Receita con legumes
de gornición ou prato de seu, para catro persoas (de bo dente). Alimentos nutritivos e saudables, con #legumes e #verduras
ingredientes
- dúas tazas de almorzo con fabas secas (de paquete ou mercadas a granel). Opción: mercar un bote coas fabas xa cocidas (desaconsello)
- 1 cebola dulce mediana
- monllo de perexil
- aceite de oliva virxe extra
- vinagre suave (de mazá, etc)
- pementa moída
- OPTATIVO: pemento morrón (picado en xuliana), incluso olivas, ou tomate fresco miúdo, etc.
preparación
Poñemos as fabas a remollo mínimo seis horas. Cocelas en auga abundante con sal e un anaquiño de cebola (que retiraremos). Deben estar ben cocidas pero quedar enterias, non desfacerse. Dependendo da variedade e tamaño: entre 30 e 40 minutos.
Unha vez cocidas as fabas escorregámolas ben e deixámolas arrefriar a temperatura ambiente. Poden quedar así varias horas e facer o adobo cando se vaian consumir (recomendable).
Preparamos o adobo. Picamos a cebola en xuliana fina pero consistente, engadímola a un bol amplo, xunto co perexil picado miúdo. Moémoslle unha pouca pementa, un bo chorro de vinagre e abondoso aceite de oliva, que embadurne ben, non que frote a mistura. Misturamos todo con xeito.
Na hora de servir endaimos as fabas e remexemos amodo, para que non se desfagan. Agardar cinco minutos e servir.
Piyaz
dous ovos cocidos por persoa, cortados polo eixo saxital e horizontal. Pousados, non misturar.
outras alternativas
Peixes como filetes de pescada, solomos de bacallau, sardiñas, etc, sardiñas en conserva de aceite de oliva, un chourizo, mexillóns ao natural ou conserva, etc.





