#encoro #AsCunchas #TSXG #auga #gandeiría #xurro #contaminación #ALimia #Ourense #Xunta
Hoxe, para celebrar o nacemento de Rosalía, chove a cántaros en Ribadeo. Cantou moitas veces cousas relacionadas coa auga, abondante na nosa terra. Onte lembreino ó pasar polo encoro do Lexoso, onde se xunta ó Noceda. Un sitio bonito abofé, pero que hai tempo que deixou de servir a Ribadeo como merece pola colmatación do seu leito, como se pode observar na foto do medio. Unha limpeza sería necesaria para que o encoro se poda seguir a chamar así e funcione como tal, e non como unha sinxela toma de auga.
O río, augas abaixo do encoroO encoro, totalmente colmatadoA caída, en pleno funcionamento onteQuizáis sirva para comezar a pensar nunha ruta que inclúa fontes e demais …
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/02/24/auga-e-ribadeo/
Fíxose estes días: o encoro de Vilamariz, vacío e sen toda a cantidade de lama que lle impedía acumular auga.
Na primeira foto, a beira esquerda do encoro, enfocando cara á ponte pola que baixa o rego de Noceda.
A segunda, o muro e a beira dereita do encoro.
O fondo do encoro, coa baixada usada para as máquinas, e, á súa beira, a baixada do rego Lexoso.
A captación de auga, case inhábil polo pouco caudal de Lexoso e Noceda, con o tubo empregado para recoller auga do rego de Noceda pola prevención fronte o verquido no Lexoso por parte do CaVi.
Por último, como estaba hjai uns meses, totalmente colmatado.
…
Un pouco de historia sobre a auga de beber.
…
Días despois, na web do concello. 1400 m3 sacados, uns 2 000 000 de kg.
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/08/31/limpando-o-encoro-de-vilamariz/
Hai case dous meses (20/12/2016) que saía nas novas o último dos verquidos do CAVI dos que se deu parte. O título que levaba na ‘Voz’ dese día deixa clara a situación: “Nuevos vertidos a un río en el que se capta el agua que se consume en Ribadeo
Es lo mismo que ocurrió en reiteradas ocasiones en los últimos años“. Ditos verquidos, producidos polo Centro de Alimentación de Vacuno Irmandiños, íntegramente dependente da Cooperativa Irmandiños, hoxe integrada en CLUN, rezuman ata a cuneta (non sei se entraría en funcionamento o sistema de depósito para atravesar a LU-133) e rematan no rego de Lexoso, augas arriba do encoro de Vilamariz que subministra auga a Ribadeo (aínda que del se extraia na actualidade unha porcentaxe menor).
Dende aquela non sairon novas aclarando que xa estaba en marcha a corrección, ou que se impuxo unha vixinacia dura (en teoría, vixiancia xa estaría habendo dende hai moito tempo), ou plans da empresa para atallar o problema.
Non. É dicir, volveremos a ter calquera día novas doutro verquido. Apostamos?
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/02/16/noticia-dous-meses-sen-novas-de/
Esas fuentes del camino
(Dedicado a las fuentes de San Román de Vilaestrofe)
Dice Don Ramón María de Valle-Inclán, a través de su obra “Jardín Umbrío”, que en las fuentes abandonadas existe un verde maléfico dónde se reúnen las brujas. Mientras, Camilo José Cela en “Mazurca para dos muertos” cuenta como en algunos cementerios de Galicia, brota como manantial el agua clara que lava los huesos de los muertos; en tales fuentes bebe agua la Santa Compaña…
Comparto la causa de mi Concello de Cervo que desde hace tiempo: cuida, limpia, señala y cataloga las fuentes de agua que son historia de cada parroquia, al igual que mis compañeros del Seminario Estudos Terra de Viveiro hicieron con los cruceiros. Forman parte del patrimonio ecológico y paisajístico de nuestra Galicia del norte, en la que Cunqueiro descubrió, para todos los soñadores, el reino de la lluvia.
Desde San Román de Vilastrofe salieron hacia los bancos del bonito hombres que antes fueron campesinos, como antaño trabajaban para aquella primera factoría con hornos de fundición en la parroquia de Santiago de Sargadelos. Por el camino saciaban su sed en lugares como: Marrube, Alleira, Quelle, Cerdeira, Vilar, Santomé, Rego da Pena, Páxaro.
Me quedo con la última fuente recuperada. La de Vilaestrofe, próxima al transcurrir del rio Rúa, capaz de mover las piedras circulares de tantos muiños y desde luego, llegar hasta la presa de Sargadelos para dar aguas a la factoría que un ilustrado colocó en nuestro solar por la existencia de caolín, fragas y agua, en las proximidades del puerto natural que conforma la desembocadura del Cobo en Islas San Cyprianus.
En la poesía de Don Antonio Machado siempre están presentes tres símbolos: El río, la fuente y la mar. Río y mar representan la vida y la muerte. La fuente representa el misterio de la vida -transcurrir del agua-, de ahí los diálogos del poeta por el mensaje que percibe del continuo brotar del agua, con su sonido y su destino. Se acerca-nos acercamos para conocer el secreto de cada fuente que guardan las sombras, que a buen seguro fueron, alegres o melancólicas, mientras el agua golpea la piedra y se pierde, como los viejos amores…
En la eterna polémica agua-vino terciaron ilustres pensadores. El Padre Feijoo señala al agua natural como poderosísimo remedio contra enfermedades. El profesor Marañón deja escapar que el vino es una de las gracias de Dios, recordando lo que dijo Séneca: “lava nuestras inquietudes, enjuga el alma hasta su fondo y alivia las tristezas”.
Me quedo con Leonardo da Vinci: “el agua es la fuerza motriz de toda la naturaleza”.
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/02/21/esas-fontes-do-camino-da-auga-como/
É só unha curiosidade: o río Grande, se se visitan os mapas correspondentes a Confederación Hidrográfica Galica Costa (CHGC, nota sobre aviso legal) e Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC, nota sobre aviso legal), queda en terra de ninguén. Ó igual que a costa oeste da ría de Ribadeo, incluído o mesmo núcleo urbano de Ribadeo
Coido que se trata dun erro da CHGC, pois remato de meter na entrada do río Grande na Galipedia datos correspondentes a estación de aforo do río Grande nas Anzas, recollidos na web da confederación Hidrográfica Galicia Costa.
Mais, a pesar da lei de transparencia (‘e bo goberno’), os trámites para suxerir que están errados non levan un minuto, e a ‘participación cidadá‘ entendida porlo organismo é ‘información ó cidadán’ (como moito), co que estimo que non será mañá cando se corrixa o erro.
Os mapas, da CHC (que inclúe o río Eo):
… e da CHGC:
Destas cousas pasan… e repasan, como se pode ver se ampliamos máis a escala e nos fixamos na ría de Ribadeo. Polo mesmo orden que no caso anterior:
Coido que se pode ver que no mapa da CHC hai un engadido claro no nome da ría. Mais, a outra escala…
O mapa da CHC segue conservando o engadido, mais a esa escala determinada, o mapa da CHGC cámbialle o nome á ría…
Por último, un detalle do concello de Ribadeo no mapa da CHGC, centrado no Río Grande e onde se ve que este, nin a vila de Ribadeo aparecen asignados a dita confederación:
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/03/18/o-rio-grande-desconfederado-e-outras/
Hoxe hai pleno. Di a prensa que ás 20:30 [, cando o normal ata o de agora é que se celebren ás 20:00, pero] é a referencia que teño: a estas alturas, o mesmo día a primeira hora da mañá, non hai nada colgado na páxina do concello. /Nota: rematan de confirmarme a hora: 20:30/
As ideas de participación, de facilitar a participación, parece que entran moi lentamente, e iso de anunciar os plenos a todo o mundo déixase para outros concellos, salvo casos moi puntuais.
