Todo o mundo pode #correr. Uns máis rápido e outros máis amodo, uns máis lonxe outros quedamos máis preto. A evolución dunha situación a outra debe ser progresiva para que o corpo a asimile de xeito saudable. Sen dúbida, o chanzo máis grande a superar é do sofá a trotar.
https://xmgz.eu/2020/c25k.html
📆 Estamos a día 1 de xaneiro. De xeito máis ou menos consciente, tes a intuición de que che viría ben moverte máis e estas son datas nas que ideas e proxectos forman unha nube dando voltas arredor de ti.
Poucas actividades mellorarán máis a túa calidade de vida, farán que te sintas mellor e proporcionarán máis autonomía e confianza en ti mesma que adquirir o hábito de facer algunha actividade física con propósito.
Recupero unha vez máis unha proposta (orixinal de 2020) para comezar a camiñar paseniño pero de xeito recurrente e a medio prazo poder correr media hora seguido. O obxectivo non é «correr», é o que implica «ser capaz de correr».
Está no artigo, pero non canso de repetir que correr non doe, nin te asfixia, nin vas romper ou darche un vaído. Se algo disto comezas a sentir é que vas demasiado rápido ou demasiado lonxe para o teu estado actual. Para, se honesta, e primeiro camiña. Se en lugar de 9 semanas son 16, que máis da!?
Correr é simple e barato, empodérate 💪
O último párrafo non o digo por dicir. Se o precisas estou aquí :abrazo2:
#saúde #salud #deporte #caminar #calidaddevida #camiñar #c25k #caco #health


