#feve

Claudsch 💙💛claudsch
2025-04-16

On 7 April 2025 the metre-gauge section between 🇪🇸 and of the C6 line ( Oviedo) has been reopened after 8 months of closure. Therefore, the direct regional trains between and run through again without a rail replacement service.

elcomercio.es/area-metropolita

YAKAbeeYAKAbee
2025-04-08

Mars au potager 🌱
Pour contrer l'appétit des campagnols, je fais germer mes fèves dans un bac à l’abri.
J'espère avoir de meilleures récoltes cette fois-ci.

semis de fèves dans un bac
La Ramonetalaramoneta
2025-02-01

It’s February, but I still scored a ‘royaume’ at Le Dôme 😋 Their ‘fèves’ are the best 😍 Although I think it would have saved me a lot of money (and kilos) if I would have bought the package of all ten variations 😜

Mr. Framework :verified_bi:akalanka@masto.es
2025-01-28

@aroma @rail_ the problem I think is, there is sooo little people there, and the line so rural, that it's difficult that line could be profitable (or even close).

I would love for some ex- #feve lines to be electrified and improved, but maybe the Oviedo-Santander one is a better candidate

Mr. Framework :verified_bi:akalanka@masto.es
2025-01-28

@rail_ to be fair to ourselves, Switzerland is also uniquely rich and compact, so, they kind of have the right situation... But yes, it's sad that so many lines were closed in the 80s

In #Valencia , actually, we have the old #feve Denia - Gandia line, which probably will be re-built soon... They could have just not closed it :blobhaj_sadreach:

Btw, #Valencia does have A LOT of narrow-gauge lines if you like that

Mr. Framework :verified_bi:akalanka@masto.es
2025-01-28

@rail_ ooooh those poor narrow-gauge railways :+ In Spain we have one of the longest ones in the world, Ferrocarril de La Robla #feve , I am surprised its still in operation tbh

2025-01-10

Contrôle Qualité de galette des rois OK !
C'est bon, ya bien une fève ! (Visiblement une vavache en l'occurrence)

#mri #irm #galettedesrois #feve #manipradio

IRM d'une galette des rois.
Acquisition 3D Petra Ultra Low TE.
Siemens Magnetom Altea 1.5 Tesla
antoniovrantoniovr
2025-01-08

A ver si esta vez fuera en serio la ampliación del hacia el Mar Menor Cabo Palos y San Pedro (desde Los Nietos o desde La Unión -El Algar)y espero que tb hacia dentro de como se proponía la última vez que este tema estuvo en la mesa.

Es inadmisible la falta de infraestructura que tenemos en una zona con mucha población. Un servicio de cercanías con Murcia (probablemente lo ➕) y la ampliación del FEVE podría ser un buen comienzo!!

archive.is/kfBcH

Victor García 👨🏻‍💻😸vggonz@mastodon.denibol.com
2024-12-29

Estas fiestas he viajado mucho en tren. Concretamente en un solo día he hecho:
- Ortigueira - Ferrol en #FEVE
- Ferrol - Coruña en MD
- Coruña - Madrid en #AVLO
Y en ninguno de los tres nadie me ha pedido billete, ni he pasado ningún control de seguridad ni he visto ni un revisor. Yo no tengo picaresca y tenía todos los billetes comprados, pero alguien podría haberse hecho esos viajes gratis y de polizón. No me importa si no puedes pagar pero los billetes son tu seguro de viaje si pasa algo 😕

2017-03-27

A foto da imaxe non corresponde á actual liña de FEVE Ferrol-Ribadeo. A xuntanza que van ter mañá diversos alcaldes que teñen formado unha plataforma da que non forma parte polo momento Ribadeo, si ten relación co mal estado do material rodante, supresión de servizos e ninguneo da liña por parte da xestora de infrastruturas.

Terá lugar mañá en Moeche, di o xornal, pero a atención dos alcaldes parece que se detén en Viveiro, que máis para acó a unión non fai a forza.

FEVE na zona arrastra deficiencias diversas, comezando o ser construída con criterios de resguardo de vía cara ó interior para evitar agresións guerreiras, ou (relacionado), o desaxuste do lugar das estacións en relación coas poboacións que sirven. Pero con todas e con esas, foi (e polo momento, segue) facendo servizo. Sen adaptacións de ningún tipo. Como exemplo, foi pedido un apeadero nas Catedrais, e aínda que non consta que se fixera un estudo de rendibilidade ou conveniencia asociado á petición, o turismo que soporta a praia coido que ben valería que a xestora de infrastruturas o considerase.

Polo momento non hai resposta ás queixas, nin do organismo de ferrocarrís nin das administracións autonómica ou central, se non é para saír na foto. E o ferrocarril segue deteriorándose. Cando non é por falta de material ou o seu mal estado, é por levar maquinistas a outras liñas. Creo que non fai falta estudo para dicir que, a pesar de que na actualidade a liña é inadecuada, a súa perda suporía un atraso substancial para a comarca. Para todos nós.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/03/27/papa-ven-en-tren/

#economía #Feve #política #sociedade #tren

2017-12-08

Chegoume hai tres días, e esperei a vela nos xornais que por Ribadeo teñen máis tirada, ou na radio… pero xa pasaron uns cantos días, e nada.

A fonte é praza, (con fonte primaria o BOE)e o título é descritivo: “O Tribunal de Cuentas desmonta a operación coa que Ence logrou que a Xunta lle baixe impostos en Ribadeo“. Aparte dalgún pequeno detalle, como que non son impostos senón taxas, unha historia que comezou con querer construír unha macronave en Mirasol, pero da que deseguida tomou o mando directo ENCE, ata chegar a actualidade, sen variación máis que no custo que para ENCE ten o embarcar en Ribadeo.

Con esta resolución, vese o chanchullo. A ENCE impórtalle un rábano a liña, o que quere é rebaixar custes, algo que logrou a costa de Ribadeo (ata o 60%). E FeVE… ben, o de FeVE é desidia, como se pode ver noutras partes do documento adxunto. Algo que por certo, coido debera ser obxecto de estudo nos concellos que están a sufrir o golpe de FeVE no seu transporte, como o concello de Ribadeo.

Como datos, a máis da rebaixa do 60% dos custes de ENCE en Ribadeo por vía de decreto, non de aumento de eficiencia, a distancia entre ENCE e Mirasol son 35 km, e entre ENCE e Musel por tren, supera os 100. O Ramal a ENCE (2,5 km)  estaba previsto en 9 millóns de Euros, dos que 3,5 pagaría o Principado (39%), 3,5 FeVE e 2, ENCE (22%). Lévase gastado na obra uns 6 M€. FEVE non fixo ningunha reclamación formal de débeda. A rebaixa de custes de Portos a ENCE supuxo previamente cambiar a lei de taxas de Portos de Galicia, cunha excepción que dende 2010 que se fixo, só se empregou con ENCE. A modificación de taxas non impediría a marcha de ENCE de Ribadeo (era un convenio a prazo fixo, temporal ata a o funcionamento da ‘operación Xixón’). A rebaixa en Ribadeo supón entre 300 000 e 500 000 €/ano para Portos.

Denunciarase a ENCE por danos e perxuízos? E a FeVE por non xestionar? E a portos e á Xunta por favorecer o desgoberno?