E así, sabemos polo PSOE que non se tratará (salvo que se tramite e saia aprobada unha aprobación de urxencia) a moción deste partido sobre as obras na illa Pancha, Pero estamos enterados dende hai tempo que neste pleno si tomará posesión unha nova concelleira cualificada de mediática porque foi nos medios onde se recolleu a súa actuación nun programa televisivo. Ou que suben as taxas do ‘hospital’, o xeriátrico actual, que se encargou de difundir o partido que leva poñendo atrancos ó novo dende antes de comezar as obras.
Máis difícil será que se traten outros temas: o corte do Fiouco seguirá pesando como unha variable probable, máis aló do alcance dos mortais. E case parece do mesmo nivel a contaminación do Lexoso polo CAVI, que volveu a suceder porque volveu chover (cousa rara nesta terra, non?), despois da última nova de prensa do 20/12/2016. Por certo, que disto último polo momento non hai nota de prensa colgada, cando o corte de auga do encoro de Vilamariz se estendeu a onte e antonte e, di o xornal, o feito foi comunicado ó concello dende Viaqua ‘por se houbera que depurar responsabilidades’. E cando , quizáis polo comezo de contaminación, a auga nalgunha zona daba prevención. Moito menos que aparecera aceite na lagoa de as Catedrais. Ou que houbera un microcorte de luz de novo onte.
Amence. E a imaxe que da o ceo podería representar a información pública do pleno:
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/03/23/hoxe-hai-pleno-ainda-que-informacion/
#auga #augaDaBilla #contaminación #IllaPancha #Medio #participación #plenos
Ben, debería dicir auga e fibrocemento, pero o certo é que dicir fibrocemento, no seu momento, era como nomear a Uralita, e viceversa, do mesmo modo que se segue aínda hoxe a dicir ‘Cello’ á cinta adhesiva aínda que hai tempo que as principais marcas son outras.
A cousa ven porque esta tempada unha fuga de auga na parroquia de Santalla levouse durante dúas semanas cousa de 1 000 000 L cada día. A fuga, unha máis das que sofre a traída de fibrocemento de trinta quilómetros de hai máis de trinta anos, deu lugar a unha das preguntas do PSOE no pasado pleno, e tivo tamén a súa parte cando se trtou do orzamento para 2018. Por exemplo, repetiuse que se se amaña por partes a traída, romperá noutros lugares nos que agora non rompe, ou que a Xunta ingresa uns 400 000 €/ano pola auga subministrada a Ribadeo, e que xa podía invertír na reposición / renovación da traída dende Vilarbetote.
O caso é que mentras a seca segue en toda Galicia (aínda que menos en Ribadeo que noutros lugares, e aínda que a seca é relativa en Galicia en relación a outros lugares, ver esta información de hai cinto anos), cousa de 12 L de auga se perdían cada segundo. Facendo outras contas, perdíase un caudal equivalente á terceira parte do caudal de auga que consume Ribadeo nesta época do ano (uns 3 000 000 L diarios, contra uns 5 000 000 L diarios no verán), ou, en total, uns 15 000 000 L, facendo 1500 L de auga por ribadense ou unha piscina de 100 m de longo por 30 de largo e 5 de profundidade.
A uralita, con máis de trinta anos de antigüidade e efectos canceríxenos, non debera ser hoxe o vehículo para a auga de Ribadeo…
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/11/30/auga-e-uralita/
A auga é un elemento da natureza cun papel moi relevante nos ecosistemas. Imprescindible para a vida, é axente de erosión e transporte de sedimentos e nutrintes desde o continente cara ó mar, sen os que non sería posible nin o mantemento das praias nin o equilibrio ecolóxico e produción pesqueira e marisqueira nas nosas rías e costas.
