cando a Feeder lle deu por meter conexión cun servizo de intelixencia artificial (!) :no_AI_logo: busquei unha alternativa.
Daquela probei (e traducín) Capyreader e FeedFlow. As dúas moi correctas para o tipo de uso que eu fago :rssblobcattoma:
CapyReader foi a miña elección desde case o primeiro momento, pero seguín mantendo FeedFlow ao día. Ata hoxe, que queda ao 100% en #galego (menos o rexistro de cambios e metadatos dos repositorios)
Se alguén ten interese en continuar FeedFlow está nesta instancia de Weblate