Tamén podes consltar en praza, as noticias con título:

A Xunta pactou con ENCE un convenio á medida para perdoarlle impostos (feb.2016) 

Feijóo atribúe á “sociedade de Ribadeo” o convenio á medida de ENCE (feb.2016)

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/12/08/aireando-unha-noticia-ence-feve-e/

#ferrocarril #Feve #ría #ríaSiNaveNon #tren

2017-12-11

Na resaca da ponte da Inmaculada Constitución pasada por auga, despois dun mercado de Nadal que supoño que este ano non se cualificará de exitos pola temperie, aínda coas luces de Nadal xa avisando que está aí a nova festa consumista, a vida segue. E así, a Mancomunidade de Concellos da Mariña terá outra xuntanza, esta vez en Ribadeo, hoxe, ás oito e media, hora dos plenos, na que é previsible que se traten diversos problemas comúns, como os relacionados co tren ou co enfrontamento coa velutina, nos que imos perdendo, e Ribadeo é dos principais afectados. E así, segue o transcurso do tempo co Plan Especial das Catedrais xa perdido no limbo, unha vez presentado no auditorio e correndo os dous meses -ata o 16 de xaneiro- o prazo para a presentación de alegación (por certo, o mínimo período legal).

O certo é que as máis de 300 páxinas do plan asustan, e hai que lelas pouco a pouco. Os pasados días foron para min unha oportunidade para comezar e ver que na páxina 11 trata a ondada cun sentido neto de transporte litoral cara ó leste (cando hai variacións  que o mandan tamén temporalmente cara ó oeste), que recoñece como riscos a elevación do nivel do mar e tamén, no parágrafo seguinte, o risco de agomeración de xente, como se ambos foran equiparables e equitratables (punto 4.6, p. 14). Ou que na p. 9 fala de deseñar unha estratexia de participación pública na procura da complicidade da cidadanía… para sacar adiante o plan especial que xa se ten nas mans. ou, na mesma páxina, fala de ‘Resolver a equidistribución de cargas e beneficios’ e de ‘recuperación das plusvalías xeradas para o municipio’, que no conxunto parece pódense traducir a linguaxe común como concentración dos beneficios e desfacerse das cargas: aí está o sacar os vendedores ambulantes do lugar e o unilo coa vila, onde si hai comercio fixo e con influencia na espera de clientes. Seguirá.

Seguiu aquí.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/12/11/da-mancomunidade-as-catedrais/

#Catedrais #economía #Feve #Medio #política #tren

2017-12-13

Luns pasado tivo lugar unha xuntanza da mancomunidade da Mariña. E a próxima semana, haberá outra.

A unión de concellos mariñás é fundamental. A ‘antiga provincia de Mondoñedo’, como non se cansan de repetir persoas como Pablo Mosquera, chama por unha consideración conxunta tanto polas súas peculiaridades como pola desatención dende a lonxana e diferente capital provincial acutal. Entre outras cousas, a máis do evidente Cantábrico que baña a costa, o dinamismo económico, ou, ligado con el, pero non só, o mantemento da poboación costeira fronte a baixada demográfica provincial de Lugo, establecen á Mariña como un ‘lugar diferente’. E moito máis aló dun provincialismo que hoxe xa sería diferente do da antiga provincia, a zona marítima da Mariña é case unha pequena cidade continuada. Cidade que aínda hai que vertebrar a pesar dos seus evidentes lazos, sen esquecer o que sería ‘o extrarradio’ da mesma, a zona non tan poboada máis o interior. E vertebrar loitando non só pola supervivencia independente do hospital para non ter que rematar indo a Lugo para calquera cousa, senón tamén nas comunicacións, mellorando as que xa hai, potenciando a rede de transporte público, tanto na súa versión infraestruturas como organizativa, de horarios, frecuencias de transporte, etc. É dicir, facendo algo que parece que comezaron a facer os alcaldes o pasado luns en Ribadeo e para o que tanta falta fai unha coordinación para reverquer algúns futuros evitables como o desmantelamento da liña de tren da costa.

E tomar decisións comúns cando toque enfrontarse a problemas comúns debera ser un costume, tanto no caso do transporte ou o hospital como no da velutina, onde quizáis poñerse de acordo sexa máis doado por ser un fenómeno externo contra o que loitar máis que algo a organizar. E contactar con quen pode saber algo e está interesado xunto con quen pode aportar intraestrutura ou cartos, como no caso das velutinas AGA (aínda que parece que máis ben foi AGA a que contactou coa mancomunidade como principal zona afectada en Galicia) por unha beira e a Deputación Provincial por outra. E é que accións como a instalación de 5000 trampas e o mantemento en bo estado operativo das mesmas durante máis de catro meses require colaboración.

Colaboración, algo que por certo parece non afectar á cidadanía máis que cando se trata de poñer o ombro. E é que tamén neste nivel, a cidadanía vese a distancia, e de resultas das votacións cuatrienais. Algo que ‘tamén’ habería que mellorar.

Vespa velutina. Imaxe de Wikipedia. Didier Descouens. CC by-sa 3.0

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/12/13/funcionando-como-concello/

#ferrocarril #Feve #política #sanidade #sociedade #tren

2017-12-20
Ferrol-Ribadeo. No mapa (este caso, Open Street Map) é difícil mesmo atopar a liña férrea…

Non, non é moito. Mais é a cantidade que Renfe/Feve adica durante un ano (que xa comezou) a levar á xente en taxi no tramo galego da liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Algo que se presta a varias reflexións e matizacións.

A primeira, que que Renfe/Feve faiga un contrato anual para transporte alternativo de viaxeiros por estrada implica a previsión de que os problemas da liña non se van acabar, tratando un problema non como algo a resolver, senón como algo a sacar fóra da vista co menor custe.

Outra, que os máis de 27 000 € son unha minucia que se convirte en noticia pola necesidade da liña. Unha minucia prevista pola compañía, pois no prego de convocatoria de cara ó contrato figuraba pouco máis que o resultado final de 27 225 €.

Outra máis sería o cálculo da cantidade do contrato que realizou a compañía ferroviaria co Radio Taxi de Ferrol. Faría bo negocio? Segundo a prensa, a cantidade é para transporte só no tramo galego, e os taxis son ferroláns, o que fai pensar no tempo de solución de cada problema particular a medida que nos afastemos de Ferrol (se ben o tráfico principal, con diferenza, está na veciñanza de Ferrol).

Pero, ós usuarios, coido que non lles debe importar os cartos do recurso paliativo, senón a solución do problema, e nese sentido, de cara ós usuarios o negocio non é bó. Aínda que se arruínen levando á xente en taxi. Máis aínda, cando pode ser outra gota máis que leve á ruína do ferrocarril da costa.

A liña, segundo Renfe/Feve

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/12/20/setenta-e-cinco-euros-diarios-para-taxi/

#economía #ferrocarril #Feve #tren

2018-12-12

Coido que a foto é abondo explicativa. A vía recta cara adiante, sen ninguén que a transite e con lixo descoidado á beira. Unha alegoría do tren na comarca na actualidade (e no pasado), e por extensión, dos transportes en xeral. Podería ser unha vía ó futuro, mais polo momento, parece unha vía ó pasado de atraso e incomunicación. Algo que se pode contaxiar da sociedade ó individuo.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2018/12/12/onde-conduce/

#Feve #tren

2019-11-18

Xoves 14 de novembro de 2019. Mal tempo, unha viaxe de Ribadeo a Viveiro e unha decisión: vou en tren.
Na estación, pido billete e comunícanme que o conseguirei no tren. Quedo pensando por que se desaproveita a oficina da estación e o persoal destinado alí, pero tamén que non entendo do tema e pode haber motivos que se me escapan.
Paso ó andén e atópome cunha parella nova con cans e un trebello de rodas que queren meter no tren. Non cabe por unha porta normal, ten que pasar por unha dos extremos. Pero chegan condutor e revisora e din que non poden abrila, que está atascada. A parella déixalles unha ferramenta para tentar abrir. Despois dun intre, a porta segue negándose. Resultado: a parella non sube. O xefe de estación dá a saída e, ó pouco a revisora pasa e lévome un billete de ida e volta Ribadeo/Viveiro por 8,70 €.
A viaxe a Viveiro, co mar encrespado á vista boa parte do recorrido e o ceo cambiante de pingues e escuros a luminosos craros da outra beira dos vidros, precioso, tranquilo, cómodo, agradable.
Á volta, volvo ó apeadoiro con tempo e póñome a esperar entre trombas de auga nas tebras da fría noite debilmente iluminada polas farolas próximas. Pasan as 21:07 previstas e, uns cinco minutos despois, comezo ler os poucos carteis que hai no apeadoiro. Un informa dun número de teléfono para chamar se o tren tarda máis de 10 minutos en pasar despois da hora prevista. Chamo e chamo sen conseguir que me collan. E fíxome noutro teléfono noutro cartel que podería servir. Aí si me collen, e despois de falar cun contestador automático e elixir varias opcións, un interlocutor humano dime que non, que alí non é o que estou a procurar, pero que me pasa con outro número. Aínda estaría esperando a resposta dese outro número, se non fose porque despois dun tempo a comunicación cortouse, sen máis. Volvo chamar ó primeiro número, e, desta, á segunda vez, collen. Explico que estou esperando o tren (daquela xa o rettraso se achegaba á media hora) e sen deixarme rematar cando lle digo onde me atopo, dinme que por esa liña non está a circular ningún tren. Antes de que saíra do meu asombro, engade que me vai vir buscar un taxi e colga. Eficiente.
O taxi non tardou. Saúdo, subo e pregúntolle á taxista se lle entrego a ela o billete. Dime que a ela non, que en todo caso, cando cheguemos a Burela, a quen esté alí. Entre Viveiro e Burela da tempo a desenvolver unha conversa, e entérome de que a rapaza nova que vai diante ven dende o Vicedo con destino Xove, de que ó tren no que eu fixera o recorrido ata Viveiro caeulle un tronco derriba no seu camiño cara a Ferrol, e de que a situación non estaba solucionada, polo que non circulaban trens e facíase o servizo en taxi. Polo que parece, situacións semellantes son frecuentes, cousa de unha cada dúa semanas. O caso é que tamén me di a taxista que o taxi no que vai a revisora tería recibido ordes de ir para Burela, sen especificar, polo que pasou de largo os apeadoiros do camiño e logo houbo a necesidade de axustor outro, no que ía eu, para recoller a xente deixada da man de FeVE.
Polo camiño, mentres -agora si- imos recorrendo os apeadoiros, vexo que o taxímetro xa pasa de 60 € e comezo a pensar de que ademáis de chegar tarde nesta noite de cans, da incertidume do teléfono e o pequeno sobrecusto das chamadas, a FeVE váille saír o meu billete e o da xente que está nunha situación parella a min por un ollo da cara.
Chegamos a Burela, e vexo que se baixa unha rapaza que coñezo do taxi que está esperando: tiña falado coa súa casa e van ir buscala dende Ribadeo, porque non sabían canto tardaría o noso taxi. Como xa están en camiño, e nós ‘temos présa’ segundo a revisora que estaba esperando, para cumprir o horario, ela queda no andén da estación de Burela e seguimos viaxe, o taxista, a revisora e dous pasaxeiros camiño de Ribadeo. Pregúntame  revisora se teño billete, e ó dicirlle que merquei un de ida e volta e facer movementos para sacalo da carteira dime que vale, que entón non fai falta que llo amose.
Seguimos pasando revisión ós apeadoiros, ata pasar a ría de Foz, pero logo tiramos pola autovía. E, de novo, conversa. Falamos, pregunto e a revisora di que espera que a situación mellore: cara ó 2025 está prevista a entrega de novos trens, logo non é previsible que se cerre a liña… mentres, polo camiño, o segundo taxi xa marcaba máis de 280 €. E lémbrome dos 75 €/día para taxi que no seu momento entereime estaban programados para o 2017.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2019/11/18/este-billete-vale-mais-de-300-historia/

#ferrocarril #Feve #tren

2020-06-30

No outono, antes da chegada do coronavirus, publiquei unha entrada na que narraba as peripecias dunha viaxe que ía ser en tren cun custe para min de 8,70 €, e que rematou sendo en taxis (así, en plural), cun retardo considerable na chegada e por un importe -a cargo de RENFE- moi superior. Foi a causa dun feito puntual, o que non desculpa que feitos puntuais dese tipo se teñan sucedido de xeito alarmante, cunha solución tan descoordenada como a referida. O que pretendía era poñer de manifesto a desorganización organizada dun tren que presta un servizo esencial á Mariña luguesa, ligándoa a Ferrolterra e a Asturias e vertebrándoa internamente. Desorganización que redundaba a máis de nun mal servizo, nun machaque continuo da infraestrutura e clientela serviciada tendente á desaparición do propio servizo.

Dende aquela, o coronavirus e Alcoa incidiron no tema dun xeito brutal. A empresa, ó anunciar a redución na planta de aluminio, a máis do mal causado de xeito directo, no que se refire a este tema, levaría consigo a desaparición do transporte de aluminio por vía férrea, incidindo nas contas da liña e na posible presión para o mantemento da liña.

En canto ó coronavirus, o illamento e as diferentes fases de volta á normalidade propiciaron un descenso do número de viaxeiros. Mais o caso é que, con esa desculpa, o número de conexións foi reducido, quedando a día de hoxe nunha conexión de ida e outra de volta. Un feito que, hai que recalcalo cando xa estamos no que se pretente normalidade condicionada, non corresponde coa actual situación de fase tras a desescalada. É evidente que se hai unha conexión de ida e outra de volta, salvo quizais para o extremo da liña preto do punto de saída, o tren non pode ser unha solución de desprazamento, tendo que complementar o seu uso con outros medios, para a ida ou para a volta. E iso, nun horario moi reducido, o que ven a engadirse ós males estruturais da FEVE Ferrol – Oviedo/Xixón, de situación das estacións, reviravoltas polas rías, tempo de viaxe, falta de mantemento da vía, … Males todos eles que non suprimen a necesidade dun xeito de comunicación que non dubido en cualificar de esencial como parte de calquera transporte público na zona á que serve, a máis de -demostrado está- representar un método abondo máis sostible que o predominante por estrada.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2020/06/30/300-por-870-historia-dunha-viaxe-en/

#ferrocarril #Feve #tren

Zyggy 💢zyggy
2024-10-19

Uno que va a ir chapando por aquí. Tengan todos buenas noches, y disfruten del 'on-board' de FEVE entre Arriondas y Puente San Miguel

3 horucas de relleno con paisajes tope de gama. Y como es un FEVE, pues va despacito así que se puede apreciar cada hoja de cada árbol al pasar.

youtu.be/JUO1c1-dE4Y?si=wJ673F

Claudsch 💙💛claudsch
2024-07-11

Since there are often questions about which lines are currently operated by train or by bus:

After two months of closure since 8 July 2024 trains run again on the 🇪🇸 - metre-gauge line between Asunción Universidad and Guardo.

Current timetable:
diariodevalderrueda.es/texto-d

2024-06-12

@FotoVorschlag

So kann 'Nahverkehr' auch sein. Mit der Feve durch Nordspanien.

#FotoVorschlag #Feve

Im Nahverkehrszug der Spanischen Feve. Auf dem Bild sind eine leere, rot gepolsterte Sitzgruppe zu sehen. Durch die Zugfenster ist der Atlantik zu sehen.

Client Info

Server: https://mastodon.social
Version: 2025.04
Repository: https://github.com/cyevgeniy/lmst