Cando sacamos auga dos cursos fluviais e acuíferos estamos afectando de xeito negativo a eses equilibrios. Por iso sempre debemos actuar conscientemente e axustar a cantidade de auga que usamos á mínima imprescindible. Esta recomendación baseada na nosa responsabilidade como especie tórnase urxencia cando, nesas oscilacións que son habituais nas variables climáticas, chegan épocas de seca. Entón si escoitamos da necesidade de aforrar, ou alternativamente da de incrementar as cantidades extraídas dos cauces naturais para estar mellor preparados fronte a estas eventualidades.
A este respecto cómpre sinalar que aforrar é sempre máis responsable ecolóxicamente, máis barato, máis seguro e máis rápido que incrementar a capacidade de almacenamento. Aforrar nos consumos domésticos é tan sinxelo como sacar o filtro da billa e poñer no seu lugar un filtro aireador de aforro, que custa 2 € (aforro dun 50 %). Cambiar o mecanismo da cisterna por un de doble pulsación que custa 10 € (aforro dun 60 %). Cambiar a alcachofa da ducha por unha de aforro que custa 15 € (aforro de hasta un 70 %). Con estas sinxelas maniobras podemos reducir doada e instantaneamente á metade o noso consumo de auga.
Se non o facemos é por dúas razóns. A primeira delas é o descoñecemento e, en todo caso a preguiza. A segunda é porque quen non ten unha mentalidade solidaria co seu medio non adoita contar tampouco co incentivo económico. Moitos concellos teñen nas tarifas da auga un mínimo de consumo moi elevado: no caso de Ribadeo, por exemplo é de 20 000 litros por mes, que con 3 persoas por vivenda dá para 220 litros diarios por persoa, cifra que cadriplica a cantidade axustada a un consumo responsable.
Solucionar esta situación non é difícil e está nas mans dos nosos alcaldes: o descoñecemento pódese solucionar con obradoiros de “bricolaxe ecolóxico” nos colexios e parroquias. Para o incentivo económico, abonda substituir o “mínimo de consumo” actual por unha taxa de conexión (ó estilo do termo de potencia da factura da luz) e establecer un sistema de tarificación por bloques no que se pague desde o primeiro metro cúbico. O prezo deberá ser baixo para consumos de até ese mínimo recomendable de 2 m3/mes por persoa -idealmente os volúmenes deberán variar en función das persoas empadroadas en cada domicilio-, ir subindo progresivamente para un segundo escalón de consumo pouco eficiente (até o doble) e dispararse para o terceiro escalón de consumo excesivo. Deste modo a veciñanza contará cun aliciente para reducir o seu consumo e implementar medidas de aforro.
Agardemos que as indicacións de Augas de Galicia desta semana veñan na dirección de difundir tecnoloxías de aforro e modificar as ordenanzas fiscais de tarificación da auga. Se non é así, tal como van as cousas, imos comezar a ver gobernantes pedindo caras e danosas obras de embalses e depósitos no canto de visibilizar e promover as eficientes e baratas tecnoloxías de aforro que habitan nos recunchos máis escuros das ferreterías.
Iván Rodríguez Lombardero
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/12/10/do-aforro-de-auga-por-ivan-rodriguez/
Entre outras moitas novas, ás veces é convinte fixarse nalgunha das menos relevantes. Non porque teñan algo oculto destacable, senón por aspectos que non son nova, pero que marcan un contínuo aproveitable, un respiradoiro no medio do fragor das outras novas que marcan o día a día. Ese é o sentido da foto que amoso a continuación, do Pozo Mouro, no río Lexoso, que me chegou por correo electrónico e que non é máis que cunha máis entre as moitas que se poden tomar no lugar. Refrescante despois das chuvias.
Pozo Mouro. Río Lexoso. Foto de Manuel Bao (Barreiros)https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2018/05/31/fervenza-do-pozo-mouro/
Si, xa o sei: o dos verquidos tocaba hai un mes, non agora.
Pero diso se trata, os verquidos volverán a ser actualidade cando nos volte afectar de xeito directo. E mentres? Non habería que ir loitando para que non volvera ocorrer? Porque denuncias, habelas, hainas, reproches, tamén, pero solucións, iso de ‘problema resolto’, coido que non. Ou é que me perdín algo?
Así, no próximo episodio voltaremos ás andadas de paso que tamén voltramos a sufrir o episodio.
Coido que se se puxo algunha solución, debera ser algo público e verificable. Que se as denuncias non teñen visos de veracidade, deberan tamén ter ter o mesmo tratamento: desmentido con datos e verificable. E, noutro caso, se ‘non hai total seguridade’, tamén debera ser público e verificable todo o proceso e os reforzos de seguridade para que se volve a ocorrer un ‘episodio’ quede totalmente claro que a fonte non é a denunciada anteriormente.
Mentres, se non se fai algo parello, voltaremos a estar nas mesmas. O único que queda é a posibilidade de apostar sobre se sucederá antes ou despois ou será denunciado por uns ou polos outros en primeiro termo. Hai moita vontade de armala, pero parece que abondo menor de solucionar o problema. O caso non é o único con esta disposición…
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2019/03/26/verquidos-ate-proxima/
Hai anos, en un estudo feito para unha das primeiras feiras de ciencia de Ribadeo, apareceía dentro da serie de fotos do río de Vilaseán pingas caendo do tubo de desaugue da antiga depuradora, ben por riba do nivel da marea baixa, no último recodo antes da saída ó mar.
Moito cambiaron algunhas cousas dende entón, pero non tantas. O río de Vilaselán, nado nas fontes do Lobo (antiga fonte de auga para a traída a Ribadeo) e con desembocadura na enseada de Vilaselán, dende o paso baixo a antiga estrada N-634 (hoxe r/ Segundo Moreno Barcia) ata o paso por baixo do antigo camiño da granxa (se alguén consulta Google maps, veráo etiquetado como ‘camino Llaú’), hai un tramo longo no que o rego desaparece canalizado debaixo de diversas obras, aparecendo en lugares puntuais como no paso por baixo da avda. ría de Ribadeo, a unha beira e a outra.
Antes dese tramo, e despois, é doado seguirlle o curso e ver o seu estado, pero é basicamente nese tramo onde se produce unha transformación de rego en cloaca. As tres fotos de abaixo están ordeadas ó longo do curso: a primeira antes de atravesar a avda. ría de Ribadeo, e as dúas últimas, antes e despois de atravesar o camiño despois do Voar. O que se ve non é agradable. E sería ben que si o fora.
—
No blog poden verse outras moitas fotos do rego, en diversas épocas. Unha mostra aquí, aquí ou aquí, ou procurando entre o que devolve o blog ó poñer nas procuras rego de Vilaselán, río de Vilaselán ou Vilaselán ‘a secas’.
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2019/08/02/a-contaminacion-no-rio-de-vilaselan/
Collo un post de hoxe mesmo de fqribadeo e engádolle unha foto da ESA co concello de Ribadeo aproximadamente a escala para comparalo cun iceberg recén forneado na antártida:
Auga para Ribadeo para 300 000 anos
Auga para Ribadeo para 300 000 anos: ese é o resume do ‘último polo momento’ iceberg desprendido da Antártida: unha masa de xeo de 300 000 millóns de toneladas, cunha superficie duns 60 km x 30 km, unhas 18 veces o concello de Ribadeo, e un grosor superior a 200 m.
Se botamos as contas, cun consumo en Ribadeo duns 3 000 000 de litros diarios, saen cen millóns de días, ou sexa, uns trescentos mil anos.
O nome asignado ó iceberg é D28, e o seu ‘nacemento’, o o 20 de setembro, a partir da ‘nai’, a plataforma de xeo Amery. Na imaxe (modificada) da ESA:
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2019/10/28/o-concello-de-ribadeo-escala/
Aló polos 80, o concello de Ribadeo e o centro de Formación Profesional colaboraron de xeito que o principal motivo de iluminación nas festas era un escudo feito no centro. Orgullo para o centro e os alumnos que o fixeron, e aproveitamento tamén por parte do concello. Unha colaboración, como se di agora, win-win entre entidades públicas. Do mesmo feito, a finais desa década, o centro recuperou o cranio e unha mandíbula de cachalotes, nun taller que serviu de experiencia a profesores e alumnos, e logo cedeuno ó concello. Dende aquela, pola contra, tense realizada unha longa experiencia coa privatización. Por exemplo, da auga: o servizo foi alleado de xeito que unha empresa privada corre coa xestión. E, de forma semellante a outras privatizacións de servizo, o concello liberouse unha carga de traballo a cambio de soportar anos despois unha carga no mantemento da traída, a máis de seguir soportando en defensa da cidadanía tódolos inconvintes e queixas como a contaminación do CAVI ou o sabor da auga. Ben, a empresa ten que sacar un beneficio porque é a súa función (non a de subministrar auga, que é secundaria, un medio para o fin do beneficio)
Non todas as colaboracións entre entidades públicas teñen por que saír ben ou ser útis. Por poñer un exemplo, o uso da Deputación como xeito de axilizar o cobro dalgúns impostos pode brindar unha maior cobertura de recursos, pero iso, que se comezou a facer na segunda metade dos anos noventa cun alcalde que tamén estaba na Deputación, non levou unha diminución de persoal no concello, e si implicou unha dificultade para algunhas reclamacións, ó afastar de Ribadeo a xestión, co que o balance neto non está tan claro como no caso que comeza este texto.
Hoxe por hoxe, despois de anos de gabanza a nivel mundial das bondades do capitalismo, vese que na cesión de servizos non funciona mellor, nin á postre de xeito máis barato, un servizo privatizado que outro que non o estea: nin os intereses das empresas coinciden cos do servizo, nin os cartos se aplican só o servizo senón tamén á ganancia, nin a xente pode ter o mesmo control, nin se sinte coa mesma responsabilidade, nin o mantemento da rede de servizo a longo prazo interesa como algo que reporte á empresa beneficio. E, mentres a xente segue a perder poder sobre algo do que depende, mesmo vai perdendo a noción de que ese servizo foi público. Naturalmente, casos de xestión pública desastrosa existen, e máis dende que os intereses privados de dirixentes públicos están tan claros como as chamadas ‘portas xiratorias’ deixan ver, co paso de políticos á empresa privada e de dirixentes de empresas privadas ‘chamados’ a ocupar postos de xestión pública.
Por esa visión cada vez máis clara, e a pesar dos inxentes intereses do capital concernido, estase a reverquer unha serie de privatizacións, en particular no servizo de augas, así como se comeza a levar a cabo a instauración de empresas municipais en campos como os do subministro eléctrico ou internet. É dicir, un fenómeno de execución local que se está dando a nivel mundial seguindo unha mentalidade de servizo, non da chamada riqueza.
A conciencia da xente de que ten pouca participación na toma de decisións e o seu encadre en grupos que dun xeito ou outro presionan ós mandos da administración dende abaixo, permiten que pouco a pouco os servizos se volvan a contemplar como unha necesidade pública que non é boa idea transfeir a mans privadas.
Por outra parte, séguese a facer presión sen disimulos en sentido contrario, para privatizar
servizos como a sanidade ou a educación, con pingües beneficios para
empresas privadas e encarecemento e dificultade de acceso para a xente,
mentres se dificulta o funcionamento da prestación pública do servizo. Ou se deixan recolectar e usar datos públicos por parte de empresas privadas para subministrar servizos, nas tan cacarexadas ‘smart cities’, deformando un concepto de intelixencia colectiva en función da intelixencia do capital que recolle os datos. É o que ten un sistema que deixa florecer a corrupción.
Por certo, dos restos de cachalote cedidos hai trinta anos en Ribadeo non se volveu saber: as institucións non sempre funcionan ben, como sinalei máis arriba.
Mentres, que sorpresas en relación á auga nos esperan cara ó verán?
https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2020/01/24/pernsando-na-auga-cos-pes-na-terra/