Hexageradas
🖐️Artesanía e protesta✊ 🟣Sororidade e interseccionalidade🫂 📍Galiza
2025-02-18
Saca sáfica ❤️
cara B

Esta saca fíxena como agasallo en outubro do ‘23. Ao coñecer os gustos (uns 👩‍❤️‍👩e outros🍭) desa persoa, apareceu esta idea na miña cabeza. Ficou alí durante uns meses até que se achegou a data do seu aniversario e puiden pintala.

Se mo permitides, esta saca é bastante incríbel, moitas grazas. Mira que transparencias.

A outra cara tédela un par de publicacións atrás.

*os deseños desta conta son propios e orixinais

#hexageradas #sáfica #sapphic #tote #totebag #bolsa #bolsas #artesania #artesaniagalega #piruletas #sacas
Descrición das imaxes:
1 Sobre fondo vermello unha saca de tea pintada a man. O deseño é de dúas piruletas inclinadas que se derreten a unha sobre a outra. As piruletas son vermellas/rosadas e teñen forma de corazón. Abaixo pódese ler “Hexageradas”
2 Foto de preto da saca onde só se ve o deseño escrito anteriormente.

Fin da descrición.
2025-02-10
2 fotiños tiradas nun espazo cutreiro chulo e 2 fotiños tiradas nun espazo fisno feo 💜💚🩷

A mensaxe penso que está clara así que non vou dicir máis nada 🙂‍↔️ Bon, si, que non quero traballar

#hexageradas #traballo #obreira #artivismo #engalego
Descrición da imaxe:

Nas fotos 1 e 3 saio eu, con roupa diferente, termando de produtos de Hexageradas. A foto está tirada en plan selfie no espello e o fondo é o dun piso vello de estudantes de toda a vida.
Na segunda foto saen todos os produtos dos que estou termando na primeira: dúas sacas envoltas para entregar e a miña funda de computador que leva pintadas letras como se fosen recortes de revistas. Podemos ler “non quero traballar”. O fondo é unha mesa de oficina.
Na cuarta foto sae unicamente a funda de computador sobre un fondo de herba moi verde e moi falsa.
En rodas elas intento que o foco central sexa esta funda de computador.

Fin da descrición.
2025-01-31
Aproveito isto para pedir que non deixemos de compartillar. Un alto ao fogo non significa a liberación dun pobo. Non significa nin a fin dos asasinatos, moito menos a fin da represión. Trump xa ten os ollos postos en Gaza. Non deixemos de ter os nosos ollos postos nela.

#hexageradas #loitasocial #palestina #gaza #xenocidio
Descrición da imaxe:
O fondo é unha mesa de madeira natural sen tratar. Na esquina inferior vese manchada de pintura por pintar enriba dela. Na esquina superior esquerda sae un anaco de computador. Colocadas por toda a mesa hai decenas bandeiras de Palestina de tea pintada. Fin da descrición.
2025-01-29
🟣🏳️‍🌈🟤🏳️‍⚧️⚫️

Isto é forte. Credes que desta vez teremos un espazo no que ficar? Un espazo que non nos silencie por falar nunha lingua ou por sacar certos temas? Credes que isto pode ser o comezo de algo chulo?

Eu espero que si.

Polo de agora abrimos isto deixando claro de que imos e ao que vimos.

Artesanía, artivismo, activismo.

Protesta.

Sororidade e interseccionalidade.


#Hexageradas #artesania #artivismo #activismo #protesta #interseccional #engalego #galega
O fondo é dunha sorte de contrachapado. Enriba hai espaiadas varias “bandeiras” de causas sociais (en formato brinco): feminista, lgtbiq+, trans, bi e movemento nunca máis. Vense como anacos de tea pintados.
Fin da descrición.

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.04
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst