#cmvmc

2025-03-20

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Zobra (Lalín) é un interesante exemplo de multifuncionalidade e bo facer. #multifuncionalidade #cmvmc #accioncolectiva #economiasocial #apicultura #zobra #comunidadesdemontes #commons campogalego.gal/zobra-o-monte-

2024-12-08

Cada vez máis comunidades de montes veciñais en man común articulan as súas iniciativas ao redor da multinacionalidade e do aproveitamento dos recursos endóxenos. Este texto trata sobre estas dinámicas na acción colectiva. #cmvmc #accioncolectiva #commons #montesveciñais #comunidadesdemontes theconversation.com/montes-vec

2024-12-02

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (Gondomar) é un exemplo de multifuncionalidade e creatividade nas súas actuacións. Así, teñen produción de shii-take e pequenos froitos do bosque certificados en ecolóxico, mais tamén contan con proxectos vinculados coa cultura galega como o Bosque da Língua. Podes atopar información sobre as iniciativas que desenvolven na súa páxina web: montesdecouso.gal #sustentabilidade #montesveciñais #accioncolectiva #cmvmc #multifuncionalidade

Na imaxe aparece a portada da páxina web da comunidade de montes de Couso (Gondomar). Nela aparece destacada a iniciativa do bosque da língua
2024-11-15

Galicia Puteada... Esta era a temática central do exemplar número dous da revista El Ecologista , de decembro do ano 1979. Pode sorprender (ou cecais non) que moitas das problemáticas que aparecían neste número da revista sigan estando totalmente vixentes na actualidade (celulosas, defensa dos montes veciñais, alúmina, repoboacións forestais con especies de crecemento rápido, etc). O exemplar pódese consultar nesta ligazón: ecologistasenaccion.org/public #cmvmc #conflitoambiental #defensadoterritorio

Portada do número dous da revista el Ecologista de decembro de 1979 titulada Galicia Puteada
2024-11-15

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coruxo (Vigo) é un interesante exemplo de multifuncionalidade nas súas actuacións. As comuneiras e comuneiros desta comunidade de montes desenvolven diversas actividades desde o paradigma da sustentabilidade que se poden coñecer na súa páxina web. Organizan diversos cursos e actividades de voluntariado, por exemplo para o control das especies invasoras. Unha comunidade de montes ben interesante! comunidademontescoruxo.com/ #cmvmc #sustentabilidade

Aparece a portada principal da páxina web da Comunidade de Montes de Coruxo. Nesa web pódense coñecer as actividades que desenvolven desde a Comunidade
2024-11-10

Os Montes Veciñais en Man Común de Galicia e os Baldios de Portugal son propiedades comunitarias que contan con traxectorias sociais, económicas e ambientais moi semellantes. Velaquí o artigo "Montes Veciñais en Man Común e Baldios: Unha análise comparativa das propiedades comunitarias de Galicia e Portugal" no que se comparan ambas figuras de xestión colectiva do monte revistas.usc.gal/index.php/sem #cmvmc #accioncolectiva #montesveciñais #ostrom #recursosdeusocomun #comunidadesdemontes

Mapa no que se mostra a superficie de montes veciñais en man común de Galicia e a de baldios de Portugal
2024-10-20

Sempre é bo momento para lembrar os procesos de loita que tiveron lugar para a recuperación, desde finais dos anos setenta do século pasado, da propiedade do montes veciñais por parte das comunidades locais. O documentario de "O monte é noso" é o libro do mesmo título son bos materiais para facer esta lembranza. Pódese ver o documentario de Llorenç Soler do ano 1978 nesta ligazón: #accioncolectiva #montesveciñais #conflitosocial #cmvmc youtube.com/watch?v=XIVjPnQkE_

Aparece parte da carátula do documentario "o monte é noso" de  Llorenç Soler. Amósase unha manifestación que pide a recuperación do monte para a veciñanza
2024-10-13

Un pracer ter participado onte en Ribadeo nesta actividade sobre montes que inspiran xunto coas compañeiras das comunidades de montes veciñais en man comun de Vincios (Gondomar) e Carballo (Friol) #montesveciñais #multifuncionalidade #cmvmc #accioncolectiva

Imaxe da palestra sobre montes veciñais en man común que tivo lugar onte en Ribadeo

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.04
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst