Unha dúbida para a comunidade de @/mastodon.gal e para calquera galegofalante que me lea: como é a túa relación ca lingua? Quero dicir, no íntimo, como vos relacionades con ela (e a través dela)? O meu galego é o que me deprenderon, moi semellante ao "oficial" castelanizado, mais non sei como me posicionar en torno a cuestións coma a norma ortográfica a utilizar.
Eu considero que ningunha institución, sexa cal sexa, debe soster autoridade sobre o uso da nosa lingua. Porén, isto non significa que haia que aceptar acriticamente a primeira representación do galego que se nos é ofrecida na vida, posto que esta pasividade é tamén ata certo punto política. Cheguei á conclusión de que o mellor é, por unha banda, achegarse e recuperar o máximo da variedade dialectal local tal e coma o falaba a xeración des noses avoes e bisavoes, e pola outra banda, aceptar que a lingua é algo que se constrúe co seu uso, que o significado das verbas refírese ao seu propio uso, prefigurar a túa propia comprensión do galego ao tempo que descubres e redescubres a fala...
Mais quero coñecer outras opinións. Que opinades do uso da norma da RAG? E da reintegracionista? Da norma de mínimos? Obviamente, sabendo que o único galego mao é o que non se fala.
Moitas grazas de antemán!
#galego #lingua #fala #castelán