#plenos

2025-03-29

Do pleno de 18 de marzo

Escudo de Ribadeo, versión tradicional e segundo Pancho Campos

O 18 de marzo houbo un pleno en Ribadeo. O asistir a el deixoume un regusto amargo como tentei plasmar na entrada correspondente do blog. Como dixen alí, segue sen estar accesible na web do concello a convocatoria, e polo tanto, a orde do día que se seguiu. E, pasados dez días, non vou comentar máis que o que xa comentou a prensa, baseándose principalmente na nota que sacou o propio alcalde antecedendo ó pleno. Nota que, por exemplo, xa non comenta a presentación para aprobación definitiva do escudo e bandeira municipais, que houbo que facer debido ás alegacións presentadas, a pesar de dar a ‘noticia definitiva’ a nota de prensa da alcaldía de 19 de febreiro.

En fin, deixo sen máis comentarios o audio do pleno. O falado sobre escudo e bandeira foi breve, a partir do minuto 25:20.

#cultura #PanchoCampos #plenos

2025-03-19

Reflexos condicionados

Din que músculo que non se usa, atrófiase. E calquera aparello que non é usado, remata por estragarse, de xeito que cando se pretende usar, pode non responder… A democracia, tamén. De feito, estámolo a vivir.

Teño estado presente en numerosos plenos municipais de Ribadeo, como público sempre, moitas veces acompañando a xente como José María Rodríguez ou Pepe Salvatierra. En diversos mandatos. A última vez, onte, martes 18 de marzo. E onte volvín a lembrar un sentimento que tiven moitas veces ó facer o seguimento do pleno.

Hai sentimentos que son moi comúns e que aínda que non sexan sempre e para todo o mundo igual, están normalizados por unha verba: ledicia, desacougo, temor… Pero mesmo neses, hai situacións que necesitan cualificarse mellor para achegarse a comprendelos. O que me pasa nos plenos (e cónstame que non son o único a quen lle pasa algo parello) necesita un pouco de explicación. En parte, porque sempre puiden ver que a asistencia é moi minoritaria, en parte polo mesmo funcionamento dos plenos, xa dende antes da súa convocatoria.

Coido que os plenos municipais están concibidos como exercicio democrático: alí se discuten cousas e logo se toman decisións, tendo participación diferentes representantes do pobo. Mais, a quen se asome por un pleno, esa concepción pode soarlle a algo estraño. Se vas de público, moitas veces non tes oportunidade de acceso ós documentos que alí se tratan. Mesmo parece que máis dunha vez algúns dos que están sentados nas butacas que lles corresponde tampouco tiveron acceso adecuado. Onte era inútil a procura na sede electrónica do concello da convocatoria, co que a xente que acudimos, fomos alí (ao menos a maioría) pola propaganda pola que o goberno municipal gabou o que presentaba na sesión. Propaganda, non anuncio, pois trataba de difundir unha visión das cousas e non un resume obxectivo. De calquera xeito, propaganda que non logrou (coido que tampouco era o seu fin) que houbera máis público que participantes de oficio.

En canto ó desenvolvemento do pleno, as introducións ós puntos lidas polo secretario puxeron, como é habitual, a proba a intelixencia e comprensión do público asistente, que non tiña participado nas sesións da Xunta de Goberno. Chama a atención que pareza que a principal función dos concelleiros sexa levantar a man; por iso citei a José María ó comezo: el sempre dicía que era mellor que fora un por partido, por exemplo cun carteliño que puxera o número de concelleiros do seu grupo para levantalo cando fose necesario. As discusións, pola súa banda, poden corresponder ó tratado… ou non. É dicir, pode adicarse máis tempo a xulgar o que se fai noutros concellos, por ser de diferente signo político, poñamos por caso, noutros tempos (outro mandato municipal), ou á autoposta de medallas, que en discutir os pros e contras para a poboación da decisión que está sobre a mesa. E que se fixera algunha vez solta, puidera ser ilustrativo, aportar valor. Que se faga coa frecuencia común nestes casos, sinxelamente é como mínimo, distrativo, unha distracción. E poderiamos seguir.

Alongaría estas palabras o facer unha revisión do chamado regulamento de participación cidadá, que permite ó alcalde, despois do pleno, contestar a preguntas que se lle poden facer dende as asociacións. Asemade o alongaría explicar o por que ese mecanismo caeu en desuso en Ribadeo.

Por suposto, mellor é algo que nada, non? E non, non creo que teña que estar todo o pobo nos plenos, para iso está a representación política. Pero está claro que a democracia, se non se usa, se non se coida, pérdese. E unha cousa é non estar nos plenos e outra só seguir, como moito, a propaganda dun ou outro partido colgándose medallas ou atacando de calquera xeito a quen ten unha postura diferente. E así, por costume, rematamos cos reflexos condicionados, deixando a política en mans de… quen?

#plenos

2025-02-02

Martes 4F, actividade no concello

Martes, actividade no concello

     O martes 4 de febreiro está previsto que teña lugar tanto unha Xunta de Goberno Local como un Pleno Extraordinario obrigado, pedido pola oposición.

    O segundo foi obrigado legalmente pola peticiónda oposición, e terá lugar ás oito da tarde no salón de plenos (lugar normal da celebración dos plenos, dianteira do concello) cun único punto na orde do día: “Debate e aclaración sobre o acontencido coas cortas de árbores en diferentes lugares do Concello e a manifestada intención de proxecto de reforma sobre o campo de San Francisco.”


Martes 4F, actividade no concello   

    Mentres, a primeira está convocada ás sete da tarde, no salón dos alcaldes (o
que ten os retratos dos alcaldes da democracia en Ribadeo, situado na
traseira do concello), coa seguinte orde do día, asunto de trámite: 

    Aproveito para deixar a ligazón á última acta que aparece polo momento na Sede electrónica do Concello:

ACTA DO PLENO 2024-0013 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 20.12.2024]

#plenos

2025-02-05

Remata o pleno votando contra a lei?

Antes de comezar o pleno

Remata o pleno votando contra a lei?

A vida está chea de cousas absurdas

que poden dar a impresión de non ser verídicas.

Sabes por que?

Porque esas cousas absurdas son verdadeiras.

(L. Pirandello, Seis personaxes na procura de autor)


1.-    Lembremos: un pleno extraordinario obrigado pola oposición sobre a corta indiscriminada de árbores dos últimos tempos…

    O de onte -martes 20250204- foi curioso, si. Un pleno que encara o seu remate do seguinte xeito: pasando de votar as propostas ata que dende o público se pregunta por elas. Un pleno no que logo diso o alcalde continúa falando e dicindo que se está a cumplir a legalidade que piden as propostas, que por fin pasa a votación e o grupo maioritario vota en contra da mesma proposta que remata de ser declarada cumplida e legal por parte do alcalde… (a primeira, paralización inmediata das cortas, entendo que seguiu sen ser votada)

    A espera de solucionar problemas técnicos coa reprodución aquí do audio recollido, sigo o resumen do pleno, de xeito rápido: unha vez feita a exposición, longa e detallada, por parte da oposición ó comezo da sesión, o alcalde pasou a lembrar episodios de pasados mandatos (‘lexislaturas’, segundo el) por un bo tempo, e, do pouco que falou sobre o tema enriba da mesa, a contradicir as súas verbas anteriores -documentadas- e mesmo algunhas das ditas un pouco antes no mesmo pleno para tentar xustificar que todo estaba correcto, axustando que ‘eles’ (o equipo de goberno, do que só falou el) facían todo ben, e que se algunha vez erraban, non se lles caían os aneis por pedir perdón (ainda sigo esperando que o faiga). Cara ó final, o público interrompeu varias veces ó ver que o alcalde falaba dando voltas sen dicir nada relacionado coa corta indiscriminada de árbores, motivo do pleno.

    Pleno de hora e media, con asistencia de 35 persoas de público (con xente de pé), despois de celebrarse nun sitio non anunciado (estaba anunciado para o salón de plenos e celebrouse no de alcaldes por obras no outro), con accesos non ben sinalados (a escaleira principal resultou estar en obras, e o único cartel indicador que puiden ver estaba ó fondo do corredor, á beira das escaleiras que había que usar).

    Unha nota final: Hai só poucos días que escribín unha petición para que se colgase na web documentación sobre unha modificación do PXOM afectando a unha zona verde de Ribadeo, que debera estar exposta dende case un mes antes. Pouco despois da petición, púxose. A petición incluía un aviso: se non se pon, non corren os prazos e a votación realizada no pleno non serve de nada… Non citaba na petición a falta de transparencia que o desleixe implicaba. É só un de tantos dos episodios ocurridos ultimamente. Deixo en baixo unha copia parcial do documento de petición:


2.-    Como ampliación, unhas horas despois, aumento:

2.1.-A nova, en Crónica 3 (nota de prensa do BNG).

2.2.-Engado a entradilla do comezo.

2.3.-Vexo que vou tardar en solucionar o problema técnico para a publicación do audio, polo que é de esperar que ata os próximos días, en entrada aparte, non o dé feito.

#Medio #plenos #sociedade

2025-02-05

Remata o pleno votando contra a lei? Audio

O teixo de Arante, árbore senlleira dada onte por desaufizada polo alcalde. Autor descoñecido


    Aínda con problema, xa podo compartir o audio da sesión do pleno extraordinario e obrigado de 20250204 en Ribadeo. Tomado dende o fondo da sala, hora e media, sen editar. Componse de breve intervención do alcalde para abrir o pleno, presentación das propostas a cargo de Pablo Vizoso (BNG), breve intervención de Marta García Rey (PSOE), longa intervención do alcalde Daniel Vega, resposta de Pablo Vizoso, incluíndo audios de entrevistas, e remate tamén longo do alcalde. Audio dende Acast, https://shows.acast.com/ribadeando:

 O audio, noutra plataforma:

#plenos #podcast

2025-02-06

Remata o pleno votando contra a lei? Video (e fin)

Foto de Suso Fernández. 17 de decembro de 2024.

    Como última entrega do pleno do martes 20250204 en Ribadeo sobre o ‘tratamento’ que se lles está a dar ás árbores, adxunto en formato vídeo os audios tratados por Suso Fernández, distinguindo no nome por orde de intervención e por nome de quen intervén maioritariamente.

    ( e 2ª entrega sobre o trasncurso deste pleno)

 

 

#Medio #plenos #sociedade #SusoFernández

2007-07-07

   Despois de probar onte con éxito os ladróns a furtar en Arenal, hoxe o Edda Fram está fóra da ría nestes momentos que escribo, e o alcalde tentará probar sorte hoxe no pleno para poder exercer de alcalde a tempo completo.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2007/07/07/despois-de-probar-onte-con-xito-os/

#plenos #sociedade

2007-09-18

Onte, ás oito da tarde, deu comezo o pleno que abriu o ‘novo curso’ político en Ribadeo. Sen megafonía, resultou moi dificultoso seguir algunhas intervencións, por iso quizais caín na conta nalgún pequeno detalle como que o retrato do Rei, situado detrás do alcalde, está semi tapado por unha bandeira española, nunha superposición de símbolos na que se ocultan uns a outros.

Nove veciños, no momento de maior asistencia, estaban en minoría fronte ós elexidos municipais.

comezouse a falar do orzamento de cultura, pasando logo ós apoios no consello territorial provincial e diversas outras representacións. Seguiu a petición da cesión das rotondas (Voar e entronque coa autostrada), e a petición como festivos do martes de antroido e 8 de setembro para o próximo ano. Temas todos que saíron por unanimidade (excepto o primeiro) e que quizais por iso, propiciaron unha sesión tranquila.

O seguinte punto coido que deu lugar ó inicio real do pleno: tratábase do nomeamento duna persoa de confianza para a secretaría persoal do alcalde, que saíu cos votos de BNG e PP, e abstención do resto, parece que por temas presupuestarios. A dicir que o pleno ten que apoiar o posto, non á persoa. O alcalde propoñerá a María Pérez Mon, que traballa xa no concello.

Sen discusión, foi aprobado despois o orzamento do ano en curso, xa tratado en instancias previas polos grupos municipais.

Désuse despois traslado de acordos varios da Xunta Local de Seguridade (non de todos os tomados por ela), de colaboración entre admnistracións e comezo do plano local de seguridade. Aquí saiu a controversia sobre a decisión de direccionar a entrada e saída á praia das Catedrais (Augas Santas), coa crítica a que a saída sexa a nivel de Casa Amadora, un dos peores sitios para saír a N634 de toda a Mariña.

O tema da saída foi retomado no punto seguinte, unha proposta de UPRI, na que saíron a relocer aparcamentos e adecuación de viais, ambos polo que parece xa en marcha, incluíndo a consignación pola Deputación de cartos para viais. O aparcamento, privado, e o centro de interpretación estarían máis retrasados, o que deu lugar a un pequeno debate político con puntualización ssobre o tema e sobre aproveitamento de discusións no pleno por parte dos grupos, rexeitando ó final a proposta de urxir que se fagan ambas obras por ser redundante (BNG/PP, en contra, PSOE/UPRI a favor)

O punto seguinte foi unha moción de urxencia de UPRI, á que se lle negou a urxencia e polo tanto ‘desapareceu’ do mapa. A destacar que o alcalde negoulle ó ex alcalde o dictame do secretario, que aquel quería por considerar que se debía votar a urxencia do tema.

Entrouse nun longo turno de rogos e preguntas, ocupado polos dous concelleiros de UPRI na case totalidade, e donden entraron, entre outros, temas como a realización de carreiras polo paseo marítimo (segundo se dixo, chégase a acadar os 140km/h) o pintado de sinalización horizontal (parece que se quere ensaiar un novo sistema máis duradeiro), a substitución de sinais en mal estado, o estado do campo da festa en Vilaosende, a retirada de postes non usados e antestéticos de Feve e Barras, o horario de atención ó público da casa da Ría e o plan para o futuro da mesma, a recollida porta a porta dalgunha clase de lixo anunciada hai pouco, etc. temas, na súa maioría que coido que sería preferible comunicar direitamente ós responsables para o seu tratamento, en troques de realizar rogos no pleno (pode que así non fora tan efectiva a súa solución nin rendible eleitoralmente, pero co público asistente este último detalle creo que pode descartarse)

Saiu asemade no turno de preguntas algo curioso: a multa de 600€ da Xunta ó concello por limpar camiños de acceso ás praias en zona de Rede Natura, algo que parece ocorreu por iniciativa do propio persoal de limpeza no tempo de despois das eleccións, antes da elección do novo alcalde.

