#fagor

2025-08-17

Non podemos esquecer que a solución da lavadora era provisional!

Seguimos a traballar na solución definitiva.

Nova fonte de alimentación, máis axeitada, pero de 15 voltios. Necesita un pequeno apaño para obter 16 voltios.

#repaircafe
#lavadora
#fagor

Máis información en

oncekmporsegundo.marinho.com.e

Imaxe dunha pequena fonte de alimentación desmontada e fóra da súa caixa. Aparece o circuito da fonte de alimentación onde destaca un pequeno transformador e dous condensadores electrolíticos ós lados. Xunto coa fonte aparece a caixa de plástico na que vai encerrado o circuito, e a correspondente tapa.Imaxe detallada dunha parte dos compoñentes da fonte de alimentación. Aparece una pequena resistencia de montaxe superficial (SMD) rotulada como R6 á que se lle soldou unha resistencia de montaxe convencional (THT, through-hole).
2025-07-30

Colada en marcha. Polo de agora non arde.

#repaircafe
#lavadora
#fagor

2025-07-29

Logo xa non queda máis que tomar alimentación de 220V no punto que deixa libre a resistencia, alimentar a fonte de alimentación de 24V, logo coa saída de 24V alimentar o conversor DC-DC, e coa saída do conversor (que o regulo a 16V) alimento a placa no punto onde o inductor debería entregar a tensión de saída.

É algo provisional, porque o mellor é poñer unha única fonte que entregue directamente os 16V, pero polo menos sei que o apaño é viable.

#repaircafe
#lavadora
#fagor

Imaxe da placa de control instalada na lavadora. Ten enriba unha fonte de alimentación rectangular e negra, suxeita con unhas bridas. Hai un conversor DC-DC unido á fonte de alimentación con cinta aislante.Imaxe do frontal da lavadora onde se ve o display encendido.
2025-07-29

Así que chegou o último cartucho. Se non había forma de que funcionase a alimentación do circuito, habería que alimentalo dalgún outro xeito.

De donde podería sacar 16V?

Tiña unha pequena fonte de alimentación de 24V que usara fai tempo para unhas luces LED de acuario. E tiña un reductor DC-DC, así que...

Desoldando a resistencia de 100 ohmios que se queimara, corto a entrada de tensión ao regulador conmutado. E desoldando o inductor queda illada a súa saída.

#repaircafe
#lavadora
#fagor

2025-07-29

Desmontei o inductor, aislando a parte do regulador do resto do circuito.
Alimentando o circuito cunha fonte externa a 16V, o consumo era de 10mA. Non había sobreconsumo.

Como comprara dous reguladores de reposto, volvín a cambiar o regulador. Nada, seguía a facer o mesmo.

Non o dixen antes, pero a parte de alta tensión xa a comprobara e estaba ben. O condensador cárgase a 316V sen problemas. E conserva a carga de marabilla. Vaia lostregazo que levei...

#repaircafe
#lavadora
#fagor

2025-07-29

Pero o problema continuaba.

Outra posibilidade que podía estar provocando os auto-reinicios, era que o inductor estivese estropeado. A medida en continua daba ben, pero eso non garantiza que a inductancia sexa a que ten que ser. Non comprara reposto para o inductor, pero tiña un na casa de 4mH. O orixinal era de 1.8mH, e o fabricante indica valores mínimos e permite superalos, así que pasar de 1.8mH a 4mH era asumible.

Pero os autoreinicios seguían.

#repaircafe
#lavadora
#fagor

2025-07-29

Así que lle metín un condensador de 10uF. Cal? Pois o que comprara para o rectificador de media onda de alta tensión, que é de 10uF e 400V. Pero o condensador orixinal era un SMD 1206 (enano). Para que encaixara na placa tiven que metelo debaixo do display LCD, tal e como se ve na foto.

#repaircafe
#lavadora
#fagor

Imaxe dunha placa de control de lavadora, onde se ve un condensador electrolítico cilíndrico metido debaixo dunha peza de plástico que sostén a pantalla LCD, e cos seus terminais aislados con trozos de tubo termorretráctil (sen axustar).
2025-07-29

O LNK304GN (e toda a familia) ten un modo de autoreinicio cando detectan algún fallo, e tiña toda a pinta de que era o que estaba a ocorrer.

Revisei todos os compoñentes e todos estaban ben, pero o condensador de feedback, o que vai conectado entre o inductor e o diodo da parte superior do circuito, dábame unha capacidade de 1uF. Que non é que esté mal, pero o fabricante recomenda entre 10 e 22 uF.

#repaircafe
#fagor
#lavadora

2025-07-29

Pois hoxe pola mañá fun a comprar os compoñentes, e botei toda a tarde empantanado. O desgraciado do circuito segue sen funcionar, pero a grandes males, grandes remedios...

O primeiro que cambiei hoxe foi o regulador, que como xa comentei estaba queimado.

Co regulador novo, a placa encendía... por momentos. A pantalla púxose a encender e apagar continuamente. Revisadas as alimentacións, vin que os 16V iban e viñan.

#repaircafe
#lavadora
#fagor

Imaxe da placa de control da lavadora, co regulador desmontado. Vense os pads onde estaba soldado o compoñente.Imaxe da placa de control da lavadora co novo regulador soldado.
2025-07-28

Pois veña, unha para usar agora e outra para dentro de outros 13 anos...

Dúas resistencias por 1€. Caras, pero a urxencia obriga. E a rezar para que o regulador esté ben...

#repaircafe
#lavadora
#fagor

Imaxe de dúas resistencias de 100 ohmios e 3W. Teñen unha banda de cor adicional que a orixinal porque son de menor tolerancia.
2025-07-27

Axuda!!!
Alguén ten algunha idea do valor desta resistencia?
As cores xa non se aprecian moi ben.
#repaircafe
#lavadora
#fagor

EDITADO: Xa atopei varios sitios onde aparece unha resistencia de 100 ohmios, así que polo de agora queda aclarado. Unha placa nova custa entre 80 e 150€, polo que vin pola rede. Veremos se fago o apaño cunha resistencia duns céntimos de euro (non debería custar máis). Estaba pensando nunha vitrificada máis robusta, pero parece que esa resistencia fai tamén de fusible.

Imaxe dunha placa de control dunha lavadora onde se ve unha resistencia agrietada, coas bandas de cor xa moi esvaídas.Imaxe da etiqueta identificativa da placa de control da lavadora, onde entre outras cousas pódese apreciar que o modelo é V3FA-UNIV.
2025-07-09

Para Joxean, de Fagor, desde el punto de vista industrial es absolutamente necesario un debate profundo para la transición energética. "Por dos razones; la razón ética y desde la necesidad de utilizar la energía verde en los procesos productivos".

▶️ peertube.eus/w/2fzVyfDAhVM7ebr

¡Apoya el proceso!
Argitzen.eus/es/unete/

#Fagor
#Industria
#Argitzen
#Proceso
@aotxandiano

Joxean Fagor
2025-07-09

Fagor-eko Joxeanen ustez industriaren ikuspegitik energia trantsiziorako debate sakon bat erabat beharrezkoa da. "Bi arrazoiengatik; etikoa eta prozesu produktiboetan energia berdea erabiltzeko beharretik".

▶️ peertube.eus/w/sk2JGKnV1C1xLmH

Eman babesa prozesuari!
Argitzen.eus/bategin

#Fagor
#Industria
#Argitzen
#Prozesua
@aotxandiano

Joxean Fagor
Jonmikel Intsaustixanmixel@mastodon.eus
2025-06-04

@nizuzuzunini @txerren @barberenea @teketen

Hemen Antonio Garisa aktore komiko espainiarrak egin zuen #Fagor markaren iragarki arrakastatsu hura. Fagor markarentzako salmenta mugarria izan zena.

youtu.be/5F4_aDP_xFE

💚 #Intercooperació

Nou #cooperatives participen en la reforma integral d'un hotel a #Mondragón.

#Krean dirección de obra
#Onnera Group: los equipamientos de restauración
#Gerodan ha equipado las habitaciones
#LABORALKutxa la financiación
#Enea ha equipado con sus muebles los espacios
#Erreka los automatismos
#Ondoan ha ejecutado la reforma y mantendrá el edificio
#Fagor Electrónica la recepción de TV y multimedia, y
#Ausolan colaborará con el restaurante.

#Cooperativa
tulankide.com/es/mondragon-hos

Franko 🐦‍🔥frankokira
2024-06-06

Un poquito del trabajo de hoy

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.07
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst