Mohamed Safa será o relator dunha palestra en Ourense que tratará sobre o xenocidio que está a resistir o pobo palestino.
Agardámosvos na próxima terza feira, 13 de maio, ás 19:30h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel!
#Palestra #13Maio2025 #Ourense #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina #15MNKB
#15Maio2025, aniversario do inicio da #Nakba, vémonos nas #MarchaDoRetorno que terán lugar nas sete cidades galegas en apoio da #Palestina! 🇵🇸
#Compostela 20:30h Praza 8 de Marzo
#Coruña 19:30h Obelisco dos Cantóns
#Ferrol 19:30h Praza Vella
#Lugo 20h Delegación Provincial da Xunta
#Ourense 20h Subdelegación do Goberno
#Pontevedra 19:30h Hospital Provincial
#Vigo 20h Oliveira, Paseo de Afonso XII
"La empresa se vio obligada a limpiar las estanterías"
Carrefour limpa os estantes dos nosos autocolantes pero os seus produtos seguen manchados do sangue palestino. Seguiremos boicotando con máis forza aínda en todos os Carrefoures da Galiza ata que esta empresa rompa os seus acordos con Yenot Bitam e Electra Consumer Products!
Vémonos no Andén I neste domingo, 11 de maio, ás 19h, na asemblea aberta do BDS Ourense. Nela, organizaremos os últimos preparativos para a manifestación do 15 de maio, aniversario da Nakba.
Do río ao mar, a Palestina vencerá! ✊🇵🇸
#Boicote a Carrefour de onte en #Compostela onde estivemos informando sobre a complicidade desta multinacional coa ocupación e o #xenocidio en #PALESTINA
Tamén repartimos panfletos chamando a acudir á palestra de Mohammed Safa do vindeiro 14 de maio e á Marcha do Retorno organizada pola #redegalegapolapalestina no 77 aniversario da #Nakba, (15 de maio).
VÉN FACER OS MAIOS SOLIDARIOS COA PALESTINA CONNOSCO!!!
Estaremos todo o día do sábado desde as 10h a elaborar e adornar os maios xunto es viciñes no bairro da Carballeira.
No domingo, exporemos o resultado na rúa do Paseo a partir das 11h.
Participa!!!
🇵🇸🌱🪻🌾🌹
#Maios #3Maio2025 #4Maio2025 #Ourense #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina #MaiosPolaPalestina #15MNKB
Decidimos adiar os boicotes do día de hoxe na #PobraDoCaramiñal, #Ribeira e #Compostela debido ás dificuldades ocasionadas polo corte de luz de onte. Queremos lembrar que tamén na Palestina hai cortes de enerxía e que seguiremos loitando contra o Carrefour e as demais empresas e institucións cúmplices de Israel na Galiza!
En #Ourense continúa vixente a concentración de hoxe, 29 de abril, ás 20h, na rúa dos Ponxos, 1
#Boicote #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina #15MNKB #BoicoteCarrefour
🎥 Proxección de Fillas da Nakba🇵🇸
Sexta feira, 2 de maio, ás 20:00h.
Centro social Faísca (rúa Toledo, 9, O Calvario, Vigo).
🎞Fillas da #Nakba é un #documentario que recolle as datas e sucesos máis significativos da #colonización do territorio #palestino desde o século XX, e que destaca como as mulleres palestinas son parte de todas as formas de loita e resistencia contra a #ocupación, primeiro británica e posteriormente #sionista
CICLO DE #CINEMA POR #PALESTINA
Sala Versus (Xerardo Álvarez Limeses, 12, #Pontevedra )
#15MNKB #Proxección #Filme #2Maio2025 #14Maio2025 #RedeGalegaPolaPalestina
📢 Nesta cuarta feira, 23 de abril, vémonos na asemblea de preparación en Compostela para os actos en torno ao 15 de Maio, Día da Nakba!
Achégate para artellar a solidariedade coa Palestina desde a Galiza!
🗓 Cuarta feira, 23 de abril
🕜 17h
📍 A Gentalha do Pichel (rúa Santa Clara, 21)
Do río ao mar, a Palestina vencerá! 🇵🇸🇵🇸🇵🇸
#Asemblea #23Abril2025 #Compostela #RedeGalegaPolaPalestina #15MNKB
RESERVA A DATA: 15 DE MAIO, DÍA DA NAKBA.
Na Galiza seguimos mobilizándonos contra o xenocidio, ocupación e apartheid que leva a cabo o rexime colonial sionista na Palestina co apoio de corporacións e Estados imperialistas.
Ficade atentes ás actividades e accións que se farán nas vindeiras semanas como antecámara do 15 de maio!