E aí vai o resume dun pleno abondo calmado e que resultou agradable polas fintas políticas, intraducibles ó papel, que alí se deron. Mágoa de unha mellor sonoridade. Apunto tamén que o portavoz da UPRI sae perxudicado no tema da audición, pois é con diferencia o que peor se oía, alomenos dende a posición na que esu estaba.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2007/09/18/pleno-s-oito/

#orzamentos #plenos #política

2007-11-15

    Onte houbo un atropello en Vicente Pérez Martínez, case no extremo da Orden terceira, sen consecuencias graves polo que parece.

    A nivel un pouco máis extenso, Lugo foi a provincia española de maior alza nos prezos en outubro. Toda unha distinción, vaia. E mentras, en Madrid fan unha redada entre persoal do concello por cobro de comisións. De prezos e comisións tratou o 5º punto do outro día. Diversas taxas (non sei se quedaría algunha sen subir) fixérono relativamente ó IPC, sendo aprobadas en conxutno e por unanimidade. O lixo aumentou un 25% cons votos do BNG, UPRi e PSOE, a auga, un 5,15% cos do BNG, PSOE e PP, e as escolas municipais, un 25% co voto negativo do PP. estas últimas supoñen 10€/ano máis. A discusión centrouse no lixo, pois parece que esa subida non sería abonda, pero ó tempo, mercarase un camión, o que facilitará facer economías en reparacións… Ou sexa, que xa veremos.

    Os puntos 2º e 4º foron resolucións sobre varias partidas e facturas e o recoñecemento extraxudicial de créditos para facturas ‘extraviadas’, algunhas do ano 1995, que se aprobou coa abstención da UPRi. Pregúntome que cara se lles haberá quedado a algún subminsitradores do concello sabendo que por fin van cobrar unhas facturas que andaban mareadas por aí. Parace ser que non é a priveira vez que ‘aparecen’ facturas así. Non é estrano que o concello teña fama de mal pagador.

    E queda do pleno só o tema do orzamento, que merece un artigo a parte. Coido que o pleno estame a saír tan longo como foi.

    Mentres, seguen a ocorrer novas en Ribadeo: onte foi a inauguración da feira no Porta da Auga. A ela corresponde o folleto que se adxunta. Ademáis, quen acuda poderá observar na entrada a valla de división entre IES (ensino xeral + administrativo) e CIFP (Automoción, electricidade, construcción) que os políticos mandaron levantar entre o que xan son dous centro que se chaman ambos ‘Porta da Auga’.

O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas:

Pleno ó 13 (primeira parte) 

Pleno ó 13 (segunda parte)

Pleno ó 13 (III)

Pleno ó 13 (IV)

Pleno ó 13 (V)

Pleno ó 13 (… e fin)

 

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2007/11/15/prezos-e-comisins-pleno-13-v/

#plenos #política #sociedade

2007-11-15

    O punto terceiro foi o da aprobación do orzamento xeral do concello… para este ano. É dicir, algo que tivera que estar feito a finais do ano pasado (e que xa se avanzou que tampouco estará listo o do próximo a finais deste, polo demais comprensible dada a data de aprobación do actual). Foi tildado en todo momento de presuposto-liquidación por ser xa unha aprobación a auga pasada, algo que pouco máis cabería dicir que tiña que ser aprobado por xa estar gastado. 

    Alí ían incluídos pagos de todo tipo, como o pago á SGAE pro actuacións diversas dende hai anos, e que representou varios millóns das antigas pesetas (quen queira información sobre o tema ten numerosos artigos en internet contra este pago que de feito representa un imposto inxusto, sobre o que non é a primeira vez que falo no blog). 

    Ben, este orzamento incluía o financiamento de varias administracións por actividade de todo tipo. Vaia por diante que foi aprobado con abstención da oposición, o que agradeceu o alcalde e máis ou menos xa estaba anunciado. Pero eso non quitou para que, tratándose de moitos cartos, non dera lugar a razonamentos e discusións diversas. Así, UPRi tildouno de irreal, inflado, sen redución de obrigas previas, con xeración de débeda, con incremento do atraso nos pagos, etc, incluíndo que vaian 475000€ a ‘gastos diversos’ e críticas curiosas como que o orzamento estea en castelán ou que coa cantidade de gasto de cultura teñamos as peores festas da rotonda. 

    A intervención do PSOE destacou que se absterían pola corresponsabilidade de gasto ata as eleccións nun orzamento que con 8600000€ é o máis alto da historia (habería que lembrar que os presupostos tenden a subir ano tras ano, pois a inflación tamén sube, pero resulta que en xeral van tamén por arriba da inflación), un orzamento tardío que representa un incremento do 8%. 

    O PP tildouno directamente de mal presuposto, contra o que votarían noutras circunstancias (que non aclararon pero suponse que se refería a que é ‘só unha liquidación’). Lembrou ó goberno que non procuraron acordo para levalo adiante, pero que ían ‘obrar con responsabilidade’. Compararon co orzamento do 2002 en diversos puntos, como o aumento de gastos correntes e persoal (entre ambos, 69% fronte ó 63% no 2002) e a diminución de inversións (paso do 25% ó 20%), así como resaltaron os 47000€ en gratificacións ou os 65000 en comunicacións, cadruplicando neste apartado ó 2002. Asemade, deron nota de que os ingresos estaban inchados, incluíndo un aumento de 12 veces nas multas de tráfico ou de 6 nas multas urbanísticas. 

    Naturalmente, houbo defensa, pero coido que máis por quedar ben que por necesidade. Un par de puntos dános que os móbiles dos concelleiros rebaixaron a súa factura, pero as comunicacións aumentaron polo ADSL das parroquias e cousas por estilo, e que o aumento do orzamento responde a partidas afeitas de anos anteriores, que andan por 500000€. 

    Todo isto, como é natural, con tintes políticos e de culpabilidades atribuídas a uns ou a outros. Pero nada máis. 

O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas:

Pleno ó 13 (primeira parte) 

Pleno ó 13 (segunda parte)

Pleno ó 13 (III)

Pleno ó 13 (IV)

Pleno ó 13 (V)

Pleno ó 13 (… e fin)

 

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2007/11/15/pleno-13-e-fin/

#orzamentos #plenos #política

2008-03-11

    Onte, pasadas as eleccións xerais, de novo a política local voltou a poñer o seu gran de area no interese público. Pleno en Ribadeo co aforo cheo a contagotas (do mesmo xeito se vaciou logo), o que permitiu que, acompañado en parte polo funcionamento dos altofalantes, os portavoces tentaran sacar algo de oratoria. Unha costume que estaría ben continuar nestes plenos abondo menos crispados que no mandato precedente. 

    O seu desenvolvemento a modo implica que boa parte del foi previsible. A toma de posesión de Ramón López Pérez despois da renuncia de Carlos Pérez Méndez, unha pequena intervención para modificar un detalle na acta anterior… deixaron un terceiro punto onde M. Luz aconsellou a Rivas pasar polas actuacións para ver a súa calidade e o número de asistentes, despois de que aquel voltara a preguntar polo gasto en cultura. 

    No apartado correspondente ó servizo ‘xantar sobre rodas’ destacaron todos os grupos que se aproba ‘no aire’, para tentar facer as cousas ben despois. Pode que, a aprte do plantexamento da alcaldía, o máis destacable sexa o dito por José Carlos, notando que antes (o pasado ano) foi por un tempo curto, afectou só a 17 persoas e foi gratis, cousas que non vai ser agora, e que pero é plantexalo e logo cortalo. Foi aprobado tamén por unanimidade. 

    Algo polo estilo pasou no punto correspondente ó ARI: proposta unánime, pero non se sabe que. 

    Do punto 8, pouco novo: sae Coto/Isolux Corsan e chega Urbaser despois de que a xunta consultiva esteña sen conformar aínda e de que UPRi voltara tentar de novo que continuaran as cousas como ata agora, ganándose unha reprimenda de PP e BNG por insistir en tres plenos diferentes e tentar de desviar o que foi a súa proposta aceptada no último pleno. Ó final, BNG e PP sacaron a cosua adiante. 

    O punto sobre o PXOM, ó final saiu con unanimidade, felicitándose todos polo día histórico que iso significa. Agora, tras a aprobación inicial, será posta a disposición durante dous meses na vella oficina de turismo, en internet, nun CD, … para alegación sdurante dous meses. No punto clave do día foi onde máis se tentou o facer notar a dialéctica florentina, o ‘apoio crítico’ e o compromiso dos grupos. O PXOM será tema no blog máis dunha volta na próxima tempada. 

    O punto seguinte, unha moción para o amaño de calvo Sotelo feita polo PP comezou con sorrisos na sala a partir de que UPRi, polo seu número dous, dixera varias veces que non comprendía a moción, a causa de que non está definida se se quere rúa peoníl, se vai faltar máis aparcamento, a financiación… Ó final, sen financiación polo momento, con outras posibilidades semellantes no pobo, vai adiante a proposta por unanimidade para o seu estudo e taponado de todas esas dúbidas plantexadas. 

    Queda para outro momento o punto de rogos e preguntas, nutrido coma sempre, que remato coas preguntas da AVV O Tesón.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2008/03/11/hora-da-poltica-local/

#plenos #política

2008-03-12

    Unha volta rematado o tema principal das eleccións, (tamén aquí, complementando o anterior) Onte saíron as axudas para a instalación de empresas en diversas zonas (‘áreas prioritarias’). Entre esas diversas está Ribadeo. Hoxe sae na prensa un pequeno recadro lembrando que as axudas, se non se controlan, valen sobre todo para facer unha transferencia gratuíta do público ó privado. Polo demáis, as subvencións poden xerar moitos recursos para todos. A cousa é saber cal das dúas opcións vai ser. 

    O que nos leva a que vinte empresas optan á construcción do ascensor da Atalaia. Concello, Medio Ambiente (o licitador, a traverso de Costas), … é un proxecto no que non creo por varias razóns, que van dende o impacto ó control de gastos, pasando poo mantemento. Aínda o outro día lle din un repaso ó libro onde aparece o proxecto e lembrei a entrada neste blog, (non é a única referida a el, pero si a máis ilustrativa). 

    Tentando rematar o do pleno de onte, lembro en primeiro lugar o comentario de José Mª, dando outra visión e por se acaso nno me da tempo a finalizar o ‘informe’ agora (cousa moi probable). 

    O último ponto foron os rogos e preguntas. Comezou UPRi a rolda, como sempre (van as intervencións de menos a máis votados, exceptuando a intervención inicial do alcalde), esta volta preguntando sobre os cartos do gabinete de comunicación. 

    Ó final, é un gabinete externo. E dicir, é unha contrata a unha empresa, localizable en faronorte.es, (non confundir co moito máis famoso e presente na web polo momento, restaurante ‘Faro norte’), por 6000€ + i.v.e. ó ano,con contrato anual prorrogable por periodos iguais. Seguiu unha pequena dación de opinións e aí quedou a cousa. Igual que queda esta entrada, sen rematar a información polo momento…

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2008/03/12/moitas-empresas/

#economía #Medio #plenos #política #sociedade

2008-05-23

    A nova de hoxe aínda a teño que dixerir: que sexa o goberno asturiano no seu parlamento quen diga que a nave non se vai a construír, que llo dixo o goberno galego, sóname a tempos medievais en Galicia e de ilustración e Asturias. Voltarei sobre o mesmo.

    Mentras, outra parte do pleno (anteriores: http://ribadeando.blogspot.com/2008/05/un-pleno-diferenciado.html , http://ribadeando.blogspot.com/2008/05/un-novo-da.html , http://ribadeando.blogspot.com/2008/05/da-munidal-da-biodiversidade.html :

    No pleno do luns, (20080519) e despois das referencias anteriores, a acta do pleno anterior foi aprobada por unanimidade.

    No segundo punto xurdiu algunha pregunta, en particular sobre o teléfono móbil de protección civil (dous aparellos) que en tres meses supuxeron 1000€. Informouse no mesmo punto que o do alcalde e os integrantes do equipo de goberno teñen o saldo limitado. O do alcalde, a 200€.

    O terceiro, aprobado por unanimidade, foi da petición de subvención para servizos sociais.

    Punto 4 Estiveron de acordo en pedir axuda para poder afrontar diversas rehabilitacións; o taller seguirá a chamarse ‘Ría del Encuentro II’

    Punto 5. Abstívose a UPRi, votando a favor o resto, pero poñendo diversas críticas a oposición polo recurso á expropiación para obter os terreos correspondentes a un novo aparcadoiro, que suscitou tamén algunha crítica de escepticismo sobre o seu valor. Non embargantes, non se falou nada en relación a que a construcción do aparcadoiro fora á beira do mar, algo que coido que sería tema a tratar.

    No punto 6, acordaron presentar ante o ISM/SS a petición a reversión da ‘Casa do Mar’ (antiga cárcere), estando implicada no tema a S.S. e a Xunta. O ISM pasaría de xeito provisorio ó auditorio (o PP apunta que sería convinte que pasara a instalacións vacías no porto). Votouse por unanimidade, estimando de xeito unánime que non se desenvolveron as condicións da cesión. Dese xeito, o edificio pode quedar como ‘Casa da música’, como pretende o goberno municipal, nome que tería ó ser adicado ó desenvolvemento musical.

    No punto seguinte, todos acordaron por unanimidad a petición da Torre de Hércules como Patrimonio da humanidade.

    8. Acordouse a limitación horaria de aparcamento na zona do mercado, distribuíndo discos horarios gratuítos por parte das tendas para os seus clientes (4000). Foi interesante a discusión, na que UPRi apuntou a dificultade de control e a influencia negativa que terá nos veciños (apuntada con anterioridade no blog), motivo da súa abstención. Os outros grupos, votando positivo, apuntaron ‘á espera do aparcadoiro subterráneo’ (PSOE) e felicitaron ó goberno municipal pola idea, incidindo en que hai que insistir ante patrimonio para poder levar a cabo o aparcadoiro subterráneo (PP).

    No punto seguinte, a expropiación dos terreos para a nova depuradora serán pagado a 7€/m2, 8 no caso de fincas con eucalipto, cos comentarios sobre o recurso á expropiación xa tamén referidos no punto 5

    10. Respecto á galescola, UPRi apoiou a moción polos postos de traballo e de gardería, instando á vixiancia para o cumprimento de prazos. O PSOE apoiou, indicando que debería incluírse a recuperación do resto da finca. E o PP votou en contra alegando algo moi claro: gardería, si; galescola, non.

    11. Aumento de taxas, que xa foi tratado no blog.

    12. Foron ratificadas as licenzas (pero non podo dicir cales)

    13. E acordouse tramitar de xeito positivo outros expedientes máis relativos a varias unifamiliares, o edificio de Julio Lazúrtegui 4, Alza 15, Ramón González 5, e dous da rúa S. Roque (ambos de ‘O Gallopín’), máis outro máis que non puiden coller a ubicación.

    14.Relacionouse este punto cou outro de UPRi de 17 de setembro de 2008, explicando o por que daquela o mesmo PP votara en contra e agora propón algo semellante. O PSOE abstívose, e UPRi deu lugar a unha pequena disquisición ó dicir o seu portavoz ‘os ribadenses saben ben a quen lle deben a obligación’, en referencia a que fora ese grupo quen fixera a primeira proposta. Así, despois de que o BNG dera un informe sobre os diversos prazos de tempo transcorridos en relación con esa obra da Deputación, pasou o turno ó PP, que falou de desparalizar o proceso e denunciar públicamente quen está fallando no mesmo, despois de paralizar as obras do goberno (provincial, de outro signo político) anterior, e rematando cun ‘os ribadenses non lle deben obriga a ninguén’. A discusión deu lugar a outro turno, curto, pero no que se embarullou algo máis a cousa, falando de gobernos da Deputación e no que tivo tamén lugar a petición/expresión de desexo de UPRi de que sinxelamente, se fagan. A votación arroxou os votos de abstención de PSOE e UPRi.

    15. A moción en favor dos agricultores meteuse de cheo en política non municipal. O PSOE anunciou que non entendía a cousa (por xenérica, inconcreta, e dicindo que ‘xa está o ministerio para solventalo’) absténdose, mentras os outros grupos votaron a favor.

    Foi incluído a continuación un punto por vía de urxencia: a aprobación da extensión da exposición pública do PXOM un mes máis, proposta polo PP e votada por unanimidade.

Pasouse logo a rogos e preguntas, punto 16. Foi como unha copiosa choiva na que participou todo concellal que non fora do grupo de goberno, presentando en xeral (con honrosas excepcións) cousiñas que podían evitar a extensión do pleno, sendo ademáis máis propias de tratar noutros momentos.

    Comezou por turno, UPRi.

– Estado de tramitación das novas vivendas sociais. Xa foi adxudicada a obra.

– Ribadeo ten só dúas categorías de bandeira verde. Só se presentou a dúas das catro por considerar que había méritos para esas.

– Existencia de anuncios eleitorais aínda. Está cursada unha petición á comisión eleitoral.

– Adecentamento de setos na Virxe do Camiño

– Non funcionan farolas na Avda. de Galicia. A alusión xa foi feita en plenos anteriores, sendo a culpa da realización do xa célebre edificio que nos seus baixos dá cabida a Alimerka (o mesmo que deu lugar a un desprendimento da calzada e tivo cortado ó tránsito un paso ó Xardín dende a Avda. de Galicia)

– Falta de sinal de stop na Devesa.

    O PSOE:

– Petición de amaño da pista de Loureiro a Campo Xurado.

– Na rúa S. Lázaro, ó ter aparcamento nas dúas beiras e tráfico nos dous sentidos, prodúcense situacións nas que os coches teñen que parar por non poder pasar ó tempo nos dous sentidos.

– Situación dalgúns edificios ameazados polo concello polo seu estado. Baixos do bar Cubano (ver post anteriores e as súas fotos fotos), púxose unha liña de protección polo concello pero no está; en deseño o proxecto para a súa posterior execución. Trinidad 6. Obra xa comezada. Edificio fronte ó Millo: obra a comezar nestes días.

– Estado de tráfico da rúa Ramón González. Baralláronse varias solucións, quedando seguramente que sexa peonil, de acceso en coche nos dous sentidos a quen vive alí, despois de descartar a opción de que poidera soportar tráfico, pero sen paradas.

– Petición dunha repulsa oficial pola tala de árbores centenarios nos terreos da Granxa-Escola Pedro Murias, segundo din, relacionado co sobrevó de liñas de Barras Eléctricas (aquí sinaluse un pequeno dato: ‘a quen se lle debe tanto favor’). Polo momento, o alcalde négase a facelo.

    … quedan preguntas do PSOE e PP. Polo tanto, continuará.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2008/05/23/nova-de-hoxe/

#Medio #plenos #política #portoDeRibadeo #ríaSiNaveNon #sociedade

2010-05-19

    Coido que o título é o resume do pleno de onte. 12 persoas asistiron a un pleno no que faltou Begoña (PP) e coido sobraron moitas palabras. Os desacordos foron máis aló de que uns e outros usaran diferentes verbas para referirse ó mesmo, a previsión das contas para o ano, que non se aprobaron.
    Aparte quedan as ameazas do goberno municipal de presentar unha moción de confianza se non se aprobaban: despois da votación, e ó levantarse a sesión, o alcalde pideu ós grupos que se quedaran para falar sen público. Se vai a haber a moción ou non supoño que se falaría alí. O caso é que a previsión de contas presentada máis cedo en moito tempo non serviu e terá que ser voltada a presentar, xa non tan cedo.
    A destacar? Antes de facer a cousa máis en detalle, quizáis destacaría algo que saiu perto do fin do debate: no informe da interventora incluíase que de continuar as cousas no camiño comezado no 2008 podería falarse de recuperación financieira do concello máis pronto que tarde.

    Votación, 4 a favor, 8 en contra.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/05/19/orzamento-non-presuposto-tampouco/

#economía #orzamentos #plenos #política

2010-09-21

Como outras veces, comezo polo final dun pleno no que non houbo moito que resaltar.
A contestación ás preguntas realizadas po1a AVV O Tesón foi realizada fóra xa do pleno propiamente dito, como está establecido.
1.Tendo preguntado xa anteriormente polos cadros posesión do concello en función dos depósitos a realizar polos expositores, e téndosenos dito xa hai tempo que se estaba a realizar un listado que sería difundido, pero non dispoñendo aínda do mesmo, lembramos de novo dita solicitude.
R:O listado de obras pódese consultar xa no despacho de Cultura.
2.Tendo observado que hai tempo que non se fala oficialmente da liña de subministro elećtrico a Ribadeo nin da subestación segundo parece necesarias ambas para o comezo de funcionamento do polígono industrial, solicitamos coñecer a actualidade de ambos temas.
R: Posiblemente haberá que facer outro protocolo por incumprimento de prazos. A cousa está en que previo á declaración de utilidade pública é a exposición pública, que aínda non se fixo. Hai unha modificación pedida pola Comisión dos Camiños de Santiago, o sotorreamento á beira do Camiño. É previsible ademáis que a execución das 13 reservas do polígono se poda facer sen a realización da subestación, pero non se pode manter a situación así indefinidamente.
3.Tendo pendente de consecución a realización unha saída cara a Ribadeo dende a Autovía vindo de Galicia e un entronque coa circunvalación para conectar coa chamada estrada do monte, solicitamos coñecer o estado da cuestión.
R: En realidade son dúas preguntas, con respostas semellantes. en concreto, en relación á A8, está aprobado, pero non hai nin idea de cando se vai facer.
4.Tendo noticia da existencia dun canón lanzacabos doado pola Armada norteamericana para o salvamento de náufragos ribadense, que foi visto ultimamente na Cruz Vermella de Lugo, solicitamos coñecer se se está a facer algún tipo de xestión para o seu retorno a Ribadeo, xunto coa lancha de salvamento marítimo no Forte de San Damián.
R: O alcalde respostou que descoñecía o tema, pero que fará xestións para ver que se pode facer (en relación a isto, un asistente comentoume posteriormente que en época de Lalo como alcalde estaba no seu despacho sobre catro pilares). O alcalde aproveitou para comentar que a lancha de salvamento foi recentemente pintada e encargouse unha placa de metacrilato para ilustrar a súa historia.
Deixo de pronto a ligazón ó comentario do concello sobre o pleno. E a referencia na prensa (Voz)
Continuará…

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/09/21/20100920-pleno-as-preguntas-de-o-teson/

#plenos

2010-09-21

Despois da entrada anterior e a nota de prensa do concello sobre o pleno, continúo co pleno propiamente dito.
No apartado de rogos e preguntas, entre outras moitas, apareceu unha resposta que está relacionada cunha pregunta do Tesón de hai algún tempo: a posibilidade de sacar o cadro do Viejo Pancho que está na antiga biblioteca para ter un mellor mantemento e poñelo en valor. Parece que vai destinarse á actual oficina de turismo, cunha parede que é do tamaño requerido, e de onde se sacarán os cocos para outro lugar, non estando claro (polo menos eu non o entendín) o destino do barco a escala alí tamén aloxado.
Tamén, por parte do PSOE, foron varias as preguntas sobre as condicións de contratación e subcontratación das obras do tramo de estrada cedido por Fomento, que deu lugar a momentos de desaire e que en xeral foron contestadas polo alcalde remitindo a súa contestación ó próximo pleno por non estar ó día do preguntado.
Seguindo cara atrás no pleno, o punto anterior foi unha moción do BNG en contra dos recortes sociais do goberno do estado e do autónomo, resumible como unha proposta de múltiples accións a favor do común a costa dos fondos do capital. En resposta, a UPRi anunciou o seu voto negativo e pideu dar exemplo, e deixar a supresión das deputacións (pedida dentro das medidas) ‘para despois de que pague o pavillón’, así como diminuír impostos, non aumentalos (non dixo ‘ós ricos’, pero ese era o sentido da proposta). O PSOE descolgouse co anuncio do seu voto en cotra e unha loa das virtudes do partido no goberno do estado. O PP argumentou a súa abstención. Nese momento, o BNG propuxo separar en dúas a votación referíndose á parte da moción en relación ó estado e en relación á Xunta. Nunha segunda rolda, o único a destacar en algún sentido é a negativa dos grupos, que deu lugar a unha votación na que se aprobou a moción contra o estado (6 de BNG e PP, nos que faltaban Horacio Cupeiro e JC Andina respectivamente, contra 5) e denegou contra a Xunta (3 do BNG contra 8 do resto). a disc usión deu lugar a unha increpación de F. Rivas ó alcalde: ‘vostede é unha ruína para este concello’. A cousa viu a raíz de mencionar de novo o soldo do alcalde, resposta deste e argumento de Rivas de que o caso non é o que se cobra, senón o que se trae para Ribadeo por cada euro invertido no cargo.
A moción anterior a ista foi do PP, pedindo un aprazamento da devolución de orzamento de Galicia ó estado, ata que a economía medre ó 2%. UPRi anunciou a súa abstención e argumentou que se se pagara todo dunha soa vez (o prantexamento actual é pagalo en dúas anualidades) non chegaría para os gastos de funcionamento. O PSOE anunciou a súa abstención. O BNG reclamou outromodelo de finaciamento e lembrou que os concellos están nunha situación semellante (ribadeo ten unha liquidación negativa de perto de 200 000€, a devolver nun ano). O PP non aceptou a enmenda, e o BNG anunciou a súa abstención. Na votación, a moción aprobouse con só os 3 votos do PP. Neste punto, entre outras cousas, collín ó vóo o prantexamento da reducción do noitebús (a lembrar que Ribadeo ten varias liñas de noitebús subvencionadas, favorecendo o auxe do ocio nouturno), coido que polo PP, pero nestes momentos non podo aseguralo.
O punto anterior foron as licenzas de nova ocupación, nas que houbo unanimidade.
O punto 4º foi en relación ó ‘POLGA’, o antigo ‘POL’ ou plan de ordenamento litoral. Razoouse que en Santiago houbera bóas palabras, pero non aceptación das propostas enviadas, agás en relación ós ríos e corredores. E da sombra que ese plan proxecta sobre o xa dado por morto PXOM, plan xeral de ordenamento municipal, que se debe adaptar ó POLGA e en relación ó que se tramitaron diversas documentacións para ter un ditame claro (o que deu orixe a discusións sobre se se trataba de unha sinxela dilación para ganar tempo ou dunha necesidade de seguridade no veredicto). A cousa plantexouse no envío como alegacións das antigas suxerencias, en base ós informes dos técnicos municipais. O resultado, 8 votos a favor e tres abstencións do PP.
O punto 3, os festivos locais, que quedaron o 16 de agosto, San Roque, e o día da patroa, 8 de setembro.
O punto segundo foi a discusión sobre diversos decretos da alcaldía, entendo que en xeral sen relevancia, e dos que me quedei cun só detalle, a primeira vez que lembro que sae nun pleno algo polo estilo: a pregunta de UPRi sobre unha sanción ó Pub Pasillo e dúas ó Buga (se non entendín mal, respectivamente 200, 200 e 300€). Pregunta que non entendín moi ben a conto de que se facía, entendo que en defensa dos locais argumentando que istos podían levar o asunto por vía xudicial, ó non saber de ónde ven o son. O alcalde contestou no sentido de que el non era quen instruía os expedientes, e que en todo caso, si se identificou son dos locais, aínda que non esteña totalmente cuantificado. Eu engadiría que segundo a normativa actual do concello, que os partidos en xaneiro non quixeron anovar, son os locais os que teñen que coidar do ruído que producen os clientes ó entrar e saír. Os outros grupos, quizáis dadas as novas de prensa recentes (aquí, Voz)e a percepción de que a cidadanía non está pola labor de permitir o ruído, non moveron un dedo, en contra do que pasou en marzo, cando botaron abaixo unha nova normativa contra o ruído proposta polo goberno municipal (comentario sobre a normativa e o pleno da aprobación inicial da mesma).

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/09/21/20100920-pleno-ii/

#plenos

2010-11-17

… tanto que as preguntas do final non se contestaron: eran xa perto das 12 e os señores concelleiros pensaron que non había ninguén atendéndoas, polo que pediron que se pasara delas. Estaban equivocados (non quedaba ninguén ‘visible’ de O Tesón, pero si alguén esperándoas). Claro que, despois dun pleno de perto de 4 horas, compréndese que a xente estivera cansada. O que non se comprende é por que se alongou o pleno. En fin, é de supoñer que, ó non ser contestadas oralmente diante de todos, seráno por escrito en breve.

Voltando ó comezo, o pleno comezou por resolucións da alcaldía referentes a pagos diversos, co rosario de petición de explicacións e respostas, algo totalmente evitable nun pleno e recomendable antes do mesmo.

Pasouse ós dous puntos sobre a ORA, o regulamento e as taxas, que foron englobados nun só en cuestión de debate. Foi exposto que quedan 99 prazas despois da inclusión na ordeación do mercado tamén da r/José Vicente Pérez Martínez. UPRi sacou da manga que serán recaudados uns 60 000-70 000€ ano, o que foi en certo xeito desdeñado e no que estou abondo de acordo [ante o cariz do debate, fixen un cantos números: tendo a coupación máxima 100 prazas 8 horas día 365 días, ó prezo proposto de 1h cada 2 horas, saen perto de 150 000€. Hai que descontar 1/3 dos días por festivos, co que o que calculou UPRi limítase a supoñer 2/3 de ocupación media, o que non está fóra do que pasa agora, senón máis ben queda por baixo]

Dísoxe que ACISA foi consultada e está de acordo, UPRi tildou de novo imposto a taxa, momentos nos que un banco do público, entre sorrisos, plaudiu e foi chamado a atención polo alcalde. O PSOE anunciou o seu voto a favor e o PP pediu que fora gratuíto para residentes, e dixo que o calculado poa UPRi sería con multas a parte. Esgrimiu ademáis unha serie de cuestións técnicas: quen controla? quen inmobiliza os coches infractores? quen traslada para sacalos de alí? onde van parar os ingresos? hai un contrato de instalación? momento en que houbo outro conato de aplausos de xente que posteriormente non chegou á metade dos puntos do pleno; esta vez non foi chamada á orde polo alcalde. A contestación foi que se se pon barra libre para residentes, ocupan as prazas e que é unha aprobación inicial. De calquera xeito, na resposta da alcaldía, co pase xa asegurado polo apoio do PSOE, amosou unha certa complacencia co sistema actual, o que foi aproveitado para un ‘se estaba ben, por que se cambia?’. Quedou claro ademáis que non o vai a xestionar empresa algunha e que non hai estimación de gastos nin entradas. Díxose tamén que se situaría os parquímetros en lugares opostos da praza, algo que entendo non está demasiado ben por razóns de menor distancia posible a tódolos puntos da mesma, razón esgrimida.

Como fora anunciado, foi aprobada por 7 a favor contra 6, o mesmo que sucedeu coa aprobación de taxas correspondente.

Vese que non se tocaron no debate cuestións de fondo, sobre a ordeación de aparcamento, o tráfico ou as alternativas.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/11/17/20101115-pleno-longo-ii/

#ACISA #plenos

2010-11-18

Despois das dúas entradas anteriores sobre o pleno e o inciso sobre as vidrieiras da capela do cemiterio, unha curta para non perder o fío do pleno de luns.

O punto 5º da orde do día era relativo á aprobación do convenio con ACISA 2011-2013, que supón 12 000 €/ano e que inclúe cousas diversas (pareceume que mesmo se nomeou un ‘plan sobre o ruído’, pero non podería asegurar que entendera ben). Naturalmente, foi feito a partires dunha comisión mixta, e os grupos votaron de xeito unánime.

O seguinte punto foi o apoio dunha reclamación conxunta para a urxente reparación da Ponte de Arante. Despois do cacao mediático que se montou dende hai algún tempo sobre se era pertinente unha reconstrucción ou tirala e voltala a construír, se un vano ou dous, se incumpría en relación a augas de Galicia ou ó Camiño de Santiago que pasa por ela, se se están a facer as cousas rápido ou polo contrario se poñen atrancos, etc, non foi novidade o tratamento que recibiu no pleno. UPRi opinou que o texto debera estar nunha orla (a entender que foi dito de xeito satírico, non de louvanza), PSOE, que a culpa é da xunta, con departamentos que nn se poñen de acordo, PP, que a redacción era poética e que a alcaldía non fixera nada ata o momento, e distinguiu o portavoz entre a figura do representante de cultura da Xunta na Provincia e o concelleiro portavoz do PP, que coinciden en persoa pero que, ó visto, actúan de xeito independente e sen ter, por exemplo, un ós datos ós que accede o outro a raíz do seu cargo. Alegou o BNG a defensa dos intereses do pobo, e que non tiña tanta ‘literatura’, pero que se podía quitar. A cousa non colou quitando a literatura e quedou a votación cos 4 do BNG a favor, 2 de UPRi absténdose e 7 de PP e PSOE en contra, co que non prosperou.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/11/18/20101115-pleno-iii/

#ACISA #plenos

2010-11-23

Volto seguir o fío do pleno do pasado 15 de novembro para rematar.
A ordeanza reguladora da axuda no fogar foi aprobada por unanimidade, pasando á modificación das taxas por auga, saneamento, lixo, piscina e vertedoiro de escombros. Son precisamente as taxas dos servizos que levan empresas. A todas aplícaselles o incremento de 1,15%, ipc acumulado dos dous anos últimos, que parece ser o requisito legal mínimo para estar dentro da legalidade e que as empresas non podan reclamar. Foi ó pleno despois de pasar da comisión polo voto de calidade do alcalde, anunciando os grupos a súa votación na sala dun xeito diferente ó da comisión: BNG e PP, a favor (PP avisando de que ‘mellor era nada’), PSOE en contra e UPRi abstención. Co aviso de aprobación, a discusión foi suave, destacando só dous incisos do grupo socialista: un para dicir que eles si votaría, en caso de ir en votación desagregada, a taxa do vertedoiro, e que no caso da piscina, as contas están pendentes de revisión pola instalación de paneis solares.
O punto décimo, as contas xerais do 2009, punto donde o portavoz do PSOE marchou, deu lugar a un nov debate sobre a débeda do concello, a súa variación, etc. Foron aprobadas só cos votos do BNG, despois dun intercambio de cifras no que parecía un diálogo de xordos con algún momento de audición. Dous anacos de charla: ‘PP: pois poden aforrar máis. BNG: evidentemente, sempre se pode aforrar máis’; ‘Vicente (BNG): Cada vez se debe menos. Rivas (UPRi): eso non o cree vostede nin borracho’. … así están as cousas.
O punto seguinte foi a renovación dos consellos escolares, e logo, moción de UPRi e rogos e preguntas, rematando tarde coa xa referida falta de contestación ás preguntas de O Tesón.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/11/23/do-pleno-ainda/

#plenos

2011-01-18

A parte da aprobación da acta anterior, punto primeiro, e de rogos de preguntas, o último, foi tratada a dación de contas, a normativa da ORA e as taxas (en puntos 3 e 4), o regulamento de participación cidadá, o regulamento de réxime interno da escola de música, a retrocesión duns terreos a Ove, licenzas de primeira ocupación, dous convenios urbanísticos con Coniproma (pto. 9) e Coniproma e Julio e Anselmo (punto 10), e varias mocións de urxencia, algo que xa se está a converter en típico nos plenos ribadenses.
Os 14 asistentes no momento máis concurrido asistimos a un pleno que se moderou en duración respecto a outros, rematando pouco despois das dez e cuarto, e no que o alcalde esqueceu contestar as preguntas de O Tesón que xa estaban previstas para o pleno pasado. Cando cheguei dicirllo, xa os concelleiros estaban levantados…
Outra cousa que tampouco se tratou foi o apoio solicitado á corporación para o regreso do xulgado. Ó que parece, ningún grupo o botou en falta. Coido que Ribadeo si o botará en falta, despois dunha esperanzadora foto de conxunto arredor das sinaturas recollidas.
O do ‘buen rollito’ foi un chascarrillo que se acuñou pouco despois da metade do pleno, a raíz de que non houbo discusións relevantes, e que quedou repetido abondas veces para tentar remachar que cada quen estaba poñendo da súa parte a súa miga de distensión e colaboración, se ben a forma de uso e a reiteración levaban máis a cachondeo que a outra cousa.
Na dación de contas pasaron preguntas de moi diversos temas, entre os que están o baleirado da fosa séptica da praia das Catedrais (4 000 €), o plan de mobilidade urbana encargado a Novotec (22 244 €, e que se está pagado, é de supoñer que esteña rematado aínda que non se saiba moito del), e unha ristra de preguntas en conxunto sobre facturas de publicidade e propaganda, para facer fincapé na necesidade de reducción de gastos xerais.
En canto á ordenanza de réxime de aparcamento, discutiuse algo sobre o horario, tras a desestimación na comisión informativa da alegación da Atalaia, quedando o horario 9-14 (10-14 os sábados) e 16-20, exceptuando os domingos. A postura dos partidos non variou dende o pasado pleno, co PSOE a favor e PP e UPRi en contra, quedando aprobada a regulación e as taxas.
En canto ó regulamento orgánico de participación cidadá, foi aprobado por unanimidade, case sen discusión. Como comentarios ó tema, foi presentado á aprobación un documento no que aínda aparecía a palabra ‘Santiago’ nalgures en troques de ‘Ribadeo’, o que indica que non é o documento presentado pola mesa de asociacións: aprobouse a proposta da mesa a reforma do artigo 11, pero non as demáis propostas. Espero que polo menos se corrixira a diferencia de formato entre diversos anacos do documento. Na escasa discusión que houbo, Ramón López, despois de dicir que había máis asociacións, rematou dicindo unha frase en relación a por que non se presenta O Tesón ás eleccións. Dada a imposibilidade de contestar ós señores conselleiros nun pleno, contesto particularmente dende aquí:
a) O Tesón, como organizador da xuntanza da Mesa de Asociacións, chamou a tódalas asociacións de veciños do concello, acudindo quenes quixeron. Tanto á xuntanza anterior á entrega da proposta por parte do alcalde como á posterior, de tipo xeral, e na que se quedou aínda para outra máis, monotemática sobre o regulamento. Se algún grupo non quixo acudir e quixo segregarse ou non colaborar, ou sinxelamente non estivo na xuntanza por desidia, certamente non foi considerado. E certamente, si houbo asociacións que non participaron, como se pode comprobar cunha lista.
b) Ó que parece, e dadas as correccións que sufriu o documento, a análise foi máis profunda na Mesa de asociacións que a nivel de cada un dos partidos.
c) Despois de ver a querencia dunha asociación nas eleccións, é máis doado comprender a confusión que existe nalgúns políticos entre o privado e o público, ou entre a organización interna dun partido e a organización social: unha asociación de veciños ten outros cometidos que un partido, sinxelamente, é outra cousa. E aínda que non fun preguntando pola querencia política dos socios de O Tesón, é doado coñecer casos de tendencias políticas contrapostas no interior da asociación.
d) Despois de dous artigos anteriores (1 e 2), queda pouco por explicar do proceso que levou á aprobación inicial de onte dende a parte visible fóra do pleno. É de supoñer, despois da unanimidade (aínda que pode ocorrer que haxa inconcebibles cambios de voto como ten pasado outras veces), que a versión se manifeste como definitiva próximamente, aínda que haxa alegacións. E pouco por explicar, pois a letra aprobada non implica que se teña en consideración despois, como xa ten ocorrido tantas veces, pretendendo deixar cousas aprobadas en letra morta. Aprobar é doado, e máis se hai un consenso de atribución de nula importancia; coa falta de comprensión e procura gratuíta de enfrontamento coas asociacións que poden resultar críticas, a atribución por parte do representante do PSOE está clara. Falta por saber a ciencia certa a idea do resto dos representantes no pleno.
En canto ó RRI da escola de música e danza, houbo unanimidade despois dun pequeno intercambio, no que quedou claro que o despido do anterior director está pechado xudicialmente.
A regresión dos terreos do vertedoiro selado á Asociación de montes de A Capela de Ove tampouco tivo problema, se ben se quixo deixar claro no pleno que hai un mantemento que non se pode eludir.
Igualmente por unanimidade se votaron as licenzas de primeira ocupación e os dous convenios urbanísticos, referidos á rúa de Pintor Fierros e á esquina de Avda. de Galicia e Paco Lanza.
Foron presentadas despois a consideración varias mocións de urxencia, sendo aprobada en tódolos casos a urxencia e refundidos textos por solapamento, quedando reducidas a dúas, que foron aprobadas: unha, en relación ó traslado do servizo veterinario á Pedro Murias, e outra, en relación ó alza de custe da electricidade.
No primeiro caso, houbo un debate sobre a conveniencia, xa que quen fai as xestións en materia veterinaria non soe residir no pobo moitas veces, coa contestación de que tamén os hostaleiros fan xestións que requiren o servizo veterinario, e que as taxas correspondentes para calquera xestión téñense que pagar nas oficinas bancarias do centro urbán. Ó final, foi aprobado o documento por unanimidade, tras a refundición.
No caso da suba da luz, houbo tamén unha refundición ó ser incorporado o gas ó escrito, e foi aprobado cos votos en contra do PSOE.
En canto a Rogos e preguntas, que durou máis de media hora, os bacheados das rúas levaron a palma de intervencións. Só destaco que requeriuse unha atención ós letreiros das rúas, en abondo mal estado xeral. E outra atribución curiosa que se fixo no pleno: nun momento, o alcalde viuse sorprendido ó ser tildado de ter bo ‘feeling co bispado’.
— Actualización a 20110217: Xa está a acta na web do concello.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2011/01/18/20110117-o-pleno-do-buen-rollito/

#plenos

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.07
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst