seu traballo de divulgación da astronomía mediante demostracións públicas, construción de planetarios e outras actividades.
Os seus pais eran médicos. Dende pequena interesouse pola astronomía. Aos 16 anos ingresou na Societé Astronomique de France. Pero foi en 1922, escoitando unha conferencia do astrónomo Camille Flammarion, cando decidiu centrarse profesionalmente neste campo.
#AstroMulleres

Fotografía de Reysa Bernson
2024-06-25

María Clara Eimmart (Alemania 1676-1707) pasou á historia como unha das primeiras astrónomas, figura clave na sinerxía entre arte e astronomía polas súas ilustracións da Lúa e as estrelas.

Foi educada polo seu pai, pintor, gravador e astrónomo afeccionado, con amplos coñecementos en belas artes e ciencias. Pai e filla colaboran facendo observacións, adquirindo instrumentos astronómicos e fundando un observatorio nas murallas da súa cidade, Nuremberg.

#AstroMulleres

Retrato de Maria Clara Eimmart.
2024-05-29

“María Luisa Aguilar” (Cusco) que se inaugurou tras a súa morte en 2016.

Foi a primeira muller astrónoma e a primeira persoa en graduarse en Astronomía no Perú. Afirmou que lle foi complicado desenvolver a súa carreira no ámbito da astronomía, xa que de moza viviu un arraigado machismo nas institucións.

#womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia #astromulleres

Fotografía do observatorio astronómico.
2024-05-15

Recibiu varios premios, como o 'Cidade de Barcelona 2013' en Ciencias experimentais e tecnoloxía, o 'Ciencia en Acción' 2013 por vídeos da misión Gaia, e o Excelencia María de Maeztu (2015-2019) como membro do Instituto de Ciencias do Cosmos. Carme Jordi contribuíu notablemente á astronomía galáctica e física estelar a través da súa investigación, docencia e divulgación, fortalecendo a colaboración científica internacional e promovendo o avance do coñecemento no seu campo. #AstroMulleres

Fotografía de Carme Jordi.
2024-04-30

Diana é unha campioa na promoción da igualdade de xénero nas carreiras científicas. É mentora da Brooke Owens Fellowship Foundation que apoia a mozas latinas e afroamericanas para estudar o espazo.

#womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia #astromulleres

Fotografía de Diana Trujillo
2024-04-09

En resumo, Carolyn Shoemaker é un exemplo inspirador de como a curiosidade, a perseveranza e o talento poden levar a grandes logros, independentemente da idade ou o xénero. A súa historia lémbranos que o cosmos está cheo de misterios esperando ser descubertos, e que as mulleres teñen un papel fundamental na exploración do universo.

#womeninstem #mulleresastronomas #women #stem #ciencia #galego #astromulleres

2024-03-28

Maud Lavon Worcester Makemson naceu en New Hampshire en 1891. Aos seus 30 anos, e debido en gran parte a unha espectacular tormenta solar, estuda astronomía e a ela dedica despois a súa carreira profesional, como experta en arqueoastronomía e consultora da NASA.
Despois dos estudos e doutoramento en astronomía, traballa como profesora no Vassar College (unha universidade privada de mulleres, onde estudou Vera Rubin) e máis tarde como directora do seu Observatorio. #AstroMulleres

Fotografía de Maud Worcester Makemson
2024-03-12

Nacida en Santiago de Chile, desde moza María Teresa Ruiz sentiu fascinación polas estrelas e iso impulsouna a explorar os misterios do cosmos. Licenciouse en Astronomía en 1971, fixo un mestrado en Astrofísica en Princeton en 1973, o doutoramento en 1975 e investigou en Norteamérica e Europa. Ruiz deixou unha marca imborrable en prestixiosos observatorios e contribuíu significativamente ao coñecemento astronómico.

#MulleresAstrónomas #AstroMulleres

María Teresa Ruiz

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.07
